Xulio López Valcárcel
Xulio Xabier López Valcárcel, nado en Lugo en 1953, é un escritor galego. Irmán de Xesús Manuel Valcárcel, tamén escritor.
Índice |
[editar] Biografía
Reside na Coruña. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e traballa como procurador dos tribunais. Coñecido sobre todo como poeta, participou nos colectivos Cravo Fondo e De amor e desamor. Foi parte do consello de redacción de Luzes de Galiza e presidente da Agrupación Cultural O Facho.
Obtivo o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994 e 2004. Asé mesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e algúns libros de relatos. É ademais colaborador de prensa, na Páxina literaria de El Ideal Gallego, no Premio "Irmandade do libro", outorgado pola Federación de libreiros, 2002, e tamén participa na radio (Radio Coruña, Cadena SER).
[editar] Obras
[editar] Poesía
- Véspera do día (1979, Follas Novas).
- Alba de auga sonámbula (1983, Celta).
- Solaina da ausencia (1986, Algalia Edicións, 2ª edición en 1987, Vía Láctea).
- O sol entre os dedos (1993, Edicións do Castro).
- Memoria de Agosto (1993, Deputación da Coruña).
- En voz baixa (1996, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
- El volumen de la ausencia (1997, Olifante, Zaragoza, edición bilingüe galego-castelán. Traducido ao francés como Le volume de l'absence en 2006, por Marie-Line Heslon e Suso Pensado, edición bilingüe publicada en Espiral Maior).
- Casa última (2003, Espiral Maior. Traducida ao italiano no 2004 por Emilio Coco).
- Se envellecemos xuntos (2007, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
- A melancolía dos corpos (2008, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
[editar] Narrativa
- Anel de mel (1991, Vía Láctea).
- Campo de Marte (1999, Espiral Maior. Traducida ao castelán no 2002 por Suso Pensado, publicada por Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
[editar] Ensaio
- No corazón de Galicia: viaxe polas terras de Chantada e a Ulloa (2001, A Nosa Terra).
- Sinais na area. Escritos sobre arte (2007, Deputación da Coruña).
- Miguel González Garcés. Mineiro de luz (2009, Laiovento).
- Confesión de parte (2010, Espiral Maior).
- O escano baleiro. No Courel con Uxío Novoneyra (2011, Biblos Clube).
[editar] Traducións
- Serodio amor, de Emilio Coco (2006, Espiral Maior). Con Suso Pensado.
- Lúa de xemas frías. Escolma de poesía mapuche (2009, Espiral Maior).
[editar] Edicións
- Poesía galega: antoloxía, de Miguel González Garcés (1998, Espiral Maior).
- Porta de aire: escolma poética de Miguel González Garcés (2005, A Nosa Terra).
[editar] Obras colectivas
- Cravo fondo (1977, Follas Novas).
- II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
- IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
- De amor e desamor. I. II (1984, 1985, Edicións do Castro).
- V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
- Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
- VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
- Escolma da Poesía galega de hoy (1991, Visor, Madrid).
- Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
- Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (1995, Universidade de Granada). Edición bilingüe galego-castelán a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
- Construír a paz (1996, Xerais).
- Poesía Gallega Contemporánea (1996, Revista Litoral, Málaga).
- Novo do trinque (1997, BNG).
- Alguén agarda que volva alí (1998).
- Galician generation of the eighties: three poets (1999, Universidade da Coruña).
- A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, por Arturo Casas (2003, Tris Tram).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- Uxío Novoneyra, A emoción da Terra (2004, AELG).
- Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media (2005, Deputación da Coruña). Con Alfredo Erias e Carlos Pereira.
- O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- De amor e desamor (2009, Deputación da Coruña).
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
- Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
[editar] Premios
- Gañador do Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979.
- Premio Miguel González Garcés no 1993, por Memoria de Agosto.
- Premio da Crítica Española en 1993, por Memoria de Agosto.
- Premio Antonio Tovar en Ourense no 1993.
- Premio da Crítica Española en 2003, por Casa última.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Diccionario da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1995.
- A tépeda luz dos días (aproximación á obra poética de Xulio L. Valcárcel), de Marina Vázquez Carreira. Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1997.