Galicia Libre (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Libre foi unha publicación semanal editada en Buenos Aires en 1937.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Semanario popular informativo, apareceu o 18 de xuño de 1937. Iniciativa de Luís Seoane e Xosé Núñez Búa, estana dirixida por Luís Seoane. Entre os seus colaboradores figuraron Gildo Santos, Rafael Dieste, Moncloa e Jesús Carracedo. Pretendía apoiar ao bando republicano na Guerra Civil española e denunciar os crimes do bando franquista. Incluía debuxos e colaboracións literarias sobre a represión franquista. Tamén publicou un artigo de Castelao no que se facía un chamamento ás sociedades galegas para que apoiasen a causa republicana. Saíu durante algúns meses.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]