Bakú
| Bakı (az) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Azerbaidján | ||||
| Capital de | Azerbaidján (1991–) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.300.500 (2021) | ||||
| Lingua oficial | Lingua azerí | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2.140 km² | ||||
| Bañado por | Mar Caspio | ||||
| Altitude | −28 m | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Eldar Azizov (2018–) | ||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2019–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | AZ1000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 12 | ||||
| ISO 3166-2 | AZ-BA | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | baku-ih.gov.az | ||||

Bakú[1] ou Bacú[2][3] (Bakı en azerí) é a capital e a maior cidade do Azerbaidján. Localízase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015).
Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a segunda guerra mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da Unión Soviética. Despois da independencia de Azerbaidján a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Karabakh, volvendo a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer de Azerbaidján na súa totalidade.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Crese que o nome Bakú provén de verbas do antigo persa Bād-kube "باد کوبہ", que significa "Cidade golpeada polo vento ", onde "Bād" significa vento e "Kube" vén do verbo "Kubidan", golpear.
Tamén se cre que Bakú deriva da palabra Baghkuh, que significa Monte de deus. Baga (actualmente Bagh) e Kaufa (actualmente Kuh) son as dúas verbas do antigo persa para Deus e Montaña; ademais o nome Baghkuh pode ter algunha relación con Bagdad (Regalo de Deus) onde a partícula dā é a palabra do antigo persa para o verbo dar. En textos árabes a cidade tamén é denominada Baku, Bakukh, Bakuya, e Bakuye'.
Propuxéronse varias hipóteses para explicar a etimoloxía da palabra "Baku". Segundo L.G.Lopatinski e Ali Huseynzade,[4] Baku provén do turco para outeiro. O historiador especialista no Cáucaso K.P. Patkanov tamén sostén a mesma teoría, pero que Bakú se orixina na lingua lak.
A Enciclopedia Islámica turca considera que a palabra "Bakú" provén da expresión "Bey-Kyoy", que en turco significa "a cidade principal".
Outra proposta consiste en que o nome provén do persa medio Bāgh-dād, "O Xardín Doado". O nome é preislámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores sen importancia política nin comercial, polo que segundo esta teoría a cidade tería sido fundada en tempos do Califato Abasí.
Mansur chama a cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ao paraíso. Este foi o nome oficial en moedas, pesos e outras cousas.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver entrada de «Sumqayit». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1984. ISBN 9788482893600.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 03 de abril de 2014.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
- ↑ .The Name “Baku”
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bakú |
| Cidades máis poboadas de Azerbaidján[1] | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bakú | |||||||||||
| Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Ganja Mingachevir | |||
| 1 | Bakú | Absheron | 2 223 925 | 11 | Stepanakert | Alto Karabakh | 54 982 | ||||
| 2 | Sumqayit | Kur Central | 357 900 | 12 | Lankaran | Lankaran-Astara | 53 380 | ||||
| 3 | Ganja | Ganja-Qazah | 328 400 | 13 | Rasulzade | Absheron | 50 175 | ||||
| 4 | Mingachevir | Kur Central | 113 440 | 14 | Baladjari | Absheron | 47 760 | ||||
| 5 | Qaraçuhur | Absheron | 88 500 | 15 | Mastaga | Absheron | 45 080 | ||||
| 6 | Shirvan | Kur Central | 83 130 | 16 | Agdam | Alto Karabakh | 44 800 | ||||
| 7 | Nakhchivan | Nakhchivan | 79 915 | 17 | Barda | Kur Central | 43 630 | ||||
| 8 | Bakihanov | Absheron | 76 955 | 18 | Kachmaz | Quba-Kachmaz | 42 330 | ||||
| 9 | Shaki | Shaki-Zaqatala | 71 770 | 19 | Djalilabad | Lankaran-Astara | 41 030 | ||||
| 10 | Yevlah | Kur Central | 63 250 | 20 | Hovsan | Absheron | 40 550 | ||||
