Saltar ao contido

Pobo xudeu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo xudeu
יהודים (en hebreo: עברית) (Yehudim)
Poboación
Poboación total:
14 212 800 [1]
Rexións principais:
Israel6 103 200 [1][2]
Estados Unidos de América Estados Unidos5 700 000 [1]
Francia475 000 [1]
Canadá385 300 [1]
Reino Unido Reino Unido290 000 [1]
Rusia Rusia186 000 [1]
Arxentina181 300 [1]
Alemaña Alemaña118 000 [1]
Australia Australia112 500 [1]
Brasil95 000 [1]
Aspectos culturais
LinguaLingua falada predominante

Linguas xudeas históricas
Hebreoyiddishladinooutras
Linguas litúrxicas
Hebreoarameo

Como lingua vernácula os xudeus adoitan falar inglés, francés, castelán, alemá, ruso, yiddish, hebreo etc.
RelixiónXudaísmo
Grupos
relacionados
outros grupos semitas.

Os xudeus (en hebreo: יְהוּדִי, Yehuda ; e en yiddish: ייִד, YID ), tamén coñecidos como pobo xudeu son unha nación e un grupo etnorelixioso que descenden dos hebreos e antigos israelitas do próximo oriente. A relixión constitúe un posible aspecto de pertenza ao pobo xudeu así como tamén as tradicións, prácticas culturais, sociais e lingüísticas. E, aínda que poden presentar características comúns, tales como o idioma ou a crenza, os xudeus non constitúen un grupo étnico homoxéneo, por iso a definición precisa de xudeu é controvertida e pode variar dependendo da énfase que se faga na observancia relixiosa ou na identidade secular.[3]

Os xudeus sufriron unha longa historia de persecución en diferentes lugares e a súa poboación foi variando ao longo dos séculos. Hoxe en día, a maioría das autoridades estiman que a actual poboación xudía mundial oscila entre os 12 e os 15 millóns,[4] representando ao redor dun 0,2 por cento da poboación mundial.[5] A maioría deles reside en Estados Unidos e Israel. Segundo investigacións levadas a cabo na Universidade Hebrea de Xerusalén, o 96 por cento dos xudeus que residen fóra de Israel tende a concentrarse en dez países, todos hoxe en día, países democráticos.[5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
León de Xuda. O león, símbolo de Xuda. Relevo con inscrición hebrea: « יְהוּדָה ».[6]
Mapa dos dous reinos hebreos cara ao 830 a.C.[7]

O termo xudeu (en hebreo יהודי—Yehudi) procede de Xudá (יְהוּדָה—Yehúda, cuarto fillo do patriarca bíblico Xacob). Nun sentido territorial, Xudá (הוּדָה, é dicir, Xudea) designaba por outra banda ao Reino de Xudá, entidade política que existiu no levante mediterráneo, uns mil anos antes da Era Común e ata o 70 da mesma.[8] Os habitantes do Reino de Xudá eran coñecidos como xudeus, termo que logo foi ampliándose ata abarcar a todos aqueles que emigraran desde alí cara a outras rexións e ata foi aplicado logo os seus descendentes.

Como adxectivo xentilicio hebreo que deriva do nome propio Xudá, o termo xudeu aparentemente non foi aplicado para designar a os membros da tribo, pero si o emprega Xeremías no texto bíblico, dándolle un sentido nacional, en referencia a aqueles habitantes do sureño Reino de Xudá que permanecen fieis a Yahveh,[9]

Entón veu a palabra de Yahvéh a Xeremías en Tafnes, dicindo:
"Toma nas túas mans pedras grandes e escóndeas, na mestura, na terraza de ladrillo que está á entrada do palacio de Faraón en Tafnes, a vista da xente xudía" (Xeremías 43:8-9).[10]

Cuxo texto orixinal na Biblia hebrea é:

וַיְהִי דְבַר יְהֹוָה אֶל יִרְמְיָהוּ בְּתַחְפַּנְחֵס לֵאמֹר

קַח בְּיָדְךָ אֲבָנִים גְּדֹלוֹת וּטְמַנְתָּם בַּמֶּלֶט בַּמַּלְבֵּן אֲשֶׁר בְּפֶתַח בֵּית פַּרְעֹה בְּתַחְפַּנְחֵס לְעֵינֵי אֲנָשִׁים יְהוּדִים

ירמיהו 43:ח-ט (Xeremías 43:8-9).[10]

Os habitantes do Reino de Xudá serán desde entón coñecidos como xudeus, termo que logo se ampliou ata abarcar a todos os "fillos de Israel" (בְּנֵ֥י יִשְׂרָאֵֽל),[11] incluíndo aqueles que habían emigrado cara a outras rexións e aplicandoo tamén, do mesmo xeito, os seus descendentes.[12]

O termo xudeu garda tamén unha estreita relación con aqueles habitantes e membros do Reino de Xudá que foron forzados ao exilio e cativerio en Babilonia, pero foron leais a Yahveh e obtiveron logo dos persas a permisión de regresar o seu territorio natal, aplicándose por iso o termo xudeu tanto ao hebreo que retornou a el como a aquel que permaneceu en Mesopotamia.[12]

En galego, o termo xudeu procede do latín Iudaeus, que á súa vez é préstamo da antiga lingua xudeu-aramea Y'hūdāi, correspondéndose co hebreo Yehudi (יְהוּדִי). Existe ademais unha correspondencia etimolóxica entre varias linguas; así, por exemplo, Jude en alemán, juif en francés, jueu en catalán, Jew en inglés, judio en castelán, chodigo en aragonés, jøde en danés, e zsidó en húngaro. Con todo, existen tamén linguas nos que os xudeus son denominados hebreos, tal como sucede en persa e en grego (Εβραίοι), así como en italiano, romanés, ruso e demais linguas eslavas.

Un posible significado do termo xudeu é 'Loa o Eterno'.[13] A palabra xudeu non aparece na primeira sección da Biblia hebrea (Pentateuco ou Os Cinco Libros de Moisés), pero si nas outras seccións xa indicadas, así como tamén no Libro de Ester (que no xudaísmo constitúe un texto separadamente e que é lido en Purim).[13] Iso con todo non significa que o termo Iehudi/Xudeu teña sentido pexorativo ningún en caso de ser comparado co seu predecesor, Ivri/Hebreo.[13]

Xudeus e xudaísmo

[editar | editar a fonte]

Ata o século XVIII, os vocábulos xudeus e xudaísmo eran practicamente sinónimos. Con todo, a chegada da Haskalá (ilustración xudía) supuxo un cambio radical na mentalidade de moitos xudeus que se viron a si mesmos como membros dun mesmo pobo, pero separados da tradicional adhesión á fe xudaica.

Identidade xudía

[editar | editar a fonte]
Yehuda Pen, Home do shtetl, Belarús, 1890-95.

O pobo xudeu considérase a si mesmo descendente de Xudá, fillo de Xacob, á súa vez fillo de Isaac, quen era fillo de Abraham. Segundo a tradición monoteísta, o pobo xudeu ten a súa orixe en Abraham, proveniente de Ur, sendo Abraham o primeiro patriarca e a quen se lle revelou o Deus único.

Pertencer ao pobo hebreo non dependía de ningunha orixe étnica ou racial, senón da adhesión de determinada(s) persoa(s) á Alianza con Yahveh, a cal non era un privilexio senón que implicaba o cumprimento de deberes para con Deus, cuxa característica orixinal e distintiva era o ser único.[14]

Cando Moisés conduciu ao pobo hebreo desde Exipto ata a Terra de Israel, unha multitude de homes e mulleres de diversas orixes uníronse a eles e acompañáronos durante o Éxodo. Unha vez liberados da escravitude, os descendentes de Xacobe mesturáronse con eles. É dicir, os hebreos casábanse con calquera persoa que abrazase a fe no Deus único e aceptase a Alianza.[15]

Xeralmente, o uso do termo xudeu utilízase para referirse a tres grupos: aqueles que teñen orixes étnicas xudías, aqueles que practican o xudaísmo e aqueles que se identifican como tales pola súa identificación cultural e histórica. A halajá, a lei xudía, dá outra definición da identidade xudía. De acordo coa lexislación xudía, xudeu é aquel que: a) é fillo de nai xudía (lei que deriva da pasaxe de Deuteronomio 7:1-5)[16] ou b) aquela persoa que se converte formalmente ao xudaísmo baixo a supervisión halájica dun recoñecido Bet Din (corte xudía) presidida por tres dayanim (xuíces). Este proceso de conversión está desenvolvido en textos legais xudeus, tales como o Talmud, o Shulján Aruj e as interpretacións da ortodoxia rabínica.

Pero ademais desa definición ortodoxa existen outras definicións, como as das correntes reformistas, reconstruccionistas e liberais, que afirman que é xudeu aquel que ten un pai xudeu (no sentido xenérico, é dicir, un pai ou unha nai). O humanismo xudeu afirma que é xudeu "quen se sente xudeu" sen importar se ten ascendencia xudía ou se fai unha conversión relixiosa.

Por conversión

[editar | editar a fonte]
Marilyn Monroe converteuse ao xudaísmo en 1956.[17]

Aínda que o xudaísmo non fomenta a conversión e ao longo da historia non se coñecen casos onde o pobo xudeu someta a outro a converterse, a mesma está contemplada. Para facelo é necesario ter un estudo amplo sobre a Tora, capacitado por un Moré (Mestre). Os filtros para a conversión ao xudaísmo, aínda que varían segundo as distintas correntes, adoitan ser moi esixentes, posto que se busca por parte dos rabinos que a conversión sexa sincera e sen motivacións ulteriores.

No pasado houbo exemplos de conversiones en masa ao xudaísmo, como é o caso do pobo de Samaria, que sen ser descendentes de Xacob nun sentido físico abrazaron o xudaísmo aínda que nunca perderon totalmente as súas crenzas e costumes, polo cal os xudeus ortodoxos de Xerusalén nunca os viron con total agrado.[Cómpre referencia] Outro caso de conversión en masa é a dos xázaros.

Perda da condición de xudeu

[editar | editar a fonte]
Baruj Spinoza: excomungado por panteísta.

En canto á perda do xudaísmo, acorde coa lei xudía (Halajá), non existe modo de perder o xudaísmo. Quen nace xudeu ou se converte, non perde a súa condición de xudeu ata logo de cometer un dos tres peores pecados: paganismo, asasinato ou aberracións sexuais. Malia isto a lei xudía utilizou outra arma contra pecadores de maior escala: o expulsar da comunidade (“O Herem“ ou “O Nidui“). O poder de separar da comunidade remóntase ás primeiras épocas bíblicas, pero empezouse a usar en forma sistemática durante a época talmúdica no segundo Templo de Xerusalén; o seu uso continuou eventualmente durante a era moderna. Baruch de Spinoza e Uriel da Costa son algúns dos xudeus máis importantes que foron excomulgados da comunidade. Pero, de acordo coa lei xudía, existen camiños para ser aceptado novamente na comunidade (dado que, segundo a mencionada lei, a xudeidade é en principio algo para sempre)

Grupos étnicos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Divisións étnicas xudías.

Ashkenazim

[editar | editar a fonte]
Asquenací.[18]
Sefardí.[19]
Mizrají.[20]

Ashkenaz é o nome dado a Alemaña polos xudeus e ashkenazí («alemán») é o nome que recibían os xudeus de Alemaña. Usouse logo para describir aos xudeus provenientes de Europa de modo xeral. O seu idioma é o yiddish, que é un dialecto xermano con influencia hebrea e eslava. Habitaron principalmente en Alemaña, Polonia, Ucraína e Rusia. Non son xudeus ashkenazim os que teñen raíces nos seguintes países de Europa: a Península Ibérica e rexións de Italia, Grecia, Turquía, os Balcáns, Inglaterra, Países Baixos e parte de Francia (os xudeus alsacianos si o son).

Os xudeus ashkenazim adoptaron as interpretacións dos mandamentos (mitzvot) das escolas rabínicas de Israel, e os xudeus orientais, os das escolas babilónicas.

Sefaradim

[editar | editar a fonte]

Sefarad é o nome hebreo dado a España, empregándose a palabra sefardí para designar aos xudeus de Península Ibérica (tanto de España como de Portugal). A historia dos sefardís na Península Ibérica remóntase á Antigüidade. Os sefardís fixeron grandes contribucións á cultura ibérica, onde residiron non menos de quince séculos. Por motivos relixiosos deberon emigrar de España en 1492. Aos descendentes deses xudeus ségueselles chamando sefardís, sefaraditas ou sefarditas, sen importar en que parte do mundo nazan. Pese á expulsión da Península Ibérica, os exiliados sefardís atoparon refuxio en sitios tan diversos como o Magreb, Exipto e Italia, Grecia e Turquía, Siria e Terra Santa, Holanda e o Novo Mundo.[21]

Unha das linguas faladas polos sefardís é xudeoespañol ou ladino, que é un dialecto castelán. Os sefaradís posúen costumes ancestrais e un rito relixioso hebraico que lles é propio. En 1924, o xeneral Primo de Rivera concedeu a cidadanía española aos xudeus sefardís por "razóns históricas", o cal salvou moitas vidas durante a segunda guerra mundial. Así, en plena segunda guerra mundial, o cónsul Ángel Sanz Briz (1910-1980) (chamado O Anxo de Budapest) puido salvar en Hungría a miles de xudeus do Holocausto, declarando que os xudeus sefardís eran cidadáns españois e xa que logo tiñan apoio total do seu goberno. Para salvar aínda máis vidas, Sanz Briz fixo pasar a moitos non sefardís por sefardís.

En 1991, Yad Vashem (Museo do Holocausto en Israel) distinguiu as accións de Sanz Briz, concedéndolle a través dos seus herdeiros o título de Xusto entre as Nacións e inscribindo o nome do cónsul español no memorial da Shoá. En 1994 o goberno húngaro concedeulle a título póstumo a Cruz da Orde do Mérito da República Húngara. Sanz Briz foi o primeiro diplomático español que apareceu nun selo de correos de España.

Mizrajim ou edot hamizraj

[editar | editar a fonte]

Mizrají (mizrajim en plural) é o nome dado ás comunidades xudías que inmigraron dos países do Oriente Medio, notablemente do Iemen, Iraq e Irán. Moitos os denominan erroneamente sefaradim dentro do mesmo Israel, aínda que nada teñen que ver coa Península Ibérica.

O termo correcto para denominalos en hebreo é edot hamizraj (comunidades do Oriente). Toman a súa interpretación dos preceptos das escolas rabínicas de Babilonia. Son os xudeus do mundo árabe e iranio.

Véxase tamén: Asquenací, Mizrají e Sefardí.

Linguas xudías

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Linguas xudías.
Eliezer Ben-Yehuda.
Lingua e desterro
Exemplar da Gazeta de Ámsterdam publicado en Holanda o 12 de setembro de 1672. Os hebreos de Ámsterdam imprimían un xornal que mostra, en primeira plana, o interese da comunidade xudía polo que sucedía nese entón en Madrid e, lía ademais as noticias en castelán logo de 180 anos de ser expulsada do seu chan ancestral (1492). Museo Casa das Diásporas, Tel Aviv.[22]

Tradicionalmente, coñécese como lingua hebrea á lingua litúrxica do xudaísmo (tamén coñecido como lashon ha-kodesh, 'lingua santa'), a linguaxe no que o Tanakh foi escrito, a fala dos xudeus durante séculos e, xunto co árabe, unha das dúas linguas oficiais do Estado de Israel.

Tal e como o coñecemos hoxe, o hebreo (ou hebreo moderno) é froito da obra do lingüista Eliezer Ben-Yehuda que chegou a Palestina en 1881 e reviviu unha lingua que unicamente se utilizaba nos servizos relixiosos xudeus e que en termos de fala quedara en desuso durante máis de dezaseis séculos.[23]

Por outra banda, os xudeus que inicialmente se asentarón en diversas localidades diaspóricas desenvolveron ás veces modos de comunicación propios e incorporaron vocábulos hebreos nas linguas vernáculas. Iso dáse no ladino dos xudeus da Península Ibérica e o yiddish dos xudeus da Europa Central.[24]

Con todo, aqueles que estabán preparados, dominaron tanto o hebreo como a lingua local, ou as linguas locais; non poucos xudeu exercerón ademais como tradutores. Achega do xudeoespañol como fenómeno socio-cultural e identitario, escribiu García-Pelayo y Gross no século XX:

Dícese dos xudeus expulsados de España no s. XV e que conservan en Oriente a lingua e as tradicións españolas. A expulsión dos xudeus [...] fixo saír da Península ibérica a gran número de familias, sobre todo de Andalucía e de Castela, que se foron a establecer nos países do Mediterráneo oriental dominados polos turcos, onde formaron colonias que subsistiron ata os nosos días, especialmente en Exipto, Alxeria, Marrocos, Turquía, Grecia, Bulgaria [...]. Ditas familias, compostas en xeral de elementos sefardís de bo nivel social, mantiveron a súa relixión, as súas tradicións, a súa lingua e aínda unha literatura propia durante catro séculos e medio. O castelán que transportaron, o de Castela e Andalucía de fins do século XV, afastado de todo contacto co da Península, non participou da evolución sufrida polo de España e o da América colonial española. A súa fonética presenta algunhas formas arcaicas, pero non dexeneradas; o seu vocabulario ofrece contadas contaminacións hebreas, gregas, italianas, árabes, turcas, segundo os países de residencia. O xudeoespañol constitúe, pois, un dos máis notables exemplos do mantemento dunha lingua por un grupo social desterrado, bastante forte socialmente para resistir a asimilación lingüística.[25]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Cifras históricas de poboación xudía

Antes da segunda guerra mundial a poboación xudía do mundo era de aproximadamente 18 millóns. Logo da Shoáh a poboación xudía mundial reduciuse a 12 millóns. A Jewish Virtual Library indica que existen aproximadamente 15 millóns de persoas xudías no mundo e que elas habitan en non menos de 134 países.[1]

Poboación xudía no mundo

[editar | editar a fonte]

A cifras provistas a continuación representan os estimativos mínimos da poboación xudía mundial e que equivalen ao 0,2 por cento da poboación mundial total.[1]

Policía xudeu ucraíno.
Deportista sefardí.
Familia xudía de Cochin.
Comediante xudía honoluluense.
Cativo etíope xudeu.
Xudeus chineses.
Steven Spielberg, director e produtor asquenací.
Rapazas xudeas caucásicas.
Estudantes xudeus de Samarcanda.
Soldado israelí, Asael Lubotzky.
Persoas que se identifican como parte do pobo xudeu
País Cantidade de persoas.[1]
Israel 6.342.000.[26]
Estados Unidos de América Estados Unidos 5.700.000.[27]
Francia 475.000.[27]
Canadá 385.000.[27]
Reino Unido Reino Unido 290.000.[27]
Rusia Rusia 186.000.[27]
Arxentina 181.300.[27]
Alemaña Alemaña 119.000
Australia Australia 112.000.[28]
Brasil 93.300
Sudáfrica Suráfrica 70.200
Ucraína Ucraína 67.000.[29]
Hungría Hungría 48.200
México 39.200.[30]
Bélxica Bélxica 30.000
Países Baixos Países Baixos 29.200
Italia Italia 28.200
Chile 18.500.[31]
Suíza Suíza 17.500
Turquía Turquía 17.400
Uruguai 17.200.[27]
Suecia Suecia 15.000
Belarús Belarús 12.000
España España 12.000
Irán 10.200
Panamá 10.000.[27]
Romanía Romanía 9.500
Venezuela 9.500
Acerbaixán 8.800
Nova Zelandia Nova Zelandia 7.500
Dinamarca Dinamarca 6.400
Letonia Letonia 6.200
India India 5.000
Grecia Grecia 4.500
Uzbekistán 4.200
Moldova Moldova 3.900
República Checa República Checa 3.900
Casaquistán 3.300
Lituania Lituania 3.200
Polonia Polonia 3.200
Xeorxia Xeorxia 3.000
Eslovenia Eslovenia 2.600
Colombia 2.500
Costa Rica 2.500
China 2.500
Marrocos Marrocos 2.500
Bulgaria Bulgaria 2.000
Perú 1.900
Croacia Croacia 1.700
Porto Rico 1.500
Serbia Serbia 1.400
Finlandia Finlandia 1.300
Irlanda Irlanda 1.200
Xapón 1.000
Guatemala 900
Paraguai 900
Tunisia Tunisia 900
Ecuador 600
Bolivia 500
Cuba 500
Illas Virxes Estadounidenses 500
Kirguizistán 500
Quenia Kenya 400
Cimbabue Cimbabue 400
Bahamas 300
Singapur 300
Antillas Neerlandesas 200
Corea do Sur 200
Xamaica Xamaica 200
Suriname 200
Turkmenistán 200
Iemen 200
Exipto Exipto 100
O Salvador 100
Etiopía Etiopía 100
Filipinas 100
Namibia Namibia 100
Nixeria Nixeria 100
Congo República do Congo 100
República Dominicana 100
Siria 100
Taiwán 100
Tailandia 100
Cantidade de xudeus nos países restantes 900
Esta lista incorpora exclusivamente países con máis de 100 habitantes que declararon ser xudeus ou se perciben a si mesmos como tales.[27]
Artigo principal: Israel.
Áreas urbanas con maior poboación xudía[32]
Posición Cidade Poboación xudía
1 Tel AvivGush Dan 2.575.000
2 Nova York 2.051.000
3 Os Ánxeles 668.000
4 Haifa 597.000
5 Xerusalén 575.000
6 Miami 498.000
7 Bersebá 315.000
8 ParísIlla de Francia 310.000
9 Filadelfia 285.000
10 Chicago 265.000

Israel é o único país no que os xudeus constitúen a maioría da poboación. Israel independizouse do mandato británico de Palestina o 14 de maio de 1948. Desde entón, a poboación xudía en Israel aumentou en preto dun millón de persoas por década, entre inmigrantes e nados israelís, no que supuxo un dos cambios de poboación máis importantes do pobo xudeu durante 2.000 anos.

Durante os sesenta anos de existencia de Israel, inmigraron xudeus de diferentes países: superviventes do Holocausto, xudeus sefardís, xudeus mizrahims, xudeus persas, xudeus do Iemen, da India, xudeus etíopes, xudeus de Suráfrica etc. Na década 1990 preto dun millón e medio de xudeus chegaron a Israel procedentes da extinta Unión Soviética.

Comunidades xudías no mundo

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Diáspora.
Voda xudía en Alepo, 1914.
Relevo de Beth Hatefutsoth cos Expolios de Xerusalén, século I E.C.[33] Esta imaxe foi frecuentemente empregada como marca emblemática do inicio da Diáspora xudía, resultando ela supostamente do castigo enviado aos xudeus polo Creador encolerizado a raíz dos pecados do seu pobo.[34] Con todo, a presenza de comunidades xudías noutros contextos xeográficos debeuse nalgúns casos á propia vontade dalgúns xudeus de permanecer fóra de Israel, datando iso polo menos sete séculos antes do episodio aquí ilustrado.[35] Máis aló da destrución do Templo, o certo é que historicamente os xudeus obtiveron dereitos de cidadanía dentro do Imperio romano, onde mantiveron as súas tradicións e ademais prosperaron.[36]

Hoxe en día a maior comunidade xudía da diáspora atópase nos Estados Unidos, con preto de 5,2 millóns de xudeus. En toda América hai grandes comunidades xudías, sendo extensas as da Arxentina, Brasil, Canadá, México e máis pequenas en Chile,[37] Panamá, Uruguai, Venezuela e outros países.

En Europa Occidental a maior comunidade xudía atópase en Francia cuns 500.000 xudeus aproximadamente, a maioría deles ou os seus descendentes procedentes de países árabes de África do Norte, como Alxeria, Marrocos ou Tunisia. No Reino Unido viven preto de 265.000 xudeus. Na Europa do leste, habitan ao redor de 400.000 xudeus en Rusia (aínda que existen datos estimativos máis altos) e decenas de miles en países do antigo Bloque soviético.

Os países árabes de África do Norte e de Oriente Medio tiñan en 1945 unha poboación xudía de preto de 900.000 habitantes.[38] Trala independencia de Israel, a maioría dos xudeus destes países, como consecuencia da persecución á que se viron sometidos e debido a factores económicos e culturais, emigraron a Israel, Norteamérica e Europa na década dos '50 (véxase Éxodo xudeu de países árabes). Hoxe en día, preto de 8.000 xudeus seguen vivindo nestes países, a maioría en Marrocos e Tunisia. Caso especial é o de Irán, país non árabe pero musulmán, que ten unha poboación de pouco máis de 10.000 xudeus fronte aos 100.000 que posuía antes da revolución islámica de 1979.

Fóra de Europa, Asia e América existen comunidades xudías considerables en Australia e Suráfrica

O fin da "Diáspora". A noción de pobo xudeu no exilio (a miúdo denominada "a Diáspora" con maiúscula) puido haber ter sentido só antes da creación do moderno Estado de Israel. A partir da creación do mesmo en 1948, o uso do termo "Diáspora" en certo sentido volveuse obsoleto: Santiago Kovadloff explica que a súa orixe é de orde relixiosa e o mesmo foi a miúdo empregado para xustificar a condición de exilio no caso dos israelitas, quen en varias oportunidades víronse obrigados a deixar a Terra de Israel para subsecuentemente asentarse en territorios estranxeiros. Iso deu notoriedade á descrición do pobo xudeu como unha "nación apátrida" durante case dous mil anos. Con todo, demostra Kovadloff, o pobo xudeu de feito coñeceu numerosas ondas emigratorias antes, durante e logo da existencia do calquera dos Estados hebreos autónomos da Antigüidade. É a raíz diso que, a partir de 1948, segundo Kovadloff, resulta inadecuado denominar "Diáspora" á condición de todos aqueles xudeus que viven fóra de Israel: israelitas ou israelís, o certo é que na gran maioría dos casos eles non son forzados a vivir fóra de Israel; e, de desexalo, moitos deles poderían establecerse alí; mais -afirma Kovadloff desmitificando a tradición relixiosa- se non o fan, iso non se debe a que hoxe en día tal proceder lles sexa impedido, senón porque parte considerable deles opta por vivir fóra de Israel.[39]

Cambios de poboación

[editar | editar a fonte]
Moses Mendelssohn, fundador da Haskalá ou Ilustración xudía.
  • Asimilación. Xa desde a Antigüidade houbo xudeus que se asimilaron á sociedade non xudía que os rodeaba. Esta asimilación, que puido pola forza ou por libre elección, consistía, basicamente, en deixar de practicar o xudaísmo e ata rexeitar a identidade xudía propia. Algunhas comunidades xudías desapareceron completamente debido á asimilación[40] Con todo, como consecuencia das persecucións ás que se viron sometidos os xudeus durante a maior parte do milenio pasado nas que se lles prohibía integrarse coa sociedade non xudía, a asimilación non era un fenómeno alarmante dentro do pobo xudeu. A chegada da Haskalá no século XVIII e a consecuente emancipación dos xudeus en Europa e América no século seguinte cambiou a situación, o que permitiu a numerosos xudeus participar e ser parte da sociedade secular. Iso, xunto co nacemento de correntes xudías afastadas da ortodoxia tradicional, como o reformismo, moito menos esixentes en canto á interpretación da Torá, ha ter como resultado un aumento considerable da asimilación, cuxa principal característica é o matrimonio mixto, isto é, xudeus que contraeron matrimonio con non xudeus. Nos Estados Unidos, onde reside a comunidade xudía máis numerosa logo de Israel, hai preto dun 50% de matrimonios mixtos.[41] Xa que, segundo a lei xudía, para ser xudeu hase de ter nai xudía, a maioría dos fillos destes matrimonios deixan de ser xudeus. Ademais, perden tanto a idea de pertenza a un colectivo concreto (xudeu) como as tradicións relixiosas dos seus proxenitores. Isto provoca un descenso considerable na poboación xudía. Hai quen denominan este fenómeno como "holocausto silencioso".[42]
  • Persecucións e matanzas. Ao longo da historia, numerosos conquistadores, imperios e nacións oprimiron aos xudeus ou intentaron eliminalos completamente. Os métodos empregados han ir desde a mera expulsión ata o xenocidio. De acordo con James Carroll, ”os xudeus representaban o 10% da poboación total do Imperio Romano [...] hoxe deberían ser aproximadamente 200 millóns”.[43] Exemplos pertinentes a esta categoría inclúen as persecucións durante as guerras xudeu-romanas, as Cruzadas, os masacres de poboacións xudías en Ucraína polos cosacos de Bohdan Chmielnicki, os pogroms en Rusia e o Holocausto, no que foron asasinados seis millóns de xudeus, incluíndo un millón e medio de nenos.

Condición paradoxal

[editar | editar a fonte]

Segundo o demógrafo Sergio Della Pergola a condición do pobo xudeu en tempos modernos "é un paradoxo, por unha banda o antisemitismo é un mal que crea un mecanismo de defensa colectivo, e por outro, a emancipación arrastra o prezo da asimilación".[44]

Teoría e investigación recentes

[editar | editar a fonte]

O historiador Shlomo Sand sostivo que a diáspora xudía non foi un éxodo masivo, senón de só uns poucos miles de xudeus (como máximo). Explicou a existencia de xudeus en diversas partes de Europa, África e Asia como o froito de conversións ao xudaísmo.[45] As poboacións de Europa oriental, segundo Sand, terían orixe nos xázaros, un pobo turco procedente da Asia central que se converteu ao xudaísmo cara ao século VIII.[46]

Con todo, foi demostrado que as poboacións xudías asquenacís, sefardís e de oriente medio atópanse máis relacionadas xeneticamente entre si que para cos seus concidadanos,[47] existindo relativamente poucas mesturas nas poboacións xudías, pero presentando estas considerable parentesco xenético cos demais pobos do levante mediterráneo.[48]

Xudeus galardoados co Premio Nobel

[editar | editar a fonte]
Bulevar dos Laureados co Premio Nobel.
«Rishon LeZion homenaxea os xudeus laureados que trouxeron progreso á humanidade e honor á nosa Nación.»
Rishon LeZion, Israel, 2004.

O Premio Nobel é un evento anual internacional outorgado por primeira vez en 1901 por logros en Física, Química, Fisioloxía ou Medicina, Literatura e Paz. Un premio asociado de Economía entrégase desde 1969.

O Premio Nobel foi concedido a máis de 850 persoas, das cales 194 son xudías.[49] Aínda que o pobo xudeu representa tan só un 0,2% da poboación mundial (1 persoa por cada 500 habitantes do planeta), os xudeus constitúen o 20% do total dos premiados.[50] David Brooks indicou nun artigo publicado no New York Times en xaneiro do 2010 que:

Os xudeus constitúen un grupo que logrou tanto resultados como fama. Eles alcanzan [só] o 0.2 % da poboación mundial, pero [con todo representan] o 54 % dos campións mundiais en xadrez, o 27 % dos laureados co Premio Nobel en física e o 31 % dos galardoados en medicina. Os xudeus forman o 2 % da poboación estadounidense, pero [constitúen] o 21 % da liga estudantil, o 26 % dos premiados do Centro Kennedy, o 37 % dos directores de cinema gañadores de Premios Óscar na Academia de Hollywood; o 38 % dos filántropos líderes [i.e., sobresaíntes] na recente[mente publicada] lista de Business Week, [así como tamén] o 51 % dos gañadores do Premio Pulitzer no campo da non-ficción.[51]
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Datos ano 2014.Jewish Virtual Library (Sergio Della Pergola, World Jewish Population, 2014; The American Jewish Year Book, Dordrecht: Springer, 2012, pp. 212-283); consultado 17 de xaneiro de 2015.
  2. Yaron Druckman, "Israel's population crosses 8 million mark", Ynetnews, 14 de abril de 2013 (accedido 16 de xullo de 2014). A cifra non inclúe 300.000 israelís étnicos xudeus a quen a Halajá e leis rabínicas aínda aplicadas en Israel non os recoñecen como tales (caso contrario, esta sería 6.342.000 habitantes).
  3. Élisabeth Roudinesco, A vueltas con la cuestión judía (2009), Barcelona: Anagrama, 2011.
  4. Población judía estimada Arquivado 19 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. en Cidipal (en castelán)
  5. 5,0 5,1 É dicir, a relación proporcional é tres veces menor que en 1945. A noción é sostida polo demógrafo de orixe italiana Sergio Della Pergola (Elías L. Benarroch, 70 Anos despois, hai menos xudeus que antes do Holocausto-no medio de cambios demográficos, o Estado de Israel recorda a vítimas do nazismo, A Voz, 8 de abril de 2013, segundo este artigo: "A poboación xudía no mundo segue moi por baixo da súa cifra en 1938 e só logrou crecer en Israel, onde acaba de superar a simbólica cifra de seis millóns. [...] Os xudeus representan hoxe ao redor dun 0,002 por cento da poboación mundial, tres veces menos proporcionalmente que en 1945").
  6. Detalle das portas de acceso ao Hospital Bikur Jolim, Xerusalén. Traballo en relevo realizado por Ze'ev Raban en 1925.
  7. Áreas de incidencia hebrea ao comezo da monarquía dividida:
    Este mapa foi desenvolvido pola American Bible Society en 1888, considerando o estado de ambos reinos no 928 a.C., ano en que morreu o rei Salomón. A Franxa de Gaza aparece no mapa como parte do Reino de Xudá e iso débese a que os autores do mesmo consideraban que os filisteos eran un pobo que posuía cidades-estado, no canto dunha unidade territorial. O mapa en cuestión ten por fin só ilustrar de modo xeral e aproximativo as áreas de incidencia de cada un dos reinos hebreos.
  8. Na lingua hebrea, יְהוּדָה—Yeudá é o término aínda empregado para referirse a Xudea; así, os territorios de Xudea e Samaria son coñecidos en hebreo como Yehudá ve-Shomrón (יהודה ושומרון).
  9. Jewish Encyclopedia: "Jew"; consultada 17 de xaneiro de 2015.
  10. 10,0 10,1 Tradución a partir da Biblia hebrea: Yirmiyahu 43 versión empregada polo xudaísmo.
  11. 2 Reyes 16:3, "... nacións que Xehová botou fora dos fillos de Israel" (Reina-Valera 1995), con base na Biblia hebrea: " הַגּוֹיִם אֲשֶׁר הוֹרִישׁ יְהֹוָה אֹתָם מִפְּנֵי בְּנֵי יִשְׂרָאֵל" (Melachim II: 16), consultados 18 de xaneiro de 2015
  12. 12,0 12,1 Jewish Encyclopedia: Jew O termo é empregado no Libro de Ester e, contrariamente á crenza popular que sostén que a Diáspora xudía tivo lugar só logo da destrución do Templo de Herodes no ano 70 E.C., a presenza dos xudeus en diversas localidades do mundo antigo remóntase, como mínimo, ao momento en que, habendo Ciro o Grande promulgado un edicto que permitía o regreso dos xudeus á súa terra no ano 537 a.C., parte deles permaneceu en Mesopotamia, en tanto que:
    Logo de corenta e nove anos de cativerio en Babilonia, decenas de miles de xudeus regresaron a Xudea baixo a dirección do príncipe Zorobabel e do Sumo Sacerdote Xesuá (537). Pouco despois empezaron a afluir, de retorno á súa patria, moitos hebreos dispersos por outros países: de Exipto, da Asia Menor e das illas do Mediterráneo (Simón Dubnow, Manual de la Historia Judía, Buenos Aires: Sigal, 1977, p. 179).
  13. 13,0 13,1 13,2 Ben Obed, "¿Qué es ser hebreo?", Mercabá, sen datar (accedido 21/01/2015).(en castelán)
  14. A diferenza dos numerosos e variopintos deuses das relixións politeístas da Antigüidade.
  15. Ruth, quen era por orixe moabita, é un dos varios exemplos bíblicos onde se dá un matrimonio entre os hebreos e xente doutros pobos.Dujovne, León (1980). Ediciones Nueva Presencia, ed. El judaísmo como cultura (en castelán). p. 174. 
  16. Quinto libro de Moisés llamado Deuteronomio (en castelán)
  17. "Jewishness and Marilyn Monroe Religion in American History, 2010; consultado o 25 de xaneiro de 3025.
  18. Pícaro xudeu húngaro, c. 1900. Cadro de Isidor Kaufmann (1853?1921), titulado Retrato dun mozo, preservado en Joods Historisch Museum, Ámsterdam.
  19. Retrato do rabino David de Sola (1885-1970), fotografía.
  20. Xudeu iemenita orando, 1914. Imaxe publicada no National Geographic Magazine, marzo de 1914.
  21. En Italia, principalmente nos Estados Pontificios e Venecia. Algúns dos hebreos expulsados acompañaron aos conquistadores ao Novo Mundo, instalándose en diversos puntos de América.
  22. A historia dos xudeus en Sefarad (hebreo: España) remóntase aos tempos da Antigüidade e involucra aos súbditos do rei Salomón e a outros tantos exiliados do Reino de Xudá (Toledo, Sinagoga do Tránsito, La vida judía en Sefarad, novembro 1991-xaneiro 1992; publicación de o Ministerio de Cultura de España, pp. 19-20).
  23. T.V. Parfitt, "The Use of Hebrew in Palestine 1800–1822", Journal of Semitic Studies, 1972.
  24. Outras linguas menores son o xudeu-arameo, xudeu-persa e xudeu-árabe.
  25. Ramón García-Pelayo y Gross, Pequeño Larousse Ilustrado, Buenos Aires e México: Larousse, 1977, pp. 603-604.
  26. Yaron Druckman, "Israel's population crosses 8 million mark", Ynetnews, 14 de abril de 2013 (aceso 7 de febreiro de 2015). A cifra inclue 300.000 israelís étnicos xudeus a quen aínda a Halajá e leis rabínicas aplicadas en Israel non recoñecen como tales.
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 27,4 27,5 27,6 27,7 27,8 Jewish Virtual Library (Sergio Della Pergola, Jewish World Population, Universidad Hebrea de Xerusalén, 2012; The American Jewish Year Book, Dordrecht: Springer, 2012-2014, pp. 212-283); consultado 20 de xaneiro de 2015.
  28. Department of Immigration and Citizenship (DIMA), 1996 Census: "126.000"
  29. En 2007, a axencia xudea local estimaba entre 250.000 e 500.000 persoas.
  30. Jewish Virtual Library (Sergio Della Pergola, World Jewish Population, 2012; The American Jewish Year Book, Dordrecht: Springer, 2012, pp. 212-283); consultado 8/02/2015. Anteriormente, en 2009, Santon consideraba haber uns 40.000 xudeus en México (Vivienne Stanton, "The Many Faces of Jewish Mexico", Inside Mexico, 2009 Arquivado 12 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.; consultado 8/02/2015); iso é consonante coas cifras provistas por Della Pergola en 2012.
  31. Jewish Virtual Library, consultada 26 de outubro de 2014.
  32. Datos a 01/01/2002 da Axencia Xudía para Israel, Sergio DellaPergola, "World Jewish Population 2002", American Jewish Year Book, 102, New York, 2002. http://www.jafi.org.il/education/100/concepts/demography/demtables.html#10 Arquivado 13 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  33. Trátase neste caso dunha réplica dun relevo romano, cuxo orixinal atópase no Arco de Tito.
  34. Desde xa moito antes do ano 70 E.C., parte do pobo xudeu vivía en Israel e parte no exterior.
  35. Dentro da historia xudía, exemplo notable diso é o sucedido en Mesopotamia unha vez acabada a catividade en Babilonia no 537 a.E.C.: no canto de regresar a Xerusalén, parte da comunidade xudía permaneceu no Crecente Fértil, desde entón e ata o século XX E.C., é dicir, non menos de 2500 anos.
  36. Diversos vestixios arqueolóxicos achados na conca mediterránea, así como noutras rexións euroasiáticas, dan testemuño da existencia de importantes e poderosas comunidades xudías nun período que abarca desde a Captividade en Babilona no século VI a.E.C. ata (como mínimo) a adopción do cristianismo como relixión oficial do Imperio romano no século IV E.C.
  37. "Museo Tuvie Maizel". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2012. Consultado o 04 de abril de 2015. 
  38. Jewish Refugees from Arab Countries, Jaqueline Shields. (en inglés)
  39. Santiago Kovadloff, La extinción de la diáspora judía, Buenos Aires: Emecé, 2013.
  40. Tal é o caso da comunidade xudía de Kaifeng, China; ver "Xudeus de Kaifeng".
  41. "The National Jewish Population Survey 2000-01. Strength, Challenge and Diversity in the American Jewish Population" (en inglés). setembro 2003. 
  42. DelaCole (ed.). "La voz judía: ¿cómo frenar la asimilación?" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 25 de xullo do 2015. .
  43. James Carrol, Constantine Sword ISBN 0-395-77927-8 p.26.
  44. A raíz diso, Della Pergola insta a aplicar políticas sociais e educativas efectivas dentro das comunidades xudías (Elías L. Benarroch, 70 Anos despois, hai menos xudeus que antes do Holocausto. No medio de cambios demográficos, o Estado de Israel recorda a vítimas do nazismo , La Voz, 8 de abril de 2013; accedido 15 de agosto do 2015). (en castelán)
  45. Entrevista con Shlomo Sand no diario Público en xuño de 2008 Arquivado 29 de xullo de 2010 en Wayback Machine..
  46. El fantasma de los xázaros, La Nación, 14 de agosto de 1999 Arquivado 19 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
  47. SAFED-TZFAT-ZEFAT , 6 de xaneiro de 2011.
  48. Los genes judíos. (en castelán)
  49. Nobel Foundation (ed.). "All Nobel Laureates". Consultado o 1 de marzo de 2010. ; Baruch Shalev, 100 Years of Nobel Prizes, 2005, p. 57; "A remarkable week for Jewish Nobel Prize winners", The Jewish Chronicle, 10 outubro 2013.
  50. O 20% é o mínimo considerado polos diferentes autores; tal porcentaxe, segundo os diferentes anos, chegou a alcanzar o 25% e ata o 27% do total dos premiados. Stephen Mark Dobbs, "As the Nobel Prize marks centennial, Jews constitute 1/5 of laureates", 12.10.2001; "One-of-five Nobel Prize Laureates are Jewish", Israel High-Tech & Investment Report, deciembre de 2004 (consultado 15.2.2010); Baruch Shalev, 100 Years of Nobel Prizes, 2005, p. 57; Jonathan B. Krasner y Jonathan D. Sarna, The History of the Jewish People: Ancient Israel to 1880's America, Behrman House Inc., 2006, p. 1; Lawrence E. Harrison, The Central Liberal Truth: How Politics Can Change a Culture and Save It, Oxford University Press, 2008, p. 102; "A remarkable week for Jewish Nobel Prize winners", The Jewish Chronicle, 10 octubre 2013: "Jews have won more than 20 per cent of the 850-plus prizes awarded, despite making up just 0.2 per cent of world’s population."
  51. David Brooks, "The Tel Aviv Cluster", The New York Times, 11 de xaneiro de 2010, p. A23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Della Pergola, Sergio. World Jewish Population: The American Jewish Year Book, Universidad de Connecticut, 2012 -PDF.
  • Roudinesco, Élisabeth. A vueltas con la cuestión judía (2009), Barcelona: Anagrama, 2011.
  • Paul Johnson (2010). La historia de los judíos (A History of the Jews, 1987). Zeta Bolsillo. ISBN 978-84-96581-89-0. 
  • Juan Pedro Cavero Coll (2007). El pueblo judío en la historia. Lulu Enterprises Incorporated,. ISBN 978-1-84799-732-6. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]