A Igrexa, Arca, O Pino
| A Igrexa | |
|---|---|
Igrexa neoclásica de Santaia de Arca | |
| Parroquia | Arca |
| Concello | O Pino |
| Coordenadas | 42°54′06″N 8°21′47″O / 42.901583333333, -8.3631111111111 |
| Poboación | 53 hab. (2019) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Igrexa ou A Aldea Grande[1] é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE[2], en 2019 tiña 53 habitantes (19 homes e 34 mulleres). Na práctica, O Pedrouzo e A Igrexa atópanse un xunto ao outro, sen solución de continuidade.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa.[3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta poboación atópase a igrexa parroquial de Santaia de Arca, construída no século XIX en estilo neoclásico e cunha soa torre-campanario. Conta cunha planta de cruz latina e unha soa nave. Ten a particularidade de que, no interior, a ábsida ten forma de vieira[4]. Na parte exterior conta cun diminuto e rústico reloxo de sol na parede sur do templo, a uns catro metros de altura.
Apenas a 125 m. ao nordés atópase o Cruceiro de Arca, orixinalmente do século XVII, pero con engadidos e arranxos que chegan ao século XX. O podio ou base é cadrado sobre o que hai un pedestal máis pequeno da mesma forma. Álzase sobre esta estrutura un fuste octogonal. A cruz é lisa, sen figuras, cos extremos lixeiramente potenzados e sobre unha variación de capitel toscano que ten un ábaco moldurado que se apoia sobre un equino e un colariño prismáticos e non cilíndricos[5].
Entre o retorcido casarío da Igrexa existen outros elementos etnográficos de relevancia. Así conta con varios exemplos de hórreos de tipo O Pino e cun pozo cuberto máis un bebedoiro na parte sur.
O cemiterio municipal encóntrase a uns 400 m ao sur da igrexa. Nas súas proximidades atopábase a chamada Casa de Brey, a da avoa e o resto da familia materna de Luís Seoane, que adoitaba visita o pintor e escritor galego. Desde esta casa víase a mina de Touro[6].
Por fin, dentro do patrimonio natural, cómpre referirse á carballeira e a área recreativa da Igrexa, que se atopa a poucos metros do Cruceiro de Arca[7].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vista frontolateral da igrexa
- Vista lateral da igrexa
- Reloxo de sol
- Vista da ábsida da igrexa
- Casarío tradicional
- A igrexa cunha casa rehabilitada
- A igrexa desde unha leira con ovellas
- Hórreo tipo O Pino
- Hórreo e muro
- Hórreo en leira da rúa do Pedrouzo
- Hórreo en leira
- Hórreo tipo O Pino
- Hórreo tipo O Pino nunha leira ao carón da igrexa
- Pozo e bebedoiro no sur da Igrexa
- Caldeiros e hórreo tipo O Pino
- Hórreo tipo O Pino en ruína no sur de Arca
- Hórreo tipo O Pino en ruína
- Interior dun hórreo tipo O Pino en ruína
- Casa de cachotería no camiño do cemiterio
- Outra casa de cachotería no camiño do cemiterio
- Cruceiro de Arca, orixinalmente do século XVII
- Vista do Pedrouzo desde a praciña fronte á igrexa
- Casa tradicional rehabilitada
- Edificio de nova planta que une as poboacións de Arca coa do Pedrouzo
- Val do rego do Burgo e alturas da mina de Touro
- Vista xeral do novo cemiterio parroquial
- Porta de acceso ao cemiterio
- Nichos do cemiterio
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Arca
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
|---|---|
|
Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa |
Parroquias do Pino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña" (PDF). DOG (59): 3644. 25-3-2003. Consultado o 9-8-2020.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 19.
- ↑ "Arquitectura Religiosa (Cruceiros). Cruceiro de Arca" (pdf). patrimoniodeopino.es (en castelán). p. 7.
- ↑ "Persoeiros históricos. Luís Seoane". Web oficial do Concello do Pino. Consultado o 18-8-2020.
- ↑ "Carballeira y área recreativa da igrexa en Arca" (pdf). Patrimonio de O Pino (en castelán). p. 6. Consultado o 31-8-2020.