José María Montenegro Soto
José María Montenegro Soto | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1934. | |
Nacemento | 1868 |
Lugar de nacemento | Mondoñedo |
Falecemento | 7 de xullo de 1934 |
Lugar de falecemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, político e propietario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José María Montenegro Soto, nado en Mondoñedo en 1868 e finado en Lugo o 7 de xullo de 1934, foi un avogado, político e propietario agrario galego. A súa familia era propietaria de terras en Abadín.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou cos xesuítas no Colexio da Pasaxe, Camposancos alcanzando o grao de bacharel en 1884[1]. Nas eleccións a Cortes de 1918 presentou a súa candidatura como maurista polo distrito da Fonsagrada, fronte a Manuel Portela Valladares[2], pero foi derrotado. Na ditadura de Primo de Rivera foi elixido presidente da Deputación de Lugo o 20 de xaneiro de 1924, renunciando ao cargo o 1 de abril de 1925. Nas eleccións xerais de 1933 foi elixido deputado pola provincia de Lugo, por Renovación Española. Foi membro correspondente da Real Academia Galega[3], da Real Academia da Historia e padrón da fundación benéfica docente denominada "Institución de la Sagrada Familia, Fundación Pardo Montenegro", creada por Julia Pardo Montenegro, en Mondoñedo.
A súa residencia en Lugo estaba situada fronte a fachada principal da Catedral, e pegada á rampla que dá acceso á Muralla. Actualmente este edificio alberga o Vicereitorado da Universidade de Santiago e no terreo adxunto apareceron importantes restos arqueolóxicos da época romana.
Predecesor: José Benito Pardo Rodríguez |
![]() Presidente da Deputación de Lugo 1924 - 1925 |
Sucesor: Victoriano Sánchez Latas
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Historia do colexio dos Jesuitas da Pasaxe (1) (en castelán) Consultada o 21/1/2012.
- ↑ El Progreso, 24-2-1918, p. 1.
- ↑ RAG. Membros correspondentes