El Regional
Aparencia
| El Regional | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
El Regional foi un xornal editado en Lugo entre 1884 e 1931.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario de Lugo (que despois variou por Diario ilustrado de Lugo), apareceu en outubro de 1884.[2] Fundado por José Fernández Carballo, era un periódico rexionalista vencellado ao Partido Republicano Federal que fundou Aureliano Pereira. Definiuse como o primeiro xornal rexionalista galego e continuador de El Diario de Lugo.[1] Aureliano Pereira foi o seu director ata 1893. Posteriormente foi dirixido por Manuel Amor Meilán, Benigno Varela Pérez e José Vega Blanco. Publicáronse en El Regional novelas, lendas e estudos históricos, ademais de colaboracións literarias e un folletín. O xornal mantívose ata 1931.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 VV.AA (1997). Vilavedra, Dolores, ed. Diccionario Literatura Galega II. Publicacións periódicas. Vigo: Galaxia. p. 407. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ Gaceta de Galicia, 21-10-1884, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Regional, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.