Partido Comunista de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Comunista de España
Hammer and sickle.svg
Partido político de España
Líder Felipe Alcaraz
Francisco Frutos
Fundación 13 de abril de 1921
Sede Calle Olimpo, 35. 28043 Madrid
Ideoloxía Comunismo
Federalismo
Republicanismo
Filiación internacional Partido da Esquerda Europea
Mocidades Unión de Xuventudes Comunistas de España
Publicación oficial Mundo Obrero
Páxina web www.pce.es

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse a III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Fundación[editar | editar a fonte]

O primeiro núcleo orixinario foi o Partido Comunista Español, formado en 1920 pola Federación da Xuventude Socialista, e o Partido Comunista Obrero Español (PCOE), escindido formalmente do PSOE o 13 de abril de 1921 durante a celebración do III congreso extraordinario do PSOE no que este decidiu non entrar na III Internacional. Estes dous participaron na Conferencia da fusión que se celebrou entre o 7 e o 14 de novembro de 1921 que deu orixe ó Partido Comunista de España. O 15 de marzo de 1922 celebrou o PCE o seu primeiro congreso no que elixiu como secretario xeral a Antonio García Quejido. Durante a Ditadura de Primo de Rivera o partido permaneceu na clandestinidade. Na conferencia de Pamplona, celebrada na clandestinidade en 1930, decidiuse a incorporación de Dolores Ibárruri ó comité central do PCE.

II República[editar | editar a fonte]

Coa proclamazón da II República o 14 de abril de 1931, abriuse unha nova etapa na historia de España e do PCE, a pesar de que o día da proclamazón, membros do Partido sairón á rúa para denunciar o que consideraban unha república burguesa.

En marzo de 1932 celebrouse o IV Congreso en Sevilla, co obxectivo de desterrar os métodos sectarios moi arraigados na dirección e pasar á construción da unidade antifascista segundo o discurso de Giorgi Dimitrov no anterior congreso da III Internacional Comunista. Nesta laboura, xogaron un papel prominente os membros do Comité Central elixidos no devandito congreso, entre eles José Díaz, Dolores Ibárruri (A Pasionaria), Vicente Uribe, Manuel Delicado, Antonio Mije e Pedro Checa.

Nas eleccións de 1933, o PCE acadou o seu primero posto no parlamento do estado, sendo elixido deputado Cayetano Bolívar Escribano. En 1934, o PCE xoga un papel prominente na chamada Revolución de Asturias, en outubro dese ano, na que durante 15 días as masas obreiras tomaron o poder nas comarcas asturianas. Para aplacar a dita revolución, o goberno radical-cedista, trouxo tropas de África, dirixidas polo xeneral Francisco Franco, que iniciou a represión contra os sublevados encarcerando a moitos deles e sendo outros moitos executados, o que logo o PCE aproveitaría para facer da esixencia de amnistía un dos piares do programa do Frente Popular.

Dacordo coa política de unificación das forzas antifascistas, o PCE impulsou e acadou o apoio do PSOE e dos partidos republicáns de esquerda (Izquierda Republicana, ORGA, Partido Galeguista), para formar o Frente Popular que gañou as eleccións do 16 de febreiro de 1936 con 268 escanos frente aos 205 do centro-dereita, dos cales o PCE obtivo 17 deputados. O resto de escanos repartíronse así:

Resultados da esquerda nas eleccións 16 de febreiro 1936
Frente Popular Escanos 1936 Escanos obtidos 1933
Izquierda Republicana 81 7
Unión Republicana 36 23
Esquerra 29 23
Partido Socialista 88 58
Partido Comunista 17 1
Outros partidos de esquerda 18 9
Resultados do centro-dereita nas eleccións 16 de febreiro 1936
Centro-Dereita Escanos 1936 Escanos obtidos 1933
Partido Radical 8 80
CEDA 94 113
Partido Agrario 13 39
Partido Liberal Demócrata 1 9
LLiga Catalanista 11 23
Partido Conservador 3 18
Partidos Monárquicos 24 32
Outros 51 38

A pesar de non acadar un grande número de deputados o PCE gañou moito prestixio durante os últimos meses da república e pasou de 30.000 a 100.000 afiliados en poucos meses.

Guerra Civil[editar | editar a fonte]

En xullo do 1936, un golpe de estado de tinte fascista deu comezo, ao fracasar, a guerra civil española, na que o PCE formou parte do goberno do fronte popular no momento do golpe, xogou un papel predominante.

Nun comezo, o PCE manifestouse a favor de armar ao pobo en milicias populares para parar os primeiro embites do golpe, mais logo, unha vez confirmado que o golpe ía fracasar xa que non o bando fascista, chamado tamén bando nacional, non acado o seu obxectivo principal de tomar Madrid, foi un dos principais defensores da necesidade de unificación de tódalas milicias antifascistas nun exército republicano organizado.

A súa actuación durante o proceso bélico foi moi controvertido, o partido seguía a liña marxista-leninista da III Internacional (chamados stalinistas) e a consigna era "o primeiro gañar a guerra", o que o enfrontou directamente con grupos partidarios da revolución social e da colectivización no medio do proceso bélico como poden ser os trotskistas do POUM, dirixidos por Andreu Nin e aos anarquistas da FAI-CNT.

Moitas fontes consideran ao PCE o líder da defensa republicana contra o fascismo, o PCE foi esencial na organización das Brigadas Internacionais, brigadas voluntarias organizadas pola Komintern ou III Internacional, tamén foi relevante na axuda outorgada pola Unión Soviética.

O PCE foi o impulsor e fundador do 5º Rexemento de milicias populares, unhas das unidades mais emblemáticas do exército republicano e futuro xermolo tanto da resistencia interior como da exterior e da loita contra os nazis na Francia

Clandestinidade e exilio[editar | editar a fonte]

O PCE foi un partido ilegal na zona franquista desde o comezo da guerra civil e en toda España tras a derrota da república, e así permaneceu ata o 9 de abril de 1977 cando foi legalizado polo goberno de Adolfo Suárez. En España mantivo unha estrutura clandestina mentres o PCE mantiña a súa estrutura no exilio contando co apoio da URSS e dos países do bloque oriental. Apoiou a loita de guerrillas no interior ata 1948 cando cambiou a súa política dando prioridade ao renacemento das organizacións obreiras, que culminaría na integración na organización sindical franquista. Logo da morte de Stalin o PCE aprobou en 1956 a política de reconciliación. En 1960 celebrouse o VI Congreso en Praga con representantes do interior que foron detidos ó regresa a España, nesa época calcúlase en 25.000 os militantes do PCE sumando os do exilio como e os do interior, nese congreso elixiuse a Santiago Carrillo como secretario xeral mentres Dolores Ibárruri pasaba a ocupar a presidencia, Carrillo converteuse nun dos máximos impulsores do eurocomunismo nos anos setenta, a entrada nunha vía reformista orixinou numerosas escisións que seguían a liña maoísta empezando pola do Partido Comunista de España (marxista-leninista) en 1963.

Legalidade[editar | editar a fonte]

Logo da legalización do PCE, Dolores Ibárruri regresou a España e nas primeiras eleccións democráticas o PCE conseguiu 20 escanos, no IX Congreso (1979) definiuse como partido marxista revolucionario e en 1979 conseguiu 23 escanos. Nas eleccións de 1982 sofreu un desastre electoral perdendo un millón de votos e quedando con 19 escanos, o que provocou a dimisión de Santiago Carrillo e a elección de Gerardo Iglesias como secretario xeral. En 1986 o PCE foi o impulsor da formación de Izquierda Unida, coalición de esquerdas na que se integrou o PCE que elixiu como secretario xeral a Julio Anguita en 1987. Desde 1998 o secretario xeral do PCE é Francisco Frutos, politicamente enfrontado ó coordinador xeral de IU Gaspar Llamazares.


Resultados electorais[editar | editar a fonte]


RESULTADOS ELECTORAIS DO PCE TRAS A DITADURA
Ano Líder Votos % Representantes
Xerais 1977
Santiago Carrillo
1.709.890
9.33%
20 deputados
Xerais 1979
Santiago Carrillo
1.938.487
10.77%
23 deputados
Municipais 1979
Santiago Carrillo
2.139.603
12.70%
Xerais 1982
Santiago Carrillo
846.515
4.02%
4 deputados
Municipais 1983
Gerardo Iglesias
1.500.015
8.17%

(Fuente: Ministerio del Interior y El Mundo)

Secretarios/as Xerais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]