O rei Túnix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O rei Túnix
Título orixinalKönig Tunix
Autor/aMira Lobe
Ilustrador/aRoser Ríus
OrixeAlemaña
Linguaalemán
ColecciónO Barco de Vapor (nº 13)
Xénero(s)literatura infantil
EditorialEditorial Galaxia - Ediciones SM
Data de pub.1987
Formatoedición rústica cosida a fío
Páxinas96
ISBNISBN 84-7154-574-8
TraduciónRosa María López Gato e
Xosé Luís Regueira Fernández
editar datos en Wikidata ]

O rei Túnix é un libro escrito por Mira Lobe publicado en 1962. Foi publicado en galego en 1987, traducido por Rosa María López Gato e Xosé Luís Regueira Fernández.

Argumentos[editar | editar a fonte]

O rei Túnix (en alemán folgazán, preguiceiro) V é un rei moi vago. Vive nun castelo con 333 servintes e coa súa filla, a princesa Pimpernela. As súas maiores preocupacións son comer e durmir, e as súas únicas tarefas son gobernar durante media horiña e subir á torre do castelo a darlle un bico de boas noites á princesa.

Un día comeza a ter unha enfermidade que nin o médico real nin o resto de doutores das vilas do redor son quen de curar. Pimpernela sae á fraga a por axuda. Atopa a Gaudeo, un rapaz que vive co seu avó, un pastor de ovellas. Entre os tres logran convencer ó rei de que ten que mudar de estilo de vida, forzándoo nun principio a correr e nadar, e animándoo despois a facer as cousas por si mesmo.

Ó regresar ó castelo ve que o pobo está descontento pola súa desaparición. El está irrecoñecible, pois adelgazou moitísimo. Organiza un torneo entre os príncipes e nobres do país para lograr un novo rei. Pero no concurso, deben cravar cravos, muxir vacas e coser túnicas. Pero o máis difícil é a última pregunta: En quen debe pensar un rei? En si mesmo ou nos demais? Dado que o resto de nobres non logran facer as tarefas, e pensan que eles son máis importantes que os demais, o rei Túnix considera que o trono debe ser para el.

Iníciase así unha nova etapa, na que reina pensando nos demais e facendo as cousas por si mesmo, baixo o nome de Túfix (traballador) I.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]