Estrabón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrabón
Estrabón
Estrabón, Στράβων (gravado do século XVI)
Nacemento: 64 ou 63 a.C.
Amaseia (actual Amasia, Turquía)
Falecemento: 24 d.C.
Nacionalidade: grego
Ocupación: Xeógrafo e historiador

Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24) d.C., foi un xeógrafo grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia rica de Amaseia (actual Amasia, Turquía) que no tempo do seu nacemento pasara a formar parte do Imperio romano. Estudou na súa cidade natal e en Roma.

Viaxou por case todas as terras da ecúmene, chegando ata Armenia e Etiopía.

Europa segundo Estrabón ca localización das Cassitérides.

Escribiu unha Historia, continuadora da obra de Polibio, en 43 volumes, da que só se conserva un fragmento dun papiro.

A súa Geographika, que comprende 17 libros pódese considerar unha enciclopedia do coñecemento xeográfico da súa época. Consérvase completa, agás algúns fragmentos do Libro VII.

  • Os libros I e II constitúen unha longa introdución á obra.
  • Os libros III a X describen Europa, con especial atención a Grecia.
  • Os libros XI e XVII describen Asia Menor.
  • O libro XVII describe África (Exipto e Libia).

Estrabón é unha fonte esencial para coñecermos os comezos da romanización da Galia e a Península Ibérica, para esta última utilizou como fonte, sobre todo, a Posidonio, pero tamén a Asclepíades, Artemidoro e Polibio.

Estrabón é o autor antigo que máis información achega sobre Gallaecia, da que fala no capítulo III do Libro III.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estrabón