Teatro Principal de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°25′57″N 08°38′47″W / 42.43250°N 8.64639°W / 42.43250; -8.64639

Teatro Principal de Pontevedra

Fachada do edificio
Cidade Pontevedra
País Galicia Galiza
Pleno municipal do concello de Pontevedra.

O Teatro Principal de Pontevedra é un centro de representación escénica localizado na zona vella da cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

O solar onde está actualmente o Teatro Principal estivo ocupado pola igrexa de San Bartolomeu o Vello até mediados do século XIX. Esta construción, de finais da Idade Media, xa estaba en mal estado a finais do século XVIII. En 1769 propúxose o seu derribo, ao que se opuxo o padre Sarmiento, derribo levado a cabo finalmente en 1844.

Logo de varios anos como praza aberta, en 1864 construíuse un Liceo Casino (obra de Domingo Lareu) e o Teatro Principal (obra de Faustino Flores), inaugurado este último o 2 de agosto de 1878. Este edificio acolleu en abril de 1900 a primeira proxección cinematográfica de Pontevedra, e en decembro do mesmo ano a primeira audición de fonógrafo con bucina.

O 14 de abril de 1980 un incendio destruíu os dous edificios, aínda que os muros e as parede mestras seguiron en pé. O 22 de agosto de 1983 o concello adquiriu as ruínas do teatro, e o 9 de xaneiro de 1984 convocouse un concurso público para a súa reconstrución.

O edificio actual, inaugurado en xaneiro de 1997, é obra do arquitecto José Miyer Caridad, que gañou o concurso de anteproxecto. O teatro distribúese en cinco andares e dous sotos, nos cales alberga dúas salas de exposicións e un auditorio cun aforo total de 434 persoas. O seu escenario, que ocupa 52 metros cadrados, está dotado dunha plataforma móbil. O espazo conta cun falso teito que contribúe a mellorar a acústica, así coma a agochar a instalación da iluminación. O seu estilo decorativo buscou combinar aspecto dos teatros do século XIX cun interior máis actual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pontevedra recupera su Teatro Principal. Concello de Pontevedra, 1985.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]