Saltar ao contido

Mar ao norde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mar ao norde
Autor/aÁlvaro Cunqueiro
Ilustrador/aLuís Seoane
CubertaLuís Seoane
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialNós
Data de pub.1932
editar datos en Wikidata ]

Mar ao norde é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1932 por Nós.[1] Foi reeditada pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)[2].

Hai unha edición bilingüe con tradución ao castelán por Xavier Rodríguez Baixeras.[3]

Características

[editar | editar a fonte]

Mar ao norde (1932) un libro de iniciación, a súa primeira obra, cun sincretismo vangardista con algo de cubismo ou creacionismo, reaccionando contra o imaxinismo de moda e con aproximacións a Manuel Antonio (no que hai maior fondura no tratamento do tema común do mar). Son poemas breves e concisos nos que se opoñen o mar e a terra, e a illa é o centro na última parte. É unha poesía xeométrica e fría, desde unha postura de deshumanización da arte, con escasas concesións á sentimentalidade.

Segundo Xosé Ramón Pena:

"Mais estoutro mar de Cunqueiro resulta, polo contrario, un mar situado "Máis alá", un mar abstracto, despoboado de calquera referencia que permita establecer os fíos entre a experiencia e a propia experiencia metaforizada: Mentres en en Manuel Antonio o mar é suxeito da poesía (activo) ou subxectiva de quen poetiza, no de Mondoñedo, o mar é simplemente obxecto (pasivo) onde poetizar."[4]

Segundo o Diccionario da literatura galega:

"Obra ousada que cómpre adscribir a un deliberado sincretismo vangardista máis que ó cubismo ou ó creacionismo, malia deseñaren os breves poemas, case estampas, un simbólico itinerario que opón terra a mar, sendo a illa da terceira parte o eixo central, co que obtén, cunha grande economía de medios, un elevado rendemento poético. Trátase de compsocións case deshumanizadas, dun hermetismo consubstancial que intenta evita a imposición dun único sentido."[5]

-Porto

  • Cinco fiestras colgadas
  • Sin que naide o soupera (6 versos)
  • Sombra en presencia pura (8 versos)

-Mar outa

  • Illa: oco insumiso (7 versos)
  • Este é o punto mesmo (13 versos)
  • Unha, dúas, tres: a lancha (6 versos)
  • Unha cóxega morna: así (7 versos)
  • Tamén o mar, hoxe (10 versos)
  • Coma un ollo: Todo o branco do serán (10 versos)
  • Xa non hai aquela simple (7 versos)
  • Nidia dede a note (4 versos)
  • A vosa soedá óuvese (8 versos)

-Illa

  • Xa teño a noite e o día (7 versos)
  • E como doi a luz (11 versos)
  • ROSAL (3 versos)
  • Agora –van lendo- (5 versos)
  • Eu nona ollei nascer. Déronma (12 versos)
  • Lua mollada chegáballe do mar (9 versos)
  • Move. Corre. É a hora enteira (6 versos)

-Terra adentro

  • ¿Non coñeces o mar? ( 8versos)
  • Non sei si a fiestra hoxe (10 versos)
  1. Iglesias, Xabier (venres, 2/9/2016). "Os libros de Ánxel Casal: Mar ao Norde". Os libros de Ánxel Casal. Consultado o 21/7/2019. 
  2. Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3. 
  3. "Mar ao Norde = Mar al Norte". Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 20/6/2019. 
  4. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega. III. De 1916 a 1936. Xerais. p. 266. ISBN 978-84-9121-107-5. .
  5. Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. p. 157. ISBN 84-8288-019-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]