Córdoba, Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Córdoba, Arxentina
Escudo ciudad de cordoba argentina.svg
Montaje CBA 9.jpg
Vistas da cidade.
Situación xeográfica
País Flag of Argentina.svg Arxentina
Provincia Córdoba
Departamento Capital
Xeografía
Altitude 390 msnm
Superficie 576 km²
Poboación
Poboación 1 329 604 (2010)
Densidade 2 308,3
Xentilicio Cordobés/esa
Información
Código postal X5000
Alcalde Ramón Javier Mestre (UCR-Cambiemos)
Páxina web Páxina oficial

Córdoba é unha cidade arxentina, capital da provincia homónima, situada na rexión central do país, a ambas as beiras do Río Suquía, con preto de 1 400 000 habitantes. O seu territorio está dividido en 10 Centros de Participación Comunal, e é o único municipio do Departamento Capital.

Pola súa extensión, 576 km². Ten forma de cadrado de pouco menos de 24 km de lado. Limita ao norte co departamento Colón; ao leste co Departamento Colón (norte do río Suquía) e o departamento Santa María (sur do río Suquía); ao sur co Departamento Santa María e ao oeste co Departamento Santa María (sur do río Suquía) e o Departamento Colón (norte do río Suquía).

Historia[editar | editar a fonte]

Acta fundacional da cidade.

Córdoba foi fundada o 6 de xullo de 1573 polo adiantado Jerónimo Luis de Cabrera co nome de Córdoba da Nova Andalucía, mais desobedeceu as ordes do Vicerrei do Perú e fundou Córdoba máis ao sur da xurisdición que se lle asignara. Dita desobediencia motivou que Cabrera fora decapitado na cidade de Lima, o 17 de agosto de 1574.

En 1580 comezou a construción da Catedral de Córdoba, finalizada en 1758. En 1610 fundouse o Colexio Máximo do cal derivou en 1613 a Universidade de Córdoba (actualmente Universidade Nacional de Córdoba), a máis antiga do país e a cuarta de América.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O río Suquía atravesa o termo municipal en sentido noroeste a leste. Ten as súas nacentes no Val de Punilla a máis de 70 km ao oeste do centro da cidade, sendo as súas augas embalsadas no Lago San Roque a máis de 25 km de dicho centro. Por outro lado, o arroio La Cañada transcorre en sentido suroeste a norte e conflúe co río Suquía na zona céntrica da cidade. Este arroio foi encauzado na terceira década do século XX xa que provocaba inundacións fatídicas. A cidade esténdese sobre ambas as orelas e é atravesado por outros cursos de auga menores, como o arroio do Infiernillo.

Barrios[editar | editar a fonte]

Córdoba posúe máis de 400 barrios, algúns extensos como Alto Alberdi, pero a maioría de poucas mazás. Os máis coñecidos son: Alta Córdoba, Alto Alberdi, Argüello, Centro, Cerro de las Rosas, Xeneral Paz, Güemes, Nova Córdoba.

O centro histórico está conformado por mazás cuadrangulares duns cento trinta metros de lado. A disposición dos barrios e avenidas principales é radial, é dicir, do centro da cidade nacen as avenidas que levan aos barrios máis periféricos.

Poboación[editar | editar a fonte]

Mapa do crecemento da área urbanizada entre 1573 e 2007:
     1573 Planta fundacional      1927      1940      1965      2000      2007

Segundo o último censo provincial (2008), a cidade conta con 1 315 540 habitantes, representando un aumento do 3,78% respecto aos 1 267 521 habitantes rexistrados durante o censo nacional de 2001. Segundo o Instituto Nacional de Estatística e Censos da Arxentina, o Gran Córdoba concentra o 40,89% da poboación provincial e representa o 3,31% da poboación nacional, que segundo estimación de xuño de 2008 ascende a 39 745 613.

Economía[editar | editar a fonte]

Córdoba é un importante polo de industrias e empresas de alta tecnoloxía na Arxentina.

En 2005 o Produto Bruto Xeográfico de Córdoba foi aproximadamente de $20 147 896.422 pesos arxentinos correntes, que equivalen a uns $14.974 per cápita anual. A cidade contribúe co 52% do PIB provincial e o 4,026% do Nacional.[1] Córdoba, en xeral, ten unha baixa participación na actividade primaria respecto ao lugar que ocupa a Provincia de Córdoba

O sector industrial, en cambio, ocupa un lugar principal na actividade económica. Entre as empresas estabelecidas encontramos a Renault, Fiat, Iveco, Marco Polo ou Volkswagen, que producen aproximadamente o 25% do total do país, xerando a localización de máis de 160 empresas automobilísticas ao seu arredor. Os sectores servizos e comercio continúan destacándose como a actividade máis importante na cidade, cun 35,78% e 51,39% respectivamente de ocupación.[2]

A eclosión da construción dos últimos anos, fixo de Córdoba unha cidade con numerosos edificios comerciais e residenciais de gran categoría, cunha notable expansión do tecido urbano. A instalación da Cidade Empresarial, empresas relacionadas co software e a alta tecnoloxía, centros comerciais e o reformado aeroporto internacional, converten a Córdoba nun punto importante para a Arxentina.[3]

Cultura[editar | editar a fonte]

Arquitectura e patrimonio histórico[editar | editar a fonte]

Córdoba, preserva numerosos monumentos históricos da época da colonia española, en especial templos da Igrexa Católica. O máis recoñecido destes monumentos, é talvez, a Mazá Xesuítica, que foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.

Aeroporto[editar | editar a fonte]

O Aeroporto Internacional Ingeniero Ambrosio Taravella atópase a 9 km ao norte da cidade. O movemento de pasaxeiros e avións que xera, convérteo no terceiro aeroporto con maior tráfico da Arxentina, detrás do Aeroparque e Ezeiza. Actualmente posúe 1.020 ha e unha plataforma de 57.350 m².

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Observatorio Urbano: Capítulo 5: Economía." (PDF) (en español). Municipalidad de Córdoba. 2005. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 2014-01-16. Consultado o 17 de outubro de 2008. 
  2. "Barrios bajo la lupa: Economía." (PDF) (en español). Municipalidad de Córdoba. 2006. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 2007-09-28. Consultado o 17 de outubro de 2008. 
  3. "Ciudad empresaria, un emprendimiento hacia el futuro." (web) (en español). cordoba.com.ar. 2007. Consultado o 20 de novembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]