Luís Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis Seoane")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Seoane
LuisSeoane.JPG
Luís Seoane en 1980-81
Nome completoLuís Seoane López
Data de nacemento1 de xuño, 1910
Lugar de nacementoBuenos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
Data de falecemento5 de abril, 1979 (68 anos)
Lugar de falecementoA Coruña, Galicia Galicia
ÁreaPintura, gravado, escritor
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
MovementoExpresionismo
SinaturaLuis Seone sinatura.png
editar datos en Wikidata ]

Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Torrallardona xunto a Luís Seoane e o crítico Rafael Squirru no Teatro Municipal Gral. san Martín, durante a execución do mural no que colaboraron ambos pintores no ano 1957.

Nado en Buenos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes, veu de neno en 1916 a Galicia e instálase na Coruña.[2] Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.

Luís Seoane López, retrato en Vida Gallega, 1929.

De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Durante esta época participou na campaña en prol do Estatuto de Autonomía. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en setembro de 1936 puido exiliarse a Buenos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.

En 1937 publica o seu primeiro libro, Trece estampas de la traición.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como Editorial Citania, Editorial Botella al Mar e outras; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos etc.). Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.[2]

Regresou a España en 1960. Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.

Obra pictórica[editar | editar a fonte]

Monumento ós emigrantes en Santa Cruz, Oleiros, baseado nun deseño de Luís Seoane.

A súa obra como artista gráfico foi importantísima: debuxante, gravador, deseñador de libros e de obxectos cerámicos, cartelista, pintor... Luís Seoane é un dos máis grandes plásticos galegos de tódolos tempos, e sen dúbida o máis completo e coñecido. A súa obra é tan extensa como o foron as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. A súa obra pictórica reflicte ese amor a Galicia e a súa ansia por recuperar paisaxes, símbolos e personaxes galegos para facelos universais.

A súa obra, de tendencia expresionista e próxima á abstracción, foi exposta en lugares como Buenos Aires, Montevideo, Londres, Nova York, Venecia, México, Bruxelas ou Hamburgo.

Dedicóuselle o Día das Artes Galegas 2019.[3]

Obra escrita[editar | editar a fonte]

Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas etc.[4]

Tamén se adicou á poesía e no 1977 Ediciós do Castro publicou a súa obra poética completa.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1994

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Busto de Luís Seoane na praza que se lle adicou no concello da Coruña.
Tumba de Luís Seoane no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Tres follas de ruda e un allo verde (inédito). Publicado en tradución castelá: Tres hojas de ruda y un ajo verde (Buenos Aires, Ediciones Botella al Mar, 1948).

Teatro[editar | editar a fonte]

  • A soldadeira (Edicións do Castro). Publicada en tradución castelá: La soldadera (Buenos Aires, Editorial Ariadna, 1957).
  • Esquema de farsa.
  • O irlandés astrólogo (Edicións do Castro).

Ensaio[editar | editar a fonte]

Gravados e debuxos con textos literarios[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Gravados e debuxos[editar | editar a fonte]

  • 13 Estampas de la traición, Buenos Aires, edición de autor, (1937)
  • Homenaje a la Torre de Hércules, (1945), obra galardoada en Nova York xunto a Histoire Naturelle de Buffon que estaba ilustrada por Pablo Picasso [2]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Arte mural. La ilustración, (Buenos Aires, Sudamericana, 1974).

2010: Ano Seoane[editar | editar a fonte]

En 2010, conmemorouse o primeiro centenario do nacemento do intelectual galego.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]