Goiriz, Vilalba
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Galicia | |||
| Provincia | provincia de Lugo | |||
| Concello | Vilalba | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 625 (2022) | |||
| Código INE | 27065100000 | |||
Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[1], en 2022 tiña 625 habitantes (294 homes e 331 mulleres), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está atravesada pola estrada N-634 e pola estrada que vai de Vilalba até Árbol por Román. Está dividida en cinco roldas, creadas polos veciños para a organización das festas: A rolda de Trece, no límite do concello, a de Bidueiros, na marxe esquerda cara a Asturias, a Ribeira, Tarrío e Medios Aneiros.
A distribución dos lugares nas roldas é a seguinte:
- Bidueiros[2]: O Acivro, O Alto de Liñares, Bidueiros, As Casas Novas, Currás, O Francés, Liñares, Os Ouros, A Taberna de Abaixo, A Torre.
- Medios Aneiros[3]: Aciveiro, Belote, As Cafúas, O Campo, O Campo do Cristo, Cas Camba, Casanova do Toxal, O Castro, O Cristo, Cruz de Aneiros, Os Gardados, Lamaceu, A Mámoa, O Outeiro, A Pena, A Pinguela, Riba do Vilar, Ver.
- A Ribeira[4]: O Carral, Cas Chaira, Graduín, Lamelas, Lodeiro, A Moura, As Touzas, Tronco.
- Tarrío[5]: O Areal, Barbeitas, As Bouzas, A Casanova, Cendán, O Cosqueiro, Fabás, Gocendre, Gomariz, A Grela, Lagoela, Orbazán, O Piñeiro, Porrás, O Porto da Loba, Reboiros, Reguengo, Santo Adrao, Tarrío.
- Trece[6]: Balsa, Broz, A Carballeira, O Carballo, A Cancela, Caxigal, O Cordal, O Espiño, O Fontao, Fonte Salgueiro, Fonteboa, Fontoira, Fra, O Igrexario, A Ramalleira, Reción, Os Plantíos, O Pumariño, Santa Comba e A Uceira.
Abundan na parroquia as cerdeiras, e os amplos vilares para o cultivo de patacas e grandes praderías xunto con chousas infrautilizadas.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O castro de Goiriz, próximo á igrexa parroquial, cunha extensión de 2 ha, ten tres defensas e ten boa visibilidade. Na igrexa parroquial unha inscrición alude ó dereito a refuxio ós perseguidos pola lei. O pazo de Cazás pertenceu á familia de Quirós Baamonde Freire de Andrade e Taibo.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Gráfica de evolución demográfica de Goiriz entre 2000 e 2020 |
![]() |
| Datos segundo o IGE.[1] |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- cemiterio de Goiriz.
- Sepultura no cemiterio de Goiriz.
- Capela de Goiriz.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Goiriz
[editar | editar a fonte]Parroquias de Vilalba
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "A Rolda de Bidueiros - 303075". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.
- ↑ "A Rolda de Medios Aneiros - 303542". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.
- ↑ "A Rolda da Ribeira - 303079". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.
- ↑ "A Rolda de Tarrío - 303077". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.
- ↑ "A Rolda de Trece - 311701". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.

