Amable Veiga
Amable Veiga Arias, nado en Triacastela o 17 de abril de 1929 e falecido en Benquerencia, Barreiros, o 22 de abril de 1994, foi un lingüísta galego especializado en estudos clásicos e fonoloxía. Os seus estudos sobre esta rama foron pioneiros na lingüística galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fixo os seus estudos de bacharelato na capital provincial, e rematados estes, licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade Central de Madrid, presentando a súa tesiña de licenciatura "El estilo indirecto en el libro IV de Tito Livio" en 1957.
Nos anos seguintes foi profesor de latín en bacharelato, catedrático da mesma materia nun instituto de Lugo desde o ano 1962. Tres anos despois comezou a publicar na revista "Grial" os resultados das súas investigacións sistemáticas sobre sobre fonoloxía da lingua galega, traballos que foron recollidos en libro en 1976.
En 1980 leu a súa teses de doutoramento (Algunas calas en los orígenes del gallego) na Universidade de Santiago de Compostela, dirixida polo profesor Manuel Díaz y Díaz, e cualificada con sobresaliente cum laude, no que trataba sobre fenómenos seleccionados de fonética primitiva no galego altomedieval, estudo de grande importancia para fixar a fonética histórica do galego (caída de -n- e -l- intervocálica, formación de ditongos, tratamento evolutivo de consoantes xeminadas, etc.) que relaizou á partir da documentación medieval publicada entón disponíbel (e que era sen dúbida escasa con relación á actualidade; baste indicar que non puido case utilizar a rica documentación do mosteiro de Sobrado dos Monxes, que pouco despois daría a luz Ramos Loscertales).
Nos anos seguintes Veiga Arias publicou diversos estudos en revistas.
[editar] Publicacións
[editar] Libros
- Fonología gallega: fonemática. Valencia. Bello. 1976, 150 páxs ISBN 84-212-0038-0
- Algunas calas en los orígenes del gallego. Vigo. Galaxia. 1983, 312 páxs (tese doutoral) ISBN 84-7154-423-7
- (póstuma) en colaboración con María Rosa Pérez e Alexandre Veiga, Estudios lingüísticos. Sada. Ed. do Castro. 1998, 121 páxs ISBN 84-7492-883-4
[editar] Artigos (selección)
- "Fomología gallega: fonemática: el sistema vocálico", na revista Grial, Vigo, 10 (1965), páxs. 390-403, a este artigo seguirían varios máis nos anos seguintes, logo recollidos no primeiro dos libros seus, en 1976.
- "Il corre...que..", en Grial, Vigo, 14 (1966), páxs. 492-493.
- "Dominancia y redundancia en lingüística", na revista Verba, Santiago, 11 (1984), páxs. 3-64.
- "Touca-toca", na revista CEG, Santiago, t. 35, nº 100, 1984-1985, páxs. 677-686.
- "Oter de Selas", na revista Lucus, Lugo, 35 (1985), páxs. 48-49.
- "Patronímicos en -ez y otros estudios de onomástica gallega", na revista Verba, Santiago, nº 16 (1989), páxs 5-30.
- "Reaproximación estructural a la lenición protorromance", na revista Verba, Santiago, 15 (1988), páxs. 17-78.
[editar] Fontes
As biografías sobre Amable Veiga débense practicamente todas a Xesús Alonso Montero, de quen foi amigo e compañeiro de claustro, como "Amable Veiga Arias, 1929-1994: retrato dun lingüísta excepcional", en Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, vol. i, 1995. Máis accesibles son, sen dúbida, as súas breves biografías na Gran Enciclopedia Gallega (nas dúas versións, castelán e galega), da mesma autoría.