Macías o Namorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Macías o Namorado
Macías o namorado. Padrón. Galiza.PA10.jpg
Estatua de Macías en Padrón
NacementoVida: século XIV
(c. 1340 e 1370)
 probablemente en Padrón
 Suponse que está enterrado en Arjonilla (Xaén)
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncompositor e poeta
Xéneroscantigas de amor
editar datos en Wikidata ]

Macías, chamado o Namorado, foi un trobador galego do século XIV (aproximadamente entre 1340 e 1370), probablemente orixinario de Padrón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como da maior parte dos poetas galegos, pouco se sabe de Macías o Namorado. A partir dunha carta do Marqués de Santillana de 1449 sitúase a súa vida ao mesmo tempo ca a dos portugueses Basco Pérez de Camões e Ferrant Casquiçio, que viviron no terceiro cuartel do século XIV. Nese tempo, entre 1350 e 1369, produciuse o reinado de Pedro I de Castela e unha rúbrica no Cancioneiro de Baena informa de que “esta cantiga fizo Maçias contra el amor, enpero algunos trobadores dizen que la fizo contra el rrey don Pedro”.[1] Con todo, existe un documento de compra-venda duns terreos en Beluso (Bueu), con data de 1262, no que figura un xograr Macías (grafado Mascia) como testemuña. É posible que sexa o mesmo.

Lenda[editar | editar a fonte]

A tradición sinala que xa de novo destacou polo seu talento poético, motivo polo que foi nomeado xentilhome ao servizo de Henrique de Villena, mestre da Orde de Calatrava, o que situaría a súa vida algunhas décadas despois do devandito marco temporal. No seu palacio coñeceu a dona Elvira, coa que mantivo namoros en segredo. Quixo a desgraza que Macías tivese que se ausentar para facer parte das forzas que ían loitar a Granada. Entrementres, don Henrique dispuxo que Elvira casase con Hernán Pérez de Vadillo, marqués de Porcuna. En regresando, Macías soubo do matrimonio e tornou a súa desolación en poesías nas que proclamaba o seu atormentado amor. Consciente de que os sentimentos de Macías por Elvira eran recíprocos, Don Hernán denunciouno ante o seu señor, quen esixiu ao trobador que esquecese tales amores imposibles. Mais Macías non obedeceu e seguiu cortexando a Elvira, polo que o mestre ordenou encarceralo no castelo de Arjonilla, en Xaén. Malia estar prisioneiro, a súa paixón non arrefriou e, para desgusto do marqués, botaba o tempo cantando o seu amor por Elvira. Finalmente, o trobador Macías o Namorado morreu vítima dos celos ao atravesarlle o corazón un venabre guindado por Hernán a través da ventá da cela. O corpo do malfadado foi soterrado na ermida de santa Catarina de Arjonilla, á que seica inda agora se achega algunhas noites a sombra dunha muller.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

A morte do trobador, por Ángel.

Cativo da miña tristura,
ya todos prenden espanto
e preguntan, que ventura
fay que me tormenta tanto;
mays non sey no mundo, amigo,
que mays de meu quebranto
diga de esto que vosdigo

Macías o Namorado. Cancionero de Baena 306

É autor dalgunhas das últimas cantigas de amor en lingua galega, na época dos cancioneiros galego-casteláns (Cancioneiro de Baena) durante a Idade Media. Consérvanse del 21 cantigas, que incorporan elementos de amor cortés.

Influencia[editar | editar a fonte]

Existen versións dispares da historia do trobador, aínda que todas coinciden no feito de que adicou as súas composicións a unha muller casada, motivo polo que foi apresado e posteriormente asasinado polo home dela. A atraente figura do trobador e a lenda que se xerou ao seu redor, desencadearon, segundo Carlos Martínez-Barbeito "unha especie de furor historicista ou irreflexiva e obcecada debilidade polos mitos".[3]

Para autores como Sainz de Robles ou Menéndez Pidal, Macías destaca, antes que pola súa obra, por encarnar un paradigma de poeta amador que serviu de inspiración para moitos autores.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Macías | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2020-03-27. 
  2. "Macias El Enamorado". www.redjaen.es (en castelán). Consultado o 26/3/2020. 
  3. Martinón Sánchez, Federico (17/8/2014). "El trovador Macías, un amor imposible". Faro de Vigo (en castelán). 
  4. Cardeña Jalón, Juan (2011). "Macías el trovador a través de la literatura". Iberian (en castelán) (0): 22–25. ISSN 2174-5633. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]