Freimut Börngen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Freimut Börngen, nado o 17 de outubro de 1930, é un astrónomo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Börngen estudou as galaxias cun telescopio Schmidt do Observatorio Karl Schwarzschild en Tautenburg, Turinxia, Alemaña. Retirouse en 1995, aínda que continúa o seu traballo de astrónomo como afeccionado.

Froito do seu traballo descubriu un gran número de asteroides (519 ata xullo de 2006). A procura dos asteroides realizouna fóra do seu tempo de traballo, xa que na antiga República Democrática de Alemaña (RDA) non se consideraba un asunto de prestixio suficiente. Durante o tempo en que existiu o estado da RDA, os nomes que deu aos asteroides foron neutros, como lugares de Turinxia, pero tras a reunificación de Alemaña empregou outros referidos a feitos históricos ou relixiosos.

Froito do seu traballo, a Unión Astronómica Internacional puxo o seu nome a un asteroide: (3859) Börngen, descuberto por Edward Bowell. En 2006 foi homenaxeado no seu país ao outorgárselle a Bundesverdienstkreuz am Bande (Cruz ao Mérito) polo Presidente alemán Horst Köhler.