Xosé Cid Cabido
Xosé Cid Cabido | |
---|---|
![]() Cid Cabido no pregón da XXXVI Feira do Libro de Vigo. | |
Nacemento | 29 de decembro de 1959 |
Lugar de nacemento | Xunqueira de Ambía |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Narrativa e teatro |
Coñecido por | Días contados, Grupo abeliano, Blúmsdei e Unha historia que non vou contar |
Estudos | Económicas e de Filoloxía Hispánica |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi preso en setembro de 1980.[1] Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ó goberno do PSOE.[2]
Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC, e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros. O 31 de maio de 2014 foi elixido en listas abertas como o portavoz de Anova - Irmandade Nacionalista en Vigo.[3]
Premios[editar | editar a fonte]
Premio Café de Catro a Catro, Premio Cidade de Lugo, Premio Blanco Amor en 1994 e 1999 . En 2018 gañou o Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra Tres pintores.[4]
Obra[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- O intercepto, 1986, Xerais (relatos)
- Foumán, 1987, Xerais (novela gañadora do premio Café de Catro a Catro)
- O camiño de Middelharnis, 1988, Xerais (prosa fragmentaria)
- Días contados, 1991, Xerais (relatos, gañador premio Cidade de Lugo)
- Panificadora, 1994, Xerais (novela, Premio Blanco Amor)
- Oralmente pola boca, 1997, Xerais (relatos)
- Grupo abeliano, 1999, Xerais (novela, Premio Blanco Amor). Foi traducida ao castelán.[5]
- Fálame sempre, 2003, Xerais (relatos)
- Blúmsdei, 2006, Xerais (novela)
- Unha historia que non vou contar, 2009 (novela)
- Tres pintores (2018), Xerais, 104 páx. ISBN 978-84-9121-452-6. [6]
Teatro[editar | editar a fonte]
- Copenhague, 1993, Xerais (teatro, co-autor con Andrés A. Vila, Premio Álvaro Cunqueiro, 1992)
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
- Materia prima, 1992, Xerais.
- Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía, 1994, Xerais.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
- A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín, 2009 Sotelo Blanco Edicións.
- Antón Reixa. Ghicho distinto, con Manuel Xestoso, 2012, Xerais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nacionalistas gallegos, acusados de mantener contactos con ETA en El País. (en castelán)
- ↑ REAL DECRETO 1157/1983, de 9 de febreiro de 1983, polo que se indulta a Xose Luis Nieto Pereira, Antonio Arias Curto e Xosé Cid Cabido.
- ↑ Anova elige nueva coordinadora pero mantiene la estrategia común con Esquerda Unida en Vigo, en La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ AELG (ed.). "Xosé Cid Cabido álzase co XX Premio de Narración Curta Ánxel Fole". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 18 de abril de 2018.
- ↑ "Grupo abeliano". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-02.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal.