Ángel de Lema y Marina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel de Lema y Marina
Ángel de Lema y Marina
Nacemento 1820.
Lugar Vigo.
Falecemento 9 de abril de 1884.
Lugar Vigo.
Nacionalidade Galega.
Ocupación Editor e impresor.
Fillo(s) Eladio de Lema y Martín
Antonio de Lema y Martín

Ángel de Lema y Marina, nado en Vigo en 1820 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 1884, foi un editor e impresor galego, cofundador do xornal Faro de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa actividade profesional coa edición de diversas publicacións, como o folleto Informe sobre el cólera morbo asiático (1848), de Nicolás Taboada Leal.

A partir do 3 de novembro de 1853 a súa imprenta adícase case exclusivamente á edición do Faro de Vigo, fundado polos xuristas Xosé Carbajal Pereira e José María Posada. Co tempo pasou a ser da súa propiedade, chegando a exercer como director en 1861, cargo no que foi relevado en 1881 polo seu fillo Eladio de Lema Martín (1853-1928).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]