Julieta Gómez Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Julieta Gómez Paz
Nacemento1909
 Buenos Aires
Falecemento1995
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónescritora
NaiMaría de los Ángeles Vázquez
editar datos en Wikidata ]

Julieta Gómez Paz, nada en Buenos Aires en 1909 e finada na mesma cidade en 1995, foi unha escritora e tradutora arxentina filla de galegos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla da escritora María de los Ángeles Vázquez, emigrada a Arxentina, onde casou cun dos fundadores do Centro Galego de Buenos Aires. Foi profesora de Filosofía na Universidade de Buenos Aires. Como investigadora e crítica literaria estudou a obra de Alfonsina Storni, María Elena Walsh, Olga Orozco, Alejandra Pizarnik, Rosalía de Castro e Elizabeth Barrett Browning. Foi colaboradora de La Prensa de Buenos Aires, Ínsula de Madrid, e diversos periódicos e revistas de América. Ditou conferencias en Bélxica, Holanda, Suíza e España.

Falou sobre poesía galega e ditou cursos no Centro Galego de Buenos Aires, Centro Galicia, Centro Orensano, Ateneo Cultural de la Casa de Ribadumia, Instituto Argentino de Cultura Hispánica, Club Español, Asociación Patriótica española e outras institucións. Participou no acto académico na Facultade de Filosofía e Letras de Buenos Aires, en ocasión de celebrarse o Primeiro Congreso da Emigración galega en 1956 e en diversos homenaxes a Castelao en 1986.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Versos míos, 1934
  • Canciones de tierra y sol, 1940
  • Llanura, 1941
  • Galicia en el atardecer, Ed. del Instituto Argentino de Cultura gallega, Buenos Aires, 1972
  • Jardín de espera. Ed. Vinciguerra, Buenos Aires, 1990.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Leyendo a Alfonsina Storni, Editorial Losada, 1966. Premio do Fondo Nacional de las Artes y Sociedad Argentina de Escritores.
  • El poema y su mundo, Ed. Losada, 1968. Tercer Premio Municipal de la Ciudad de Buenos Aires.
  • Cuatro actitudes poéticas. Ed. Conjunta 1977. Tercer Premio Nacional
  • La luz de otras tierras (El libro en su paisaje). Editorial Losada 1977
  • Poetas argentinos contemporáneos, Premio Municipal 1984
  • Galicia y la poesía, Ediciós do Castro, A Coruña, 1988.
  • Rubén Darío, la boca dulce , 1968.[2]

Literatura infantil[editar | editar a fonte]

  • El niño de la Luna. Buenos Aires: Ed. Magisterio del Río de la Plata, 1987

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Sonetos del portugués, de Elizabeth Barret Browning. Colección Adonais, Ed. Rialp, Madrid, 1954
  • Julian Sorell Huxley, The Individual in the Animal Kingdom. El individuo en el reino animal. Buenos Aires: Pleamar, 1945. Con Teodora Efrón.
  • W. R. Sorley: Historia de la filosofía inglesa. (A History of English Philosophy), Buenos Aires, Losada, 1951. Con Teodora Efrón

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Julieta Gómez Paz, Galicia y la poesía, Ediciós do Castro, A Coruña, 1988. Prólogo por Ramón Piñeiro. (ISBN 84-7492-357-3).
  2. En Rubén Darío : estudios reunidos en conmemoración del centenario : 1867-1967. La Plata : Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación. Universidad Nacional de La Plata, 1968. p. 388-396