Ribadavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°17′19″N 08°08′30″W / 42.28861°N 8.14167°W / 42.28861; -8.14167

Ribadavia
Escudo de Ribadavia
Ribadavia ponte de San Francisco.jpg

Vista de Ribadavia e do río Avia
Situacion Ribadavia.PNG
Situación
Xentilicio[1] ribadaviense
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca do Ribeiro
Poboación 5459 hab. (2011)
Área 25,2 km²
Densidade 216,63 hab./km²
Entidades de poboación 8 parroquias
Capital do concello Ribadavia
Política (2011)
Alcalde Marcos Blanco Jorge
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 6
Outros: 0
Eleccións municipais en Ribadavia
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 96,46%
Na rede
http://www.ribadavia.es/
info@ribadavia.es

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á Comarca do Ribeiro. Segundo o INE en 2011 tiña 5.459 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Poboación[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Ribadavia (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 4.788  6.341  7.369  7.050  5.510  {{{6}}}  {{{7}}}  {{{8}}}  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Censo Total (Habitantes) 5.230
Menores de 15 anos 584 (11,17 %)
Entre 15 e 64 anos 3.230 (61,75 %)
Maiores de 65 anos 1.416 (27,07 %)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está atravesada polo río Avia, pouco antes da súa desembocadura no río Miño, entre a serra do Faro e a serra do Suído. Pode chegarse alí a través da N-120 e a A-52.

Historia[editar | editar a fonte]

A zona xa era poboada na época castrexa. Coa chegada dos romanos proseguiu o aproveitamento mineral (especialmente do ouro) e das augas termais. Segundo Estrabón a mediados do século II xa se elaboraba viño do Ribeiro[3]. Posiblemente se corresponda coa poboación romana de Abobrica.

A rexión foi asolada no 754 polas tropas de Abdul-Azis e conquistada no 793 por Abdul-Malek, sendo máis tarde reconquistada por Afonso II. Durante a Idade Media foi coñecida como Rippa Avie. Foi capital do Reino de Galicia entre os anos 1065 e 1071, durante o reinado do rei Don García[Cómpre referencia]. No século XII aumentou o poder económico da vila, o que derivou nun aumento demográfico. Este auxe coincidiu co dos mosteiros de San Clodio de Leiro, Melón e Oseira e da encomenda da Orde de Malta en Beade. Fernando II concedeulle en 1164 o foro de cidade.

Na vila prosperou unha comunidade xudía na zona da Porta Nova, que traballaban de comerciantes e artesáns. O Barrio Xudeu conserva aínda as súas características propias, sendo declarado monumento nacional.

En 1375 Henrique II de Castela nomeou a Pedro Ruiz Sarmiento señor de Ribadavia e Adiantado Maior do Reino de Galicia polo seu apoio na guerra dinástica contra o seu medio irmán Pedro I. Así perdeu o status de vila reguenga e iniciouse o señorío dos Sarmiento. En 1386 foi asediada durante nove meses polas tropas do duque de Lancaster, tralo cal foi invadida. o conflito quedou liquidado tralo acordo de Baiona (1388).

A partir do século XIV comezou a comercializarase o viño a través do porto de Pontevedra cara ao estranxeiro: Francia, Portugal, Italia e especialmente Inglaterra. En 1476 os Reis Católicos concederon o condado de Ribadavia a Bernardino Pérez Sarmiento pola axuda na guerra contra Xoana a Beltranexa e o seu aliado Pedro Madruga. En 1494 os mesmos reis expulsaron os xudeus dos seus reinos. En Galiza non houbo pogromos ao se converteren os hebreos ou fuxiren ao reino de Portugal durante as visitas da Inquisición.

En 1840 formouse a banda de música da vila, La Lira de Ribadavia, considerada a máis antiga de Galiza. En 1853 a praga do oídio minguou as vides, e en 1892 foron o mildio e a filoxera. Isto provocou que as variedades autóctonas da planta desen lugar a outras máis fortes pero de menor calidade.

Durante a guerra carlista, houbo enfrontamentos na comarca entre a banda de Mateo Guillade e as tropas da milicia nacional. Durante a revolución de 1868 estaba de rexedor local Cesáreo Rivera Abraldes, primeiro alcalde do sexenio democrático (1868-1873). Durante o seu mandato organizou unha milicia local de oito compañías para defenderse das partidas carlistas. Fundou a loxa masónica Luz de Avia, activa entre 1871 e 1894. O 4 de marzo de 1881 inaugurouse a estación de Ribadavia, a medio camiño entre Vigo e Ourense.

A comezos do século XX xermolou o asociacionismo agrarista, co fin de modernizar os cultivos e para derogar os foros existentes, destacando as asociacións de Ribadavia e San Paio. En Ventosela tivo lugar un mitin en 1920.

Tralo Alzamento Nacional o alcalde Benito Gallego Montero foi detido, xulgado e fusilado en Ourense. En 1943 o alcalde Tirso Sánchez Rey foi nomeado procurador en Cortes. O concello pertenceu até 1954 á diocese de Tui-Vigo[4], pasando nese ano á diocese de Ourense, xunto cos de Melón, Carballeda de Avia, Leiro, Beade e Padrenda[5]

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

Festas e eventos culturais[editar | editar a fonte]

Ribadavia na cultura popular[editar | editar a fonte]

Vinme triste en Ponteareas,
e da Cañiza a Melón
mais cheguei a Ribadavia
e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Ribadavia.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ribadavia

Campo Redondo (Santo André) | Esposende (Santiago) | Francelos (Santa María Madanela) | Ribadavia (San Domingos de Fóra) | Ribadavia (San Domingos) | San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo) | Sanín (San Pedro) | Ventosela (San Paio)

Lugares de Ribadavia[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadavia vexa: Lugares de Ribadavia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Historia do Ribeiro, en www.ribeiro.es.
  4. Suso de Vila: A Cidade de Tui durante a Baixa Idade Media. Ed. Toxosoutos, 2008.ISBN 9788496673885.
  5. Francisco Fernández Rei: Dialectoloxía da lingua galega. Edicións Xerais, 1990.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ribadavia Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Leopoldo Meruéndano Arias, Los Judíos de Ribadavia y orígen de las cuatro parroquias.
  • Samuel Eiján, Historia de Ribadavia y sus alrededores.

Outros artigos[editar | editar a fonte]