Xogos Olímpicos de 1968
| Nome oficial | Spiller vun der XIX. Olympiad |
|---|---|
| Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
| Deporte | deporte olímpico |
| Composto por | Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1968 Hipismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1968 Basque pelota at the 1968 Summer Olympics + ../... 22 |
| Número de participantes | 112 5.516 |
| Participantes | |
| Localización e Datas | |
| Eventos olímpicos | 172 |
| Localización |
Estádio Olímpico Universitário (pt) Cidade de México (México) |
| País | México |
| Intervalo de tempo | 12 de outubro de 1968 – 27 de outubro de 1968 |
| Número de edición | 19 (1968) |
| Aberto oficialmente por | Gustavo Díaz Ordaz Bolaños (pt) |
| Xuramento feito por | Pablo Garrido Lugo (en) |
| Facho acendido por | Enriqueta Basilio |
| Outro | |
| Páxina web oficial | olympics.com… |
Os Xogos Olímpicos de 1968 foron realizados en Cidade de México entre o 12 e o 27 de outubro de 1968. Por primeira vez os Xogos celebráronse en América Latina e a altitude de 2.300m por riba do nivel do mar da capital mexicana xerou controversias sobre os danos que o aire menos denso podería causar no desempeño dos atletas. Realmente, a altitude prexudicou o desempeño dos atletas nas probas de resistencia e de longa distancia, como o ciclismo, a natación e o maratón, mais en compensación axudou a provocar un torrente de marcas mundiais e olímpicas nos eventos máis curtos e de esforzo mais rápido como as carreiras de menos de 800m, halterofilia, lanzamento de xavelina e outros.
Contexto
[editar | editar a fonte]O ano de 1968 foi un ano bastante confuso e violento, coa guerra de Vietnam, a Revolución Cultural na China, a invasión soviética de Checoslovaquia acabando coa chamada Primavera de Praga, revoltas estudantís, marchas polos dereitos civís e enfrontamentos raciais por todo o planeta. México tamén deu a súa contribución ó clima que marcaba esta época, cando tropas federais do goberno reprimiron sanguinariamente a centenares de estudantes durante manifestacións na Praza das Tres Culturas, dez días antes da cerimonia de apertura dos Xogos, no que ficou coñecido a partir de outubro dese ano como o Masacre de Tlatelolco, manchando irremediablemente o espírito olímpico pregado polo COI e polo seu fundador, o Barón de Coubertin, provocando case o cancelamento do evento.[1]
Participación
[editar | editar a fonte]Por primeira vez o número de estados participantes pasaba de cen, nunha demostración de prestixio, interese e popularidade innegables conquistados polos Xogos Olímpicos, que atraeron o comparecemento de 112 países, nun total de 5.516 atletas, sendo 781 mulleres.
Modalidades disputadas
[editar | editar a fonte]

Cadro de medallas
[editar | editar a fonte]| Cadro de Medallas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Posición | País | |
|
|
Total |
| 1 | 45 | 28 | 34 | 107 | |
| 2 | 29 | 32 | 30 | 91 | |
| 3 | 11 | 7 | 7 | 25 | |
| 4 | 10 | 10 | 12 | 32 | |
| 5 | 9 | 9 | 7 | 25 | |
| 6 | 7 | 3 | 5 | 15 | |
| 7 | 7 | 2 | 4 | 13 | |
| 8 | 5 | 11 | 10 | 26 | |
| 9 | 5 | 7 | 5 | 17 | |
| 10 | 5 | 5 | 3 | 13 | |
Imaxes icónicas
[editar | editar a fonte]Identidade corporativa
[editar | editar a fonte]O logotipo de México empregou unha tipografía que sería reutilizada no Mundial de fútbol e que se consolidou como asociada á cultura mexicana moderna. O facho olímpico estaba formado por outros máis pequenos que reproducían as letras do logotipo en tres dimensións.[2]
Black power
[editar | editar a fonte]Unha das imaxes máis icónicas dos Xogos do 68 foi o saúdo de Black power feito polos atletas velocistas dos Estados Unidos contra a discriminación racial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Borden, Kara. "Mexico '68: An Analysis of the Tlatelolco Massacre and its Legacy" (PDF) (en inglés). Universidad de Oregón. p. 3.
- ↑ "BBC Brasil - Notícias - Guia interativo mostra a história das tochas olímpicas". www.bbc.com (en portugués). Consultado o 2024-08-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de 1968 |