Saltar ao contido

Claridad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Claridad
 Instancia de
 Título
Claridad (es) Editar o valor en Wikidata
 Subtítulo
Semanario de Izquierdas (es)
Semanario de Izquierdas De Compostela para toda Galicia (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Data de comezo
23 de decembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
3 de maio de 1934 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
23 de decembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 101319
Wikidata

Claridad foi un semanario que se editou en Santiago de Compostela entre 1933 e 1934.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Semanario de Izquierdas, ao que lle engadiron De Compostela para toda Galicia dende o quinto número, apareceu o 23 de decembro de 1933. Era de tendencia republicana e o seu propósito era converterse nunha publicación de loita e crítica, voceiro da xuventude de esquerdas. Luís Seoane e Luís Manteiga foron os fundadores e codirectores; Ramón Suárez Picallo foi o vicedirector. Aínda que a maioría dos artigos viñan sen sinatura, en Claridad apareceron traballos en castelán de Antón Villar Ponte, Avelino Rodríguez Elías e Eduardo Blanco Amor. Como colaboradores artísticos participaron Castelao e Avel-lí Artís Gener, Tísner. O último número conservado é o 24 do 3 de maio de 1934.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]