O Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros
| Porto de Santa Cruz | |
|---|---|
O castelo de Santa Cruz co areal do Porto en primeiro plano. | |
| Parroquia | Liáns |
| Concello | Oleiros |
| Coordenadas | 43°20′58″N 8°20′47″O / 43.349482444808, -8.3462863770542 |
| Poboación | 2.596 hab. (2012) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Porto de Santa Cruz, tamén coñecido como Santa Cruz de Liáns[1][2][3][4][5][6], é unha vila costeira da parroquia de Liáns no concello de Oleiros, na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 2596 habitantes (1192 homes e 1404 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castelo de Santa Cruz está situado nun illote na enseada do mesmo nome, no Porto de Santa Cruz. Foi mandado construír por Diego das Mariñas no século XVI para completar o sistema defensivo da ría da Coruña, xunto cos castelos de Santo Antón, San Diego e San Amaro. Na actualidade é propiedade do concello de Oleiros e alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
O Museo dos Oleiros forma parte do Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, situado na Torre de Santa Cruz. Acolle unha colección única en Europa de cerámica popular, e é sede de Alfaroleiros, unha das feiras máis importantes de cerámica tradicional de España, que cada ano acolle centos de oleiros que expoñen as súas pezas.
Praias
[editar | editar a fonte]Aínda que todo o fondo da enseada de Santa Cruz é areoso, levan diferentes nomes a praia de Portocovo, á esquerda do castelo, e o areal do Porto, que queda completamente cuberto coa marea chea e está situado entre o castelo e o peirao.
Galería de imaxes do Porto de Santa Cruz
[editar | editar a fonte]-
O Castelo de Santa Cruz, xunto co castelo de Santo Antón e o de San Diego, foi construído para protexer a ría da Coruña dos ataques marítimos.
-
Fachada traseira do edificio principal do castelo de Santa Cruz.
-
Fachada traseira do edificio principal do castelo de Santa Cruz.
-
Monumentos aos Emigrantes na Praza do Emigrante.
-
Centro Cultural As Torres, co Museo Os Oleiros José María Kaydeda, o teatro municipal das Torres e a Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro.
-
Praia de Portocovo e castelo de Santa Cruz.
-
Porto de Santa Cruz coa marea baixa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Liáns
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Liáns no concello de Oleiros | |
|---|---|
|
A Babilonia | O Bañil | O Barral | Bastiagueiro | O Camiño de Vieiro | A Capela | Os Carragás | O Castro | O Catasol | A Choupana | Coruxo de Abaixo | Coruxo de Arriba | O Cubo | A Eira de Concha | Eirís | A Ferrala | A Fonte do Espiño | Franzomel | A Gaiteira | Lamastelle | Lóngora | O Loural | Meixón Frío | Montrove | Morouzo | Mosteiro | O Muíño do Vento | O Pazo do Río | Pazos | O Porto de Santa Cruz | Os Regos | Romardeiro | O Seixo | O Souto | Vista Alegre |
Parroquias de Oleiros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sánchez, Cesáreo (18 de agosto de 1991). "Festas de Santa Cruz de Liáns" (DOC). Centro de Documentación da AELG. Consultado o 4 de setembro de 2025.
- ↑ "Curso Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida" (PDF). RAGC/Real Academia Galega de Ciencias (Díptico). Xuño de 2025. Consultado o 4 de setembro de 2025.
- ↑ "Estatutos da Asociación de Nais e Pais de Alumnos "Bidueiro", do Colexio Público Isidro Parga Pondal de Liáns - Oleiros" (PDF). ANPA Bidueiro - ANPA do C.E.I.P. Isidro Parga Pondal (Estatutos). 26 de marzo de 2003. p. 9. Consultado o 4 de setembro de 2025.
- ↑ "Localización. Onde estamos?". Localización|CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal. Consultado o 4 de setembro de 2025.
- ↑ Seoane, Xavier. "Roteiro polas Mariñas de Oleiros" (PDF). Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega - www.aelg.gal. Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (ALEG) / Deputación da Coruña. pp. 38, 41, 44. Consultado o 4 de setembro de 2025.
- ↑ Troiano, Xosé (13 de xaneiro de 2012). "Igrexa do Convento das Capuchinas". Patrimonio Galego. Consultado o 4 de setembro de 2025.