Tuvalu
Himno | Tuvalu mo te Atua | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Tuvalu for the Almighty» «Twfalw yr Hollalluog» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Funafuti | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.792 (2020) (453,54 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua tuvalesa lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 26 km² | ||||
Punto máis alto | Niulakita (5 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de outubro de 1978 | ||||
Organización política | |||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–sen valor) | ||||
• Lista (pt) | Feleti Teo (pt) (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Tuvalu (pt) , (Escano: 16) | ||||
Membro de | Organización Mundial da Saúde Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Alianza dos Pequenos Estados Insulares Commonwealth de Nacións (1978–) Unión Postal Universal (1981–) UNESCO (1991–) Banco Asiático de Desenvolvemento (1993–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1996–) ONU (2000–) Organización para a Prohibición de Armas Químicas (2004–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) (2010–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) (2010–) Organización Meteorolóxica Mundial (2012–) | ||||
PIB nominal | 60.196.367 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar tuvalés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .tv | ||||
Prefixo telefónico | +688 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 | ||||
Código de país | TV | ||||
Tuvalu[1] (i/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/,[2][3] antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fidxi. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cunha área total de 25 quilómetros cadrados. Despois do Vaticano é a nación independente con menor número de habitantes. Tamén é o membro das Nacións Unidas con menor número de habitantes. Debido á súa baixa elevación (máximo de 5m), as illas que constitúen esta nación son ameazadas por calquera futuro aumento do nivel do mar. A poboación pode evacuar durante as próximas décadas a Nova Zelandia, ou Niue, unha pequena illa do Pacífico (independente pero asociada con Nova Zelandia) que non é ameazada por aumento do nivel do mar, pero ten unha baixa taxa de natalidade. Ten clima tropical marítimo, moderado polos ventos alisios do leste de marzo a novembro, os meses restantes con abundantes choivas e a vexetación típica está composta de palmeiras.
Tuvalu ten unha poboación de 10.507 habitantes (censo de 2017).[4] A superficie total das illas de Tuvalu é de 26 km².
Os primeiros habitantes de Tuvalu foron os polinesios, segundo as teorías ben establecidas sobre unha migración de polinesios ao Pacífico que comezou hai uns tres mil anos.[5] Moito antes do contacto europeo coas illas do Pacífico, os polinesios viaxaban frecuentemente en canoa entre as illas. As habilidades de navegación polinesia permitíronlles realizar viaxes elaboradas en canoas de vela de dobre casco ou en canoa con estabilizadores[6] Os estudosos cren que os polinesios espalláronse desde Samoa e Tonga ata os atois de Tuvalu, que logo serviron de trampolín para unha maior migración cara ás Illas periféricas da Polinesia en Melanesia e Micronesia.[7][8][9]
En 1568, o navegante español Álvaro de Mendaña converteuse no primeiro europeo en navegar polo arquipélago, avistando a illa de Nui durante unha expedición que facía na procura de Terra Australis. A illa de Funafuti foi nomeada Illa de Ellice en 1819. Máis tarde, o grupo enteiro foi nomeado Illas Ellice polo hidrógrafo inglés Alexander George Findlay. A finais do século XIX, Gran Bretaña reivindicou o control das illas Ellice, incluíndoas dentro da súa esfera de influencia.[10] Entre o 9 e o 16 de outubro de 1892, o capitán Gibson do HMS Curacoa declarou que cada unha das illas Ellice era un protectorado británico. Gran Bretaña asignou un comisario residente para administrar as illas Ellice como parte dos Territorios británicos do Pacífico Occidental (BWPT). De 1916 a 1975, foron xestionados como parte da colonia Illas Gilbert e Ellice.
En 1974 celebrouse un referendo de 1974 para determinar se as Illas Gilbert e as Illas Ellice deberían ter cada unha a súa propia administración.[11] Debido aos resultados do referendo, a colonia das illas Gilbert e Ellice deixou de existir legalmente o 1 de outubro de 1975, e o 1 de xaneiro de 1976, a antiga administración foi separada oficialmente,[12] e formáronse dúas colonias británicas separadas, Kiribati e Tuvalu. O 1 de outubro de 1978, Tuvalu tornouse totalmente independente como estado soberano dentro da Commonwealth, e é unha monarquía constitucional co Rei Carlos III como Rei de Tuvalu. O 5 de setembro de 2000, Tuvalu converteuse no 189º membro das Nacións Unidas.
As illas non teñen unha cantidade significativa de solo, polo que dependen moito das importacións e da pesca para alimentarse, sendo a pesca e o turismo as partes principais da economía. Debido a que é unha nación insular pequena e baixa, o país é extremadamente vulnerable á subida do nivel do mar debido ao cambio climático. Está activa nas negociacións internacionais sobre o clima como parte da Alianza de Pequenos Estados Insulares.
Historia
[editar | editar a fonte]Tuvalu, habitado desde comezos do primeiro milenio a.C., foi descuberto polos españois en 1568, coa chegada de Álvaro de Mendaña e Neyra. Comerciantes de escravos e baleeiros visitaron frecuentemente ás illas. En 1892, as illas pasaron a formar parte do protectorado británico de Gilbert e Illas Ellice. O protectorado converteuse en colonia en 1915.
En 1974, diferenzas étnicas dentro da colonia provocaron que os Polinesios das Illas Ellice decidisen separarse dos Micronesios das Illas Gilbert (despois Kiribati). O ano seguinte, as Illas Ellice convertéronse na colonia británica de Tuvalu. A independencia concedeuse en 1978. Entre 1995-1997, Tuvalu adoptou unha nova bandeira pero, finalmente, restituíu a antiga. (V: Bandeira de Tuvalu).
Se Tuvalu non é arrasado polo cambio climático antes, despois os seus habitantes terán que decidir sobre dúas cuestións: acerca de manter a monarquía constitucional ou converter Tuvalu nunha república, e sobre a conveniencia de trasladar a Nova Zelandia os seus 11.636 habitantes, xa que as illas viven en continua alerta debido aos ciclóns e outros fenómenos meteorolóxicos.
Goberno e política
[editar | editar a fonte]Tuvalu é unha monarquía constitucional dentro da Mancomunidade Británica de Nacións, co rei Carlos III do Reino Unido como o Xefe de Estado.
O parlamento local, ou Fale I Fono ten 12 membros e é elixido cada 4 anos. Os seus membros elixen a un primeiro ministro que é o xefe de goberno.
Relacións internacionais
[editar | editar a fonte]Tuvalu mantén relacións moi amigables con Fidxi, Nova Zelandia, Australia e o Reino Unido. Tamén mantén relacións diplomáticas coa República da China, que é o único país con embaixada permanente no seu territorio e que ten un grande programa de axuda ás illas. Tuvalu converteuse en membro da ONU en 2000 e mantén unha representación ante a ONU en Nova York. Unha das principais prioridades internacionais de Tuvalu na ONU, no Cumio Mundial de Desenvolvemento Sostíbel en Johannesburg e noutros foros internacionais é promover a preocupación pola mudanza climática e polo previsíbel aumento do nivel do mar. Tuvalu apoia a ratificación e aplicación do protocolo de Kyoto. Tamén é membro do Banco de Desenvolvemento de Asia. Tuvalu forma parte dun tratado de amizade cos Estados Unidos, asinado pouco despois da independencia e ratificado polo Senado dos Estados Unidos en 1983, baixo o cal Estados Unidos renunciou a reclamacións territoriais anteriores sobre catro illas de Tuvalu polo Acta do Guano.[13]
O goberno de Tuvalu está representado no Reino Unido por un cónsul honorario en Londres.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de illas de Tuvalu.
Sendo un dos países máis pequenos no mundo, de feito, o cuarto máis pequeno, Tuvalu tamén ten terras moi pobres. Non hai auga potable, e a terra é escasamente utilizable para a agricultura.
Aínda que Tuvalu tecnicamente non ten ningunha subdivisión administrativa - a súa poboación é demasiado pequena (estimada en 11,000 en 2004) - o país pode ser dividido en 9 illas, ou máis ben atois, a metade do camiño entre Hawai e Australia. Orixinalmente, só oito destas illas estaban habitadas, de aí o nome Tuvalu que quere dicir "oito illas" en lingua tuvalesa. As nove illas son:
No 2001 o goberno de Tuvalu anunciou que as illas, das cales o punto máis elevado é de 5msnm, terían que ser evacuadas en caso de aumento do nivel do océano.
Nova Zelandia aceptou recibir un continxente anual de 75 evacuados, mentres que Australia rexeitou as peticións, probablemente por mor do seu rexeitamento do protocolo de Kyoto.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Tuvalu.
O produto nacional bruto de Tuvalu era duns 12 millóns de dólares (segundo estimacións de 1999), o cal supuña uns ingresos medios de 1.100 dólares per cápita.
O dólar de Tuvalu ten o mesmo valor que o dólar australiano, que tamén circula nas illas (en 2002, 1,84 dólares australianos equivalían a un dólar estadounidense). A economía, a menos dinámica de calquera Estado independente do mundo, está baseada nunha agricultura de subsistencia; se crían porcos e aves de curral e a pesca ten unha importancia crecente, aínda que a única exportación é a copra (medula de coco utilizada para a extracción de aceite). Gran parte dos ingresos estatais obtense da venda de selos e moedas; o investimento exterior e os ingresos que remiten os emigrantes que traballan no estranxeiro apontoan a economía do país.
Esta recibiu unha inxección moi importante en 2000, tras a cesión das letras da súa matrícula (TV, que lle foi concedida un ano antes pola Unión Internacional de Telecomunicacións), para o seu uso en Internet, a unha empresa estadounidense. Tuvalu ten un aeroporto e un porto de entrada, ambos no atol de Funafuti, e só 8 quilómetros de estrada non asfaltada.
Demografía
[editar | editar a fonte]Cunha superficie total de 26 km², tiña unha poboación de 11.810 en xullo de 2006. O que significaba unha densidade de poboación de 441 hab/km². O atol de Funafuti, o máis importante, alberga a capital e máis do 40% da poboación. A esperanza de vida supera os 65 anos e a media de número de fillos por muller é de tres.
A poboación está formada por polinesios, cunha minoría micronesia (4%); fálanse tanto o tuvalés como o inglés, ambas as linguas oficiais, ademais do gilbertense. O 97% dos tuvaleses son membros da Igrexa de Tuvalu, unha igrexa protestante que posúe algúns elementos de relixións indíxenas. Outras relixións practicadas son os Adventistas do Sétimo Día (1,4%) e bahaístas (1%).
Cultura
[editar | editar a fonte]Festas | Data | Nome en castelán | Nome local |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Ano Novo | - | - |
12 de marzo | Día do Commonwealth | - | - |
6 de abril | Venres Santo | - | Católica e Protestante |
9 de abril | Luns de Pascua | - | Católica e Protestante |
14 de maio | Festa do Evanxeo | - | - |
8 de xuño | Aniversario da Raíña | - | - |
6 de agosto | Día dos Nenos | - | - |
1 de outubro | Festa de Tuvalu | - | Festa Nacional |
2 de outubro | Festa de Tuvalu | - | - |
12 de novembro | Aniversario do Príncipe de Gales | - | - |
25 de decembro | Día de Nadal | - | Católica e Protestante |
26 de decembro | Día da Familia | - | - |
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tuvalés.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tuvalés.
- ↑ "Population of communities in Tuvalu". Thomas Brinkhoff. 2017. Consultado o 27 de setembro de 2020.
- ↑ Howe, Kerry (2003). The Quest for Origins. New Zealand: Penguin. pp. 68–70. ISBN 0-14-301857-4.
- ↑ Bellwood, Peter (1987). The Polynesians – Prehistory of an Island People. Thames and Hudson. pp. 39–44.
- ↑ Bellwood, Peter (1987). The Polynesians – Prehistory of an Island People. Thames and Hudson. pp. 29& 54.
- ↑ Bayard, D.T. (1976). The Cultural Relationships of the Polynesian Outliers. Otago University, Studies in Prehistoric Anthropology, Vol. 9.
- ↑ Kirch, P.V. (1984). The Polynesian Outliers. 95 (4) Journal of Pacific History. pp. 224–238.
- ↑ "Declaración entre os gobernos de Gran Bretaña e do Imperio alemán relativa á demarcación das esferas de influencia británica e alemá no Pacífico occidental, asinada en Berlín o 6 de abril de 1886". 1886. Consultado o 22 October 2017.
- ↑ "Moment of Decision for Ellice". 45(8) Pacific Islands Monthly. 1 de agosto de 1974. Consultado o 2 de outubro de 2021.
- ↑ W. David McIntyre. "The Partition of the Gilbert and Ellice Islands" (PDF). Island Studies Journal, Vol. 7, No.1, 2012. pp. 135–146. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de decembro de 2017. Consultado o 24 de outubro de 2020.
- ↑ "DOI Office of Insular Affairs (OIA) - FORMERLY DISPUTED ISLANDS". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 20 de xullo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tuvalu |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Te Kakeega III – National Strategy for Sustainable Development 2016–2020
- Te Kete – National Strategy for Sustainable Development 2021–2030
- Tuvalu from UCB Libraries GovPubs
- Tuvalu en Curlie (en inglés)
- Tuvalu profile from the BBC News
- tuvaluparadise.tv website Arquivado 07 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
- Tuvalu. The World Factbook. Central Intelligence Agency.
- Wikimedia Atlas de Tuvalu.