Antón Capelán
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 ![]() Mesoiro, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador, catedrático ![]() |
![]() ![]() |
Antón Capelán Rey, nado en Mesoiro (Elviña, A Coruña) en 1953[1], é un historiador, profesor e escritor galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse no IES Monelos e estudou Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor no propio IES de Monelos dende pouco despois de realizar a carreira universitaria ata a súa xubilación en marzo de 2018.
Ten publicado traballos sobre literatura galega en distintas publicacións periódicas de Galiza, como A Nosa Terra, Luzes de Galiza, A Trabe de Ouro, o Boletín Galego de Literatura ou Sarmiento (Anuario Galego de Historia da Educación).
Obras
[editar | editar a fonte]Investigación
[editar | editar a fonte]- Contra a Casa da Troia (1994). Laiovento. 291 páxs. ISBN 978-84-87847-46-2. Tres ensaios sobre aspectos moi concretos da vida cultural de Santiago de Compostela nos anos 1929-1936.
- Contra a Casa da Troia (e II) (1996). Laiovento. 220 páxs. ISBN 978-84-87847-82-0.
- Da violencia que non condenan: o centenario da folga xeral de maio na Coruña (2003). Ateneo Libertario Ricardo Mella.
- Diatribas manuelinas (2004). Laiovento. 229 páxs. ISBN 978-84-8487-057-9.[3]
- Silva de varia recensión (2005). Laiovento. 68 páxs. ISBN 978-84-8487-073-1. Cinco traballos sobre obras de Camilo Díaz Valiño, Manuel Antonio, Armando Fernández Mazas, Alejandro Finisterre ou Avilés de Taramancos.
- Luís Seoane en Compostela e outros ensaios (2010). Laiovento. 284 páxs. ISBN 978-84-8487-193-4.[4] [5]
Como editor literario
[editar | editar a fonte]- Prosas completas / Dosinda Areses, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1998). Xerais.
- O culto dos heroes, de Arturo Cancela, traducido por Eduardo Blanco Amor (2001). Laiovento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Capelán Rey, Antón". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 424.
- ↑ Marta. "Capelán Rey, Antón – Autores Galegos na BUSC". Consultado o 2025-04-25.
- ↑ "- Edicións Laiovento". laiovento.gal. Consultado o 2025-04-25.
- ↑ "- Edicións Laiovento". laiovento.gal. Consultado o 2025-04-25.
- ↑ "Antón Capelán". Caderno da crítica. Consultado o 2025-04-25.