Aníbal Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAníbal Otero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1911 Editar o valor em Wikidata
Barcia, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 1974 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Barcia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Placa de homenaxe no colexio do seu concello natal.

Aníbal Otero Álvarez, nado en Barcia (Ribeira de Piquín), o 21 de xaneiro de 1911 e finado na mesma aldea o 11 de marzo de 1974, foi un lingüista e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filosofía e Letras en Madrid, especializándose en Fonética so a guía de Tomás Navarro Tomás. Participou, desde antes de rematar a carreira, na elaboración no Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) que supervisaba Ramón Menéndez Pidal e dirixía o seu mestre Navarro Tomás, realizando investigacións lingüísticas en Galiza e mais no norte de Portugal. En Galiza levou el só as enquisas en 45 dos 53 puntos propostos para investigar.[2] No norte de Portugal, onde estaba a completar as enquisas, sorprendeuno o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi entregado ás autoridades españolas o 5 de agosto de 1936 e acusado de espionaxe, ao parecer por se lle descubriren cadernos de enquisas do ALPI con transcricións fonéticas (á parte de viaxar en coche oficial da República española).[3] Foi condenado a morte e amnistiado, pero permaneceu na cadea, en Burgos, ata o 22 de maio de 1941, data na que se lle outorgou a liberdade condicional.

En 1952, retomou os traballos para o ALPI, pois Navarro Tomás ao devolver os materiais do mesmo ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que custodiaba, esixiu que a continuación do labor fose efectuada polos mesmos colaboradores anteriores. Otero pasou a percorrer Portugal, nesta altura so a dirección do filólogo portugués Luís Filipe Lindley Cintra e do valenciano Manuel Sanchis Guarner, nos anos 1953 e 1954[4].

O resto da súa vida transcorreu na súa aldea natal de Barcia, onde faleceu en 1974.

É autor de Contribución al diccionario gallego (1967) e de Vocabulario de San Jorge de Piquín (1977); en 1994 publicouse postumamente a súa novela autobiográfica Esmoriz.

Malia ser proposto para entrar na Real Academia Galega e ser esta suxestión votada a favor en 1964, non chegou a tomar posesión como académico.

Obra[editar | editar a fonte]

Contribución al diccionario gallego.

Libros de lingüística[editar | editar a fonte]

  • Contribución al diccionario gallego. Vigo. Fundación Penzol - Galaxia. 1967.
  • Vocabulario de San Jorge de Piquín, anexo nº 8 da rev, Verba. Anuario gallego de Filología. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. 1977 (publicación póstuma).

Artigos lingüísticos[editar | editar a fonte]

  • "Contribucións al léxico gallego y asturiano", serie de 10 contribucións, publicados en Archivum. Revista de la Facultad de Filosofía y Letras. Oviedo, desde 1953 a 1964.
  • "Una versión latina popular de las doce palabras retorneadas", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. VI. Santiago de Compostela. C.S.I.C. 1951.
  • "Irregularidades verbales del gallego", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. VII. Santiago de Compostela. CSIC. 1952, páxs. 399-405.
  • "Voces onomatopéyicas del gallego-portugués", in Homenaje al Excelentísimo Sr. Dr. Emilio Alarcos García, t. II. Valladolid. 1965-1967, páxs. 63-72.
  • "Algunas adiciones al léxico hispánico", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. XXIV. Santiago de Compostela. CSIC. 1969, páxs. 154-171.
  • En colaboración: Sanchís Guarner, M.; Rodríguez Castellano, L.; Otero Álvarez, A.; Cintra, L.F. Lindley, "El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI): Trabajos, problemas y métodos", in Actas do IX Congresso Internacional de Linguística Românica, vol III. Lisboa. 1962, páxs. 113-120.

Novela[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Montero, X. (1977). Língua, literatura e sociedade en Galicia: 25 anos de Filoloxía galega, 1951-1976. Akal. P. 107-110.