Félix Estrada Catoyra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Félix Domingo Estrada Catoira»)
Infotaula de personaFélix Estrada Catoyra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Camagüey, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 1938 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Relixióncatólica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico militar , médico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCristina Carreras Presas y Aguirre
IrmánsRamón Estrada Catoyra Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 10045 Dialnet: 3412544

Félix Domingo Estrada Catoyra, nado en Porto Príncipe (hoxe Camagüey), Cuba, o 26 de novembro de 1853 e finado na Coruña o 14 de marzo de 1938, foi un médico militar e escritor galego en lingua castelá, tesoureiro da Real Academia Galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Domingo Estrada, natural de Betanzos, e Ramona Catoyra. Estudou Medicina e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e na Habana. En 1877 ingresou no Corpo de Sanidade do Exército, e ao ano seguinte embarcou para Cuba. Foi catedrático de Historia Natural e Zootecnia da Escola de Agricultura de Cuba.

Regresou a España en 1895. Ascendeu a maior e pasou ao Hospital Militar da Coruña. En 1906 foi destinado a Segovia. En 1910 foi nomeado subinspector médico, e regresou á Coruña ao ano seguinte como médico de Capitanía e xefe de servizos do Hospital Militar, retirándose en 1915.

A proposta de Florencio Vaamonde, Uxío Carré Aldao e Andrés Martínez Salazar, o 8 de agosto de 1921, ingresou na Real Academia Galega, co discurso Algunas consideraciones sobre la transcendencia que para la transformación social de Galicia tuvo el reinado de los Reyes Católicos[2], respondido por Juan Barcia Caballero, e foi tesoureiro desa institución desde 1924 ata 1938.[3] De 1924 a 1926 foi presidente do Círculo de Artesáns, sobre o que publicou o libro Contribución a la Historia de La Coruña. Entre 1931 e 1936 foi concelleiro e tenente de alcalde do Concello coruñés.

Obras[editar | editar a fonte]

Fotografía publicada en Vida Gallega en 1910.
  • Enfermedades y mortaldad en el ejército. Habana: C. Fernández y Cía, 1883.
  • Zootecnia. Ciénaga: [s.n.], 1885.
  • Historia de los ejércitos gallegos durante la guerra de la independencia. Santiago: Tip. de El Eco Franciscano, 1916.
  • Orientaciones hispanófilas. A Coruña: [s.n.], 1917.
  • Informe acerca del capital de la Biblioteca del Real Consulado presentado al Consejo Provincial de Fomento. A Coruña: Tip. El Noroeste, 1924.
  • Discurso leído ante la Real Academia Gallega por... David Fernández Diéguez en el acto de su recepción pública. Y contestación del señor D. Félix Estrada Catoyra…". A Coruña: Zincke Hermanos, 1925.
  • Los médicos en la conquista de América. Madrid: Imp. Del Ministerio de Marina, 1928.
  • Contribución a la historia de La Coruña: la Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos en sus ochenta y tres años de vida y actuación. A Coruña: Tip. El Ideal Gallego, 1930.[4]
  • Reseña de la reconquista de Vigo. Vigo: Grafinsa, 1978.[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blanco, Manuel (20/11/2011). "Recordando a Félix Estrada Catoyra". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. Estrada Catoyra, F. (2019). Algunas consideraciones sobre la transcendencia que para la transformación del estado social de Galicia tuvo el reinado de los Reyes Católicos. Real Academia Galega. 
  3. "Félix Estrada Catoyra". Real Academia Galega. .
  4. ''Contribución a la historia de La Coruña Arquivado 09 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
  5. Co subtítulo: Trabajo premiado en el Certamen Histórico-Literario promovido por el Excmo. Ayuntamiento de Santiago en el año 1909. Edición non venal patrocinada polo Banco Industrial de Bilbao. Con prólogo e bibliografía de X. M. Álvarez Blázquez.
  6. Recepción de Castelao na RAG na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]