Partido Comunista de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O martelo e a fouce, simbolos do comunismo

O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.

O PCG constituíuse en 1968, o congreso constituínte celebrouse no exilio, en París. Xa o PCE fora o principal partido de oposición ao franquismo en Galicia e o PCG mantivo esa hexemonía, pero xa contestada polos partidos nacionalistas de esquerda e tamén por outros partidos de esquerdas escindidos do propio PCE. O seu primeiro secretario xeral foi Santiago Álvarez


O actual secretario xeral é Carlos Portomeñe, elixido no X Congreso no 2002 e reelixido no XI Congreso realizado no ano 2006 e no XII realizado no ano 2010

Secretarios Xerais [editar]

Ligazóns externas [editar]