Xogos Olímpicos de 1988
Cidade anfritioa | Seúl, ![]() |
---|---|
Lema | Harmony and Progress (en coreano: 화합과 전진) |
Nacións | 159 |
Atletas | 8 391 (6 197 homes, 2 194 mulleres) |
Eventos | 237 en 23 deportes (31 disciplinas) |
Apertura | 17 de setembro de 1988 |
Clasura | 2 de outubro de 1988 |
Inaugurado por | Presidente Roh Tae-woo[1] |
Lapa olímpica | Sohn Kee-chung Chung Sun-man Kim Won-tak[1][2] |
Estadio | Estadio Olímpico de Seúl |
Anterior | Os Ánxeles 1984 |
Seguinte | Barcelona 1992 |
Os Xogos Olímpicos de 1988, oficialmente chamados Xogos da XXIV Olimpíada, foron realizados en Seúl, capital da Corea do Sur, entre o 17 de setembro e o 2 de outubro de 1988, coa participación récord de 159 países e 8.465 atletas, entre eles 2.194 mulleres.
Após os boicots ocorridos nos xogos anteriores en Montreal, Moscova e Os Ánxeles, estes Xogos tiveron a presenza de estados de todo o planeta, a excepción de Corea do Norte, a súa veciña comunista, que non tivo atendido o seu pedido para unha co-participación como sede olímpica e de Cuba.
Países como Etiopía, Illas Seychelles e Nicaragua tampouco participaron debido a dificultades económicas para enviaren os seus equipos.
Os Xogos de Seúl lémbranse polo seu suceso máis escandaloso: o dopaxe do velocista canadense Ben Johnson, que conseguira unha medalla de ouro e unha marca mundial na proba dos 100 metros lisos.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- Os Xogos de Seúl comezaron baixo o clima dunha emoción sen precedentes, co facho olímpico entrando no estadio conducido por Sohn Kee-Chung, ós 75 anos maior heroe olímpico coreano, que 52 anos antes, co nome de Kitei Son, gañou a medalla de ouro no maratón representando o Xapón, que ocupaba militar e politicamente a Corea naqueles tempos.
- O canadense Ben Johnson produciu o maior escándalo de dopaxe dos Xogos e da historia olímpica nos 100m lisos. Nunha proba agardada e acompañada en directo pola televisión por millóns de persoas ó redor do mundo, Johnson derrotou ó seu maior adversario e máis famoso corredor da época, o estadounidense Carl Lewis establecendo a marca mundial en 9s79, marca impensable para a proba naqueles días. Dous días despois, o mundo perplexo tomaba coñecemento de que Johnson dera positivo no exame antidopaxe polo uso do esteroide stanozolol, sendo obrigado a devolver a súa medalla de ouro –entregada a Carl Lewis, segundo na proba– e recibindo a pena de dous anos de afastamento do deporte.
- Florence Griffith Joyner conquista tres ouros nas probas de velocidade para o atletismo dos Estados Unidos.
- Kristin Otto, de Alemaña Oriental, é o maior nome da natación en Seúl gañando seis medallas de ouro. Matt Biondi dos Estados Unidos conquista cinco e Janet Evans tres.
- A esgrimista sueca Kerstin Palm tórnase a primeira atleta en participar en sete Xogos Olímpicos consecutivos.
- O estadounidense Greg Louganis conquista por segunda vez o ouro nos saltos ornamentais, despois de abrir a cabeza batendo no trampolín durante un salto nas eliminatorias da proba.
- Seúl marca a estrea do Tenis de mesa, dominado por China e polos anfitrións, e a volta do Tenis despois dun hiatode 64 anos. A alemá Steffi Graff, maior tenista da época e vencedora de catro torneos profesionais do Grand Slam, é a primeira campioa olímpica feminina tralo retorno.
- Anthony Nesty, de Surinám, é o primeiro negro en gañar unha medalla de ouro en natación, e a primeira do seu país, nos 100m bolboreta.
- Dous halterofilistas búlgaros teñen anuladas as súas medallas despois de daren positivo no exame antidopaxe. O escándalo fixo que a delegación de Bulgaria se retire dos Xogos.
- Lawrence Lemieux estaba en segundo lugar rumbo a unha medalla de prata na regata final da súa clase, cando abandonou a proba para axudar a un competidor que caera ó mar e se afogaba. Lemieux acabou chegando en 22º lugar, mais foi premiado polo COI coa Medalla Pierre de Coubertin, polo seu espírito deportivo e humanitario.
Modalidades disputadas[editar | editar a fonte]
Cadro de medalhas[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
55 | 31 | 46 | 132 |
2 | ![]() |
37 | 35 | 30 | 102 |
3 | ![]() |
36 | 31 | 27 | 94 |
4 | ![]() |
12 | 10 | 11 | 33 |
5 | ![]() |
11 | 14 | 15 | 40 |
6 | ![]() |
11 | 6 | 6 | 23 |
7 | ![]() |
10 | 12 | 13 | 35 |
8 | ![]() |
7 | 11 | 6 | 24 |
9 | ![]() |
6 | 4 | 6 | 16 |
10 | ![]() |
6 | 4 | 4 | 14 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Factsheet - Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 9 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.
- ↑ "Seoul 1988 Torch Relay". www.olympic.org. Consultado o 2 de xuño de 2018.