Alsacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alsacia
Elsass
Alsace
Bandeira de Alsacia Escudo de Alsacia
Bandeira Escudo
Himno: Elsässisches Fahnenlied
 
Alsace-Position.png
 
Estado Francia Francia
Capital
 • Poboación
Estrasburgo
272.975 (2006)
Linguas
 • Oficiais
Alsaciano, francés
Francés
Estatus
 • President
Consello Rexional
Philippe Richert (UMP) (2010-)

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 23º
8.280 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 13º
1.847.604 (2006)
223 hab./km²
Xentilicio Alsaciano/a
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .fr
Código ISO
Sitio web oficial
Subdivisións de Francia

A Alsacia[1][2][3] (en alsaciano e alemán: Elsass; en francés: Alsace) é unha rexión administrativa de Francia, localízase ao leste do país, xunto ás fronteiras alemá e suíza. A súa capital e maior cidade é Estrasburgo.

A rexión foi obxecto de conflitos e disputas continuos entre Francia e as diferentes entidades de Alemaña, cambiando sucesivamente de soberanía a partir dos períodos que seguiron aos enfrontamentos armados entre ambas as nacións e que finalizaron en 1871, 1918 e 1945. O proceso de reconciliación franco-alemá xurdido tras o desastre humano, material e moral provocado pola Segunda Guerra Mundial e que impulsou o nacemento e desenvolvemento dende a segunda metade do século XX da Unión Europea, converteu á rexión nun símbolo da paz e a unión política do continente, acollendo no seu capital a sede de importantes institucións e organismos internacionais de Europa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista da canle do río Bruche

A superficie de Alsacia é de 8.280 km², sendo a menor rexión da Francia metropolitana, sendo a súa lonxitude de aproximadamente catro veces a súa largura, estendéndose sobre unha chaira (Pleine d'Alsace) entre o río Rin ao leste e as montañas dos Vosgos a oeste.

O val de Alsacia é unha zona de afundimento tectónico centrada axialmente na falla pola cal discorre o Rin. Ao leste de tal río delimítalle a Selva Negra e ao sur o conxunto dos montes de Xura previo o hiato xeográfico que se produce no true de Belfort e no amplo desfiladeiro do Lomont. Tal gran val entre os Vosgos e o Xura coñécese como a Porta dos Burgundios. Posúe diversas masas forestais, principalmente nos Vosgos e no Bas-Rhin. Diversos vales tamén embelecen a rexión. O seu mais alto cumio é o Ballon d'Alsace, no Haut-Rhin, que culmina a 1.426 m.

A Alsacia ten un clima semicontinental con invernos fríos e secos e veráns quentes. Hai pouca precipitación pluviométrica debido á protección dos Vosgos ao oeste. A cidade de Colmar ten un microclima seco: é a segunda cidade máis seca da Francia (logo de Perpiñán), cunha precipitación anual de soamente 550 mm, o que a converte en ideal para o cultivo da vide e a produción do viño da Alsacia (vin d'Alsace).

Administración[editar | editar a fonte]

A rexión de Alsacia divídese en dous departamentos (départements): o Haut-Rhin (Alto Rin) ao sur e o Bas-Rhin (Baixo Rin) ao norte. Ten fronteiras internacionais ao norte e leste con Alemaña e ao sur con Suíza. Cara ao oeste limita coa rexión francesa de Lorena, e ao sudoeste, coas do Franco Condado e o seu pequeno departamento de Belfort, historicamente administrado por Alsacia.

As vilas alsacianas[editar | editar a fonte]

As principais cidades da rexión de Alsacia son[4]:

1Estas cidades forman parte da Comunidade Urbana de Estrasburgo.

Historia[editar | editar a fonte]

Castelo de Haut Koeningsbourg
Sinagoga de Estrasburgo queimada polos nazis

En tempos prehistóricos, habitaban Alsacia tribos nómades de cazadores, mais por volta de 1500 a.C. os Celtas comezaron a estabelecerse na rexión cultivando a terra. Por volta de 58 a.C., os romanos invadiron e estableceron a Alsacia como un centro de viticultura que para protexer esta valiosa actividade construíron fortificacións e campos militares que se transformaron en diversas comunidades, habitadas sen interrupción ata hoxe.

Coo declive do Imperio Romano, a Alsacia tornouse un territorio controlado polos alamanes, un pobo agrícola cuxa lingua formou as bases do moderno alsaciano. Os francos expulsaron os alamanos da rexión durante o século V e a Alsacia tornouse entón parte do Reino da Austrasia, permanecendo baixo control franco ata que o reino se disolveu oficialmente en 843, co Tratado de Verdún.

Logo desta época tornou entón a ser parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, ficando baixo a administración dos Habsburgo de Austria ata que foi cedida a Francia ao remate da Guerra dos Trinta Anos en 1648. Durante esta época Alsacia tivo unha gran prosperidade, sobre todo durante os séculos XII e XIII, baixo a administración dos Hohenstaufen, mais esa prosperidade rematou no século XIV cunha serie de invernos rigorosos, pésimas colleitas e a Peste bubónica. Estas dificultades foron atribuídas aos xudeus, levando ás terribles matanzas de 1336 e 1339. Durante o Renacemento, a prosperidade retornou á Alsacia baixo a administración dos Habsburgo.

Alsacia, xunto con Lorena, foi durante séculos obxecto de disputas e guerras entre Alemaña e Francia. Dende o ano 500 a área estaba poboada principalmente por unha poboación de orixe e lingua xermánicas, que loitou contra a imposición da lingua e costumes francesas (mostrando que ese territorio é esencialmente xermánico), mais sendo dúas rexións finalmente anexadas polos franceses durante o reinado de Luís XIV. As dúas rexións pasaron á Alemaña despois da Guerra Franco-Prusiana de 1870, causando a emigración (estimada) de 50.000 persoas (dun total de 1 millón) para Francia, permanecendo Alsacia como parte de Alemaña ata o final da Primeira Guerra Mundial, cando a cedeu de volta a Francia no Tratado de Versalles. Algúns, non obstante, como o presidente dos Estados Unidos da América Woodrow Wilson, consideraban que a rexión debería ser independente e autónoma, pois a súa Constitución definía que estaba suxeita unicamente á autoridade do Kaiser, e non do Estado Alemán (os alsacianos defendían a anexión ao Grande Imperio Alemán).

Despois da Primeira Guerra Mundial, os habitantes que viñeran doutras partes da Alemaña foron expulsados e a identidade xermánica foi reprimida cunha política sistemática de prohibición do uso do alemán e dos seus dialectos, e a obriga do uso do francés como lingua vernácula, o que provocou o enfado dos alemáns buscando vinganza durante a Segunda Guerra Mundial. Curiosamente, a rexión non foi obrigada a recoñecer as leis promulgadas en Francia entre 1870 e 1918, tales como a lei de separación entre a Igrexa e o Estado.

Durante esta guerra a rexión foi finalmente anexada pola Alemaña e absorbida pola rexión alemá do Baden, e a Lorena pola do Saarland. Nótese o estatuto diferente da situación do resto da Francia, que foi ocupada pola Alemaña. Con iso, os alsacianos foron obrigados a se alistar nas forzas armadas alemás, como calquera cidadán, sendo moitos enviados á Fronte rusa, a fin de distancialos da rexión natal e cohibir as tentativas de deserción. Moitos desertaron, e as súas familias sufriron as consecuencias.

A rexión trocou de mans novamente en 1944, volvendo ao dominio francés, que restaurou a vella política de represión do período entre-guerras. Por exemplo, de 1945 a 1984 o uso da lingua alemá en xornais limitouse a un máximo do 25%. Nos últimos anos, coa dilución da consciencia nacionalista, a liberdade cultural foi gradualmente restablecida.

Datas importantes[editar | editar a fonte]

Política[editar | editar a fonte]

Estrasburgo, capital de Alsacia

A Alsacia é unha das rexións máis conservadoras da Francia. Foi unha das dúas rexións da Francia metropolitana onde a dereita gañou as eleccións rexionais de 2004, controlando así o Consello Rexional da Alsacia (conseil régional d'Alsace). O presidente do Consello Rexional é Adrien Celler, membro do partido governamental Union pour un mouvement populaire (Unión para un Movemento Popular) ou UMP. Os frecuentes trocos de status da rexión a través da historia deixou a súa pegada na política moderna cun interese particular en cuestións de identidade nacional. Alsacia é también unha das rexións máis pro-europeas, sendo unha das poucas rexións de Francia que votaron si á Constitución Europea en 2005.

A rexión alsaciana está dividida en dous departamentos (Bas-Rhin e Haut-Rhin), trece distritos departamentais, setenta e cinco cantóns e 904 comunas.

Economía[editar | editar a fonte]

Viñedos de Alsacia

Segundo o Institut National de la Statistique et des Études Économiques (INSEE), a Alsacia tivo un PIB de 44.300 millóns de euros en 2002 (3% do PIB francés). Cun PIB per cápita de 24.804 euros, é a segunda rexión máis rica da Francia, ocupando a Illa de Francia o primeiro lugar. O 68% dos empregos son no sector servizos (terciario) e o 25% na industria (secundario), sendo unha das rexións francesas máis industrializadas.

As actividades económicas máis importantes son:

  • A viticultura sobre todo ao longo da Ruta dos Viños da Alsacia, entre Marlenheim and Thann.
  • A colleita do lúpulo e a cervexa, producindo a metade da cervexa producida no estado, especialmente nas proximidades de Estrasburgo, en particular Strasbourg-Cronenbourg e Schiltigheim and Obernai.
  • Desenvolvemento forestal.
  • Industria automobilística (en Mulhouse).
  • Ciencias da vida, como parte do trinacional BioValley.
  • Cloruro de potasio (até finais do século XX) e a minería de fosfatos.

Alsacia ten moitos vínculos internacionais e o 35% das empresas son as empresas estranxeiras (sobre todo de Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Xapón e Escandinavia).

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación alsaciana incrementouse a 1.836.000 habitantes en 2008, medrando regularmente ao longo dos anos, excepto en tempos de guerra, tanto por crecemento natural como pola inmigración. Este crecemento acelerouse a finais do século XX. O INSEE estima que a poboación alsaciana crecerá dun 12.9% a 19.5% entre 1999 e 2030.

Cunha densidade de 222 hab./km², a Alsacia é a terceira rexión máis densamente poboada na Francia metropolitana. A poboación ten, na súa maior parte, orixe xermánica (a lingua alemá foi prohibida despois da I Guerra Mundial e hoxe son poucos os que a falan).

Cultura[editar | editar a fonte]

Historicamente, a rexión pasou de Francia cara a Alemaña en multitude de ocasións, o que resultou nunha rica mestura cultural. Alén diso, Alsacia beneficiouse da súa situación xeográfica central que a converteu nun dos lugares de paso das migracións humanas desde xa antes da Idade Media e lugar de confluencia das diversas tendencias do pensamento europeo, dende o humanismo e a reforma protestante até o movemento contemporáneo da construción da Unión Europea.

Lingua[editar | editar a fonte]

Moza coa vestimenta típica tradicional da Alsacia, caracterizada polo toucado en forma de papillon ou ás de bolboreta
Artigo principal: Lingua alsaciana.

Na rexión de Alsacia, o alsaciano refírese á lingua dialectal e o conxunto de variedades de orixe xermánico que se falan nela e que, a pesar de ser recoñecida entre as linguas de Francia, aínda non teñen un estatuto de lingua oficial. Os dialectos alemáns locais son o alsaciano e o franco. A pesar de que ambos poden ser distinguidos en francés (alsacien e francique), tendese a se referir a ambos como alsaciano. Ningún dos dous ten un estatuto oficial, a pesar de ambos seren recoñecidos como linguas da Francia.

A partir de 1648, coa asimilación progresiva de Alsacia ao reino de Francia e o resultante nacemento da rivalidade franco-xermana, o uso do alsaciano vese afectado as decisións políticas da administración de quenda que competirán fortemente pola instrución dos habitantes da rexión ao uso da lingua oficial, en detrimento todo iso do local. Cando a Alsacia estaba baixo control alemán de 500 a 1648, de 1871 a 1919 e de 1940 a 1944, o uso da lingua alemá era obrigatorio, sobre todo nestas últimas dúas etapas, nas que se chega a prohibir o uso de palabras de orixe francesa ao falar en alsaciano. Á súa vez as administracións francesas que impulsaron o uso da lingua de Molière até a anexión de 1871, renovárono con particular énfase dende 1919, chegando os seus partidarios máis intransixentes a considerar o alsaciano como unha lingua anti-patriótica.

A partir da década de 1960, no contexto da reconciliación franco-alemá, a recuperación do uso da lingua alsaciana, até entón en retroceso, foi o obxecto de interese da cultura alsaciana, co rexurdimento das representacións teatrais en alsaciano, o uso na televisión local ou o seu emprego por figuras relevantes da cultura alsaciana. Con todo, a nivel da administración do Estado francés dende 1992, coa intención de preservar a lingua alsaciana, existen clases bilingües paritarias na Alsacia, onde o ensino dáse metade en Hochdeutsch e metade en lingua francesa. Actualmente, representan aproximadamente un 5 % dos estudantes. No segundo grao (colexial), os alumnos poden pasar un diploma chamado 'Abibac, mistura do Abitur alemán e do Baccalauréat francés.

O alsaciano pode ser falado no xardín de infancia e pode ser ensinado ou falado na escola primaria, malia iso, a parte escrita faise en alemán, considerando que esta é a versión escrita común do conxunto de dialectos alsacianos. Porén, é considerado polo 95% dos alsacianos como a lingua rexional contra a un 1% que opina que é o alemán (sondaxe de Dernières Nouvelles d'Alsace, DNA, 22 de setembro de 1999), pode, no entanto, ser ensinado na gardaría e a escola primaria, pero permanece aínda como unha lingua de uso familiar maioritariamente.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Pastelaría alsaciana
Uvas Riesling

A cociña alsaciana, fortemente influenciada pola tradición culinaria alemá, caracterizase polo uso do porco en varios pratos. A lista de pratos tradicionais inclúe baeckeoffe, tartes flambées (Flammekueche), choucroute, e fleischnackas. O sur da Alsacia, tamén chamado Sundgau, é famoso pola súa carpe frite (carpa frita).

As festividades de fin de ano, contrariamente ao resto da Francia, inclúen a produción dunha gran variedade de biscoitos e pequenos bolos chamados brédalas, así como de pain d'épice (algo parecido ao pan de mel brasileiro), que son distribuídos aos nenos dende os mercados tradicionais nas festas do Nadal. Estes preparados de repostaría, como o Kugelhof, os pain d'épices e os brédalas, son característicos da gastronomía desta rexión.

Outro alicerce no que se asenta a gastronomía de Alsacia é a calidade dos produtos das terras alsacianas, algúns de gran prestixio internacional, como os seus viños de denominación ou as súas cervexas, e outros de uso local, como as carnes de aves, o foie gras, os caracois, coles e espárragos, o mel e a crema fresca, todos con clasificacións de calidade do organismo oficial francés. Outros produtos de renome local son as augas naturais das fontes dos Vosgos.

Alsacia é tamén a maior produtora de cervexa de Francia, grazas principalmente ás cervexarías na rexión de Estrasburgo. Entre elas, podemos citar as de Kronenbourg, Fischer, Heineken, Météor e Kanterbräu. O Schnapps (augardente) tamén se produce na Alsacia, mais está en declive porque as destilarías domésticas son menos comúns hoxe en día, e tamén porque o consumo de bebidas tradicionais, con forte contido alcohólico, diminúe drasticamente. Alén diso, tamén é coñecida polos seus zumes de froita e as súas augas minerais.

Viticultura[editar | editar a fonte]

Rexión vitícola por excelencia, os seus viños son principalmente brancos, tendo unha grande influencia xermánica. Tamén produce algúns dos máis destacados Rieslings secos do mundo, e é a única rexión de Francia a dar o nome da cepa ao viño, ademais da denominación xeral de Vins d'Alsace.

Aínda que son maioritariamente brancos, froito das uvas das variedades Riesling, Sylvaner ou Gewürztraminer, outros son tintos como o Pinot Noir. Parte da produción de caldos brancos derívase para a elaboración de viños polo método champenoise, protexidos coa AOC Crémant d'Alsace.

Costumes e tradicións[editar | editar a fonte]

Comparables no seu poder de convocatoria popular, os Winstub son a Alsacia o que os Pubs á Gran Bretaña. Porén, a diferenza destes últimos, os clientes van para gozar da gastronomía do lar, o seus vinos e terminar en tertulias, xa sea ao almorzo ou á cea.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Bandeira[editar | editar a fonte]

A bandeira alsaciana histórica está formada por dúas bandas horizontais, unha vermella e outra branca. Ten a súa orixe na forte presencia destas cores nos emblemas das familias nobres e das vilas do país. Durante o período 1871-1918, en que Alsacia pertenceu ao Imperio Alemán, esta bandeira era utilizada coma símbolo de Alsacia, sobre todo como reacción ás pretensións centralizadoras de Prusia. O 25 de xuño de 1912, o parlamento de Alsacia-Lorena adoptouna coma emblema nacional.

Actualmente, esta bandeira compite coa a oficial, calcada do escudo de armas alsaciano, de recente creación e sen ningún fundamento histórico. A bandeira alsaciana tradicional é coñecida en alsaciano como Rot un Wiss (en galego: vermello e branco).

Himno[editar | editar a fonte]

O himno de Alsacia é o Elsässisches Fahnenlied (Canto alsaciano da bandeira). Foi escrito en 1911 por Emil Woerth (1870-1926), e adoptado o mesmo ano como himno oficial de Alsacia-Lorena.

A cegoña[editar | editar a fonte]

Unha Cegoña Branca alsaciana

O símbolo da Alsacia é a cegoña branca, ave que tradicionalmente presentaba unha poboación elevada e unha presenza marcada nesta rexión comparativamente co resto de Francia, resultado posiblemente da súa situación nas vías de migración entre o norte de Europa e o África Occidental. Como en moitos outros lugares, en Alsacia as lendas e contos populares asocian á cegoña un simbolismo de fecundidade e fidelidade, ao traer os bebés ás familias.paxaro que, segundo as historias contadas aos nenos, traía os bebés ás familias.

Case extinta na rexión a finais dos anos 1970, e considerando o seu simbolismo, foi reintroducida comezando a repoboar os tellados das igrexas e o ceo da Alsacia. As cegoñas reintroducidas fixéronse sedentarias e xa non migran máis.

Outro símbolo atópase nas imaxes e iconas de Hansi, e as súas publicacións ilustradas de contos infantís de principios do século XX.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para alsaciano.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf. 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 124. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf. 
  4. Datos de 2006 do sitio web do INSEE

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]