Juan Fernández Latorre
| Juan Fernández Latorre | |
|---|---|
| Juan Fernández Latorre | |
| Nacemento: | 8 de outubro de 1849 A Coruña, |
| Falecemento: | 14 de marzo de 1912 Madrid, |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | Empresario e político |
Juan Fernández Latorre, nado na Coruña o 8 de outubro de 1849 e falecido en Madrid o 14 de marzo de 1912, foi un empresario e político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Ingresou no Exército, onde chegou a sarxento de artillería e participou na rebelión do cuartel de San Gil, un golpe de estado progresista que tivo lugar contra a raíña Isabel II en xuño de 1866 en Madrid. En 1869 redactou unha proclama, pola que foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. Fuxiu a Francia, de onde volveu a España con ocasión da amnistía de 1870.
Foi secretario do concello de Granollers e deputado a Cortes na Primeira República. Tralo golpe do xeneral Pavía, Latorre exiliouse de novo a Francia.
De volta a Galicia, a canda Antonio Prieto Puga e José Manuel Martínez Pérez fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Latorre converteuse en propietario único do diario.
Nas eleccións lexislativas de 1891 obtivo acta de deputado republicano por Ortigueira (A Coruña). En 1910 conseguiu escano pola Coruña. Ademais de deputado a Cortes, tamén foi subsecretario de Gobernación en 1905 e en 1910. En 1911 foi nomeado gobernador civil de Madrid, cargo que desempeñou ata o día da súa morte en 1912.
Recoñecementos [editar]
Na cidade da Coruña existe un colexio de Educación Infantil e Primaria que leva o nome de Fernández Latorre.