Xogos Olímpicos de Verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aneis dos Xogos Olímpicos.
Chama olímpica nos Xogos de 2016, en Río de Xaneiro.

Os Xogos Olímpicos de Verán (en francés: Jeux olympiques d'été)[1] son un importante acontecemento deportivo internacional celebrado normalmente cada catro anos. Os primeiros Xogos de Verán celebráronse en 1896 en Atenas, Grecia, e os máis recentes celebráronse en 2016 en Río de Xaneiro, no Brasil. O Comité Olímpico Internacional (COI) organiza os Xogos e supervisa os preparativos da cidade que os hospeda. En cada evento olímpico entréganse medallas de ouro para o primeiro posto, medallas de prata para o segundo e medallas de bronce para o terceiro; esta tradición comezou nos Xogos Olímpicos de 1904. Os Xogos Olímpicos de Inverno foron creados posteriormente debido ao éxito dos Xogos de Verán.

Os Xogos Olímpicos de Verán incrementaron o seu alcance dende 42 eventos de competición e 250 deportistas masculinos de 14 países en 1896 a 306 eventos con 11 238 deportistas (6 179 homes e 5 059 mulleres) de 206 países en 2016. Os Xogos de Verán celebráronse en cinco continentes nun total de dezanove países. Os Xogos celebráronse catro veces nos Estados Unidos (1904, 1932, 1984 e 1996), tres veces no Reino Unido (1908, 1948 e 2012), dúas veces en Grecia (1896 e 2004), Francia (1900 e 1924), Alemaña (1936 e 1972) e Australia (1956 e 2000), e unha soa vez en Suecia (1912), Bélxica (1920), os Países Baixos (1928), Finlandia (1952), Italia (1960), o Xapón (1964), México (1968), o Canadá (1976), a Unión Soviética (1980), Corea do Sur (1988), España (1992), a China (2008) e no Brasil (2016).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Even in London, French is mandatory at the Olympics". Embassy of France, Washington, D.C. 8 de agosto de 2012. Consultado o 1 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]