Cor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Cores do espectro visíbel
Cor Lonxitude de onda Frecuencia
Vermello ~ 625-740 nm ~ 480-405 THz
Laranxa ~ 590-625 nm ~ 510-480 THz
Amarelo ~ 565-590 nm ~ 530-510 THz
Verde ~ 500-565 nm ~ 600-530 THz
Ciano ~ 485-500 nm ~ 620-600 THz
Azul ~ 440-485 nm ~ 680-620 THz
Violeta ~ 380-440 nm ~ 790-680 THz

Espectro continuo
Spectrum441pxWithnm.png
Feito para monitores na gamma 1.5.

Cor, frecuencia e enerxía da luz
Cor \lambda \,\!/nm \nu \,\!/1014 Hz \nu_b \,\!/104 cm-1 E \,\!/eV E \,\!/kJ mol-1
Infravermello >1000 <3.00 <1.00 <1.24 <120
Vermello 700 4.28 1.43 1.77 171
Laranxa 620 4.84 1.61 2.00 193
Amarelo 580 5.17 1.72 2.14 206
Verde 530 5.66 1.89 2.34 226
Azul 470 6.38 2.13 2.64 254
Violeta 420 7.14 2.38 2.95 285
Ultravioleta próximo 300 10.0 3.33 4.15 400
Ultravioleta distante <200 >15.0 >5.00 >6.20 >598

A cor é un aspecto físico da natureza. A cor dun material determínase pola lonxitude de onda dos raios luminosos que refliten as súas moléculas constituíntes. Un obxecto terá unha cor determinada se reflicte (non absorbe) exactamente os raios correspondentes á frecuencia daquela cor.

Así, un obxecto é vermello se absorbe todos os raios de luz, agás o vermello.

A cor relaciónase cos diferentes lonxitudes de onda do espectro electromagnético. Son percibidas a través dos órganos de visión na faixa da "zona visíbel" como unha sensación que nos permite diferenciar os obxectos do espazo con maior precisión.

Considerando as cores como luz, a cor branca resulta da superposición de todas as cores, en canto o negro é a ausencia de luz. A luz branca pódese descompor en todas as cores (o espectro) por medio dun prisma. Na natureza, esta descomposición orixina un arco da vella.

Teoría da cor[editar | editar a fonte]

Mercado de teas de diversas cores en Pakistán.

Cando se fala de cor, hai que distinguir entre a cor obtida aditivamente (cores formadas con luz) ou a cor obtida substractivamente (cores formadas con pigmentos).

No primeiro caso, chamado de sistema RGB, temos os obxectos que emiten luz (monitores, televisión, Sol, etc.) nos que a cor é a suma de diferentes lonxitudes de onda das cores primarias de luz Vermello + Azul + Verde = Branco.

No segundo sistema (subtractivo ou cor pigmento) píntase unha superficie sen pigmentación(branca) mesturándolle as cores secundarias da luz (tamén chamadas de primarias en artes plásticas); Ciano + Maxenta + Amarelo = negro. Este sistema corresponde ao "CMYK" das impresoras e serve para obter cor con pigmentos (tintas e obxectos non emisores de luz).

Moitas veces chámanse cores primarias ao amarelo, azul e vermello, o que é incorrecto en ambos espazos de cor. Así o que se chama azul primario corresponde ao ciano. O vermello primario ao maxenta e o amarelo Primario ao propio amarelo. O uso de cores diferentes (azul , amarelo, vermello) neste espazo de cor leva a que non sexa posíbel fabricar todas as cores, e que no círculo das cores certos opostos estean trocados.

Nótese que nada disto se coñecía antes da invención do prisma e da división do espectro da luz branca, polo que aínda hoxe ensínase nas nosas escolas que Amarelo/Azul/Vermello son as cores primarias, a partir das cales se obteñen todas as demais, o cal é falso.

A principal diferenza entre un corpo azul (iluminado por luz branca) e unha fonte emisora azul é de que o pigmento azul está a absorber o verde e o vermello reflectindo apenas azul en canto que a fonte emisora de luz azul emite efectivamente apenas azul. Se se iluminase o obxecto con esa luz, continuaría a parecer azul. Mais, se polo contrario, se iluminase cunha luz amarela (luz Vermella + Verde), o corpo parecería negro.

Táboa de cores[editar | editar a fonte]

  Negro
Branco
  Vermello
  Amarelo
  Azul
  Verde
  Laranxa
  Marrón ou Castaño
Púrpura (cor)
Cinza ou cincento
Rosa ou cor de rosa
Ciano ou Turquesa
Índigo ou Anil
Violeta ou Lila
Beixe
Ocre
Carmín
Salmón
Coral
Caqui
Pardo
Azul mariño ou Azul escuro
Ciano escuro ou Ciano petróleo
Verde oliva
Sepia
Viño
Azul celeste ou Azul claro
Maxenta ou Fucsia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Cor
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de cor

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Edificio con fiestras de cores.
  • Modelos de cor:
    • CMYK - (do inglés Cyan, Magenta, Yellow, Key) Ciano, Maxenta, Amarelo e Negro, sistema de cores utilizado en Artes Gráficas e pigmentos
    • HLS
    • HSB
    • HSV
    • Lab- contén unha canle "A", unha canle "B", e a terceira ("L") vén designada pola luminosidade (lightness).
    • RGB - (do inglés Red, Green, Blue) Vermello, Verde, Azul, sistema de cores utilizado en luces e, por consecuencia, na electrónica e recursos visuais electrónicos como o vídeo
  • Cor primaria
  • Teorema das catro cores

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]