La Provincia (Lugo)
| La Provincia | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Lingua
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
La Provincia foi un xornal editado en Lugo entre 1923 e 1928.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario de información y de intereses generales, apareceu o 31 de maio de 1923.[1] Imprimíase nos talleres de El Norte de Galicia, na Praza da Constitución nº 10, ao que substituíu como órgano conservador de Lugo.[1] Dirixido por Nilo Fernández Castro e despois por Manuel Amor Meilán, contou coas colaboracións de Francisco Camba (que publicou en folletín a súa novela O terruño), Ánxel Fole (que publicou o seu primeiro artigo con motivo do terceiro centenario da morte de Góngora), Manuel Vázquez Seijas, Manuel Mato Vizoso, Enrique Correa, Francisco Lamas López, Evaristo Correa Calderón e Luís Soto Menor.
Na década dos anos 1920, era o terceiro xornal en Lugo, xunto con El Progreso e La Voz de la Verdad.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Provincia, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Teijeira, Mari Paz; De la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-110-6