Deuterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tubo de descarga cheo de deuterio puro.

O deuterio é un isótopo do hidróxeno cun neutrón no núcleo (ademais do protón). O isótopo deste elemento con dous neutróns denomínase tritio.

O osíxeno combinado con dous deuterios forma a molécula de auga pesada (óxido de deuterio), un dos líquidos máis caros e valiosos por ser bo moderador nos reactores nucleares denominados "de auga pesada". A auga pesada é moi eficiente pola súa baixa taxa de absorción de neutróns; acada a maior "economía neutrónica" de todos os sistemas reactores comerciais, o que permite empregar neles como combustible uranio natural (sen que compra enriquecelo).

A fusión do deuterio basease na fusión do núcleo deste isótopo cun protón para forma-lo isótopo helio-3, que é estable e non radioactivo .

Fusión do deuterio en ananas marróns[editar | editar a fonte]

Calcúlase que masa teórica mínima dunha estrela pode ser, e que aínda estea sometida á fusión do hidróxeno no seu núcleo, dunhas 75 veces a masa de Xúpiter, mentres cá fusión do deuterio pode ocorrer o redor de masas tan baixas coma as 13 masas de Xúpiter. Polo tanto a fusión do deuterio (e en moito menor medida, o tritio e o litio) é a característica que marca os límites do que é unha anana marrón.[1][2][3] As ananas marróns poden estar brillando varios centos de millóns de anos antes de que as súas reservas de deuterio se esgoten.[4]

Citas[editar | editar a fonte]

  1. Alan, Boss (03-04-2001). Carnegie Institution of Washington, ed. «Are They Planets or What?». Arquivado dende o orixinal o 28-09-2006. Consultado o 08-06-2006. 
  2. Shiga, David (17-08-2006). New Scientist, ed. «Mass cut-off between stars and brown dwarfs revealed». Consultado o 23-08-2006. 
  3. Basri, Gibor (2000). «Observations of Brown Dwarfs». Annual Review of Astronomy and Astrophysics 38: 485. Bibcode:2000ARA&A..38..485B. doi:10.1146/annurev.astro.38.1.485. 
  4. Lewis, John S. (2004). Elsevier Academic Press, ed. Physics and chemistry of the solar system. United Kingdom. p. 600. ISBN 0-12-446744-X.