Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro da RAG e do CCG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Pasou a súa infancia e adolescencia en Ventosela (Ribadavia), a terra dos seus pais. Pola súa idade, podemos dicir que pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural após a Guerra Civil Española.
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, e en 1966 doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez. É militante do Partido Comunista desde 1962, represaliado en varias ocasións. Foi Catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en Palencia, Lugo e Madrid.
Destacou no campo da sociolingüística con libros como O porvir da lingua galega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969) ou o polémico e contestado Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte.
Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como os seguintes:
- Rosalía de Castro (Páxinas sobre Rosalía de Castro, 1954-2004)
- Curros Enríquez (Curros Enríquez no Franquismo, 1936-1971)
- Leiras Pulpeiro
- Luís Pimentel (Luís Pimentel: biografia da súa poesía)
- Celso Emilio Ferreiro (Celso Emilio Ferreiro)
- Luís Seoane (As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane)
- Mendiño
- Neira Vilas
- Lorenzo Varela
- Vicente Risco
- Ramón Cabanillas
- Álvaro Cunqueiro
Mais tampouco son menos importantes as súas colaboracions noutros ámbitos da literatura galega, como poden ser a poesía popular e os poetas alófonos en galego. Tamén ten realizado estudos sobre autores da literatura española como poden ser Antonio Machado, García Lorca, Unamuno ou Valle-Inclán.
Alén disto, é destacábel as súas colaboracións na prensa galega, que foi recollida en parte na obra Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999). Debemos salientar tamén o seu papel como conferenciante, sobre todo en España e na América. Tamén ten libros de poemas: Versos satíricos ó xeito medieval ou Versos republicanos. Así mesmo, realizou compilacións poéticas de homenaxe a autores galegos: Coroa poética para Castelao (1988), Coroa poética para un mártir (1996), Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte (1999) e 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001).
Recibiu varios galardóns entre os que destacan: o premio Galicia de Xornalismo (anos 1986 e 1990), o premio Nacional de Xornalismo Julio Camba (1988), o premio Otero Pedrayo (1989), o Premio Trasalba en 2000, e o premio Losada Diéguez de investigación no 2012.
Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 1993, a proposta de Xosé Filgueira Valverde, Carlos Casares Mouriño e Ramón Piñeiro López. O seu discurso de ingreso titulouno "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da Posguerra na Galicia da Terra e na Galicia Emigrante (1939-1962).
[editar] Obra en galego
[editar] Ensaio
- Cen anos de literatura galega (1964).
- O que cómpre saber da lingua galega (1968, Alborada, Bos Aires).
- Escritores: desterrados, namorados, desacougantes, desacougados... (1981, Edicións do Castro).
- Decálogo da lingua galega (1990, Edicións do Cumio).
- Luís Pimentel: biografía da súa poesía (1990, Edicións do Cumio).
- Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado) (1991, Edicións do Cumio).
- As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994, Xerais).
- Ensaios breves de literatura e política (1996, Nigra).
- Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999) (2000).
- Versos republicanos e outros versos políticos (2002).
- A batalla de Montevideo. Os agravios linguísticos denunciados na UNESCO en 1954 (2003, Xerais).
- Curros Enríquez no franquismo (1936-1971) (2003, 3C3).
- Pois era un barco pirata (2003).
- Páxinas sobre Rosalía de Castro (1954-2004) (2004, Xerais).
- Os escritores galegos ante a Guerra Civil Española (2007).
- Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1926-2006) (2007, Xerais).
- Letras galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia (2008, Xerais).
- Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) (2009, Xerais).
- Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (2009, Galaxia).
- Aníbal Otero. Lingüistica e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Xerais).
[editar] Poesía
- Versos satíricos ó xeito medieval (2002).
[editar] Obras colectivas
- Castelao na voz dos poetas (Edicións do Castro).
- Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega (1990, Xunta de Galicia).
- Carles Riba e Galicia (Galaxia).
- Poetas alófonos en lingua galega (Galaxia).
- Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Ramón Villares e Henrique Monteagudo.
- Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
- Eladio Rodríguez (1864-1949). Unha fotobiografía (2001, Xerais).
- Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
- Lorenzo Varela (1916-1978). Unha fotobiografía (2005, Xerais).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- Antón Tovar na Limia (2007, Xunta de Galicia).
- En defensa do Poleiro (2010, Toxosoutos).
- Fermín Penzol: unha obra para un país (2010, Galaxia).
[editar] Obra en castelán
[editar] Ensaio
- Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega (1968, Ciencia Nueva, Madrid).
- Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973, Akal).
- Galicia vista por los no gallegos (1974).
[editar] Homenaxes
- Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero, 1999, Universidade de Santiago de Compostela.