Suriname
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Republiek Suriname (nl) Ripoliku Sranan (srn) | |||||
Himno | God zij met ons Suriname (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Justitia – Pietas – Fides» «Justice – Piety – Trust» «Справедливост - праведност - вяра» «Cyfiawnder – Ffyddlondeb – Ymddiriedolaeth» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Paramaribo | ||||
Contén a división administrativa | Brokopondo (pt) Commewijne (pt) Coronie (pt) Distrito de Sipaliwini Marowijne (pt) Nickerie (pt) Para (pt) Paramaribo Saramacca (pt) Wanica (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 563.402 (2017) (3,45 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 163.270 km² | ||||
Punto máis alto | Juliana Top (1.280 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 25 de novembro de 1975 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república (1991–) | ||||
• Presidente (pt) | Chan Santokhi (2020–) | ||||
• Presidente (pt) | Chan Santokhi (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional do Suriname (pt) , (Escano: 51) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 2.984.706.244 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar surinamés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .sr | ||||
Prefixo telefónico | +597 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 110, 113, 111 e 115 | ||||
Código de país | SR | ||||
Sitio web | gov.sr |
Suriname[1][2] (nome oficial: Republiek Suriname) é un país de América do Sur, limitado ao norte polo océano Atlántico, ao leste pola Güiana Francesa, ao sur polo Brasil e ao oeste por Güiana. Área: 163 265 km². Capital: Paramaribo. As cidades máis poboadas son Paramaribo, Nieuw Nickerie e Meerzorg. O seu clima é quente e húmido.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia do Suriname.
Aínda que mercadores neerlandeses estableceran varias colonias na rexión da Güiana antes, os holandeses non tomaron posesión do que é hoxe o Suriname ata ao Tratado de Breda, que marcou o fin da segunda guerra anglo-holandesa.
Despois de se tornar nunha parte autónoma do Reino dos Países Baixos en 1954, o Suriname conseguiu a independencia en 1975. Un réxime militar dirixido por Desi Bouterse gobernou o país na década de 1980 ata que a democracia foi restablecida en 1988.
Política
[editar | editar a fonte]Suriname ten unha democracia baseada na constitución de 1987. O poder lexislativo do goberno é exercido pola Asemblea Nacional, constituída de 51 membros. Estes membros son electos cada cinco anos.
A Asemblea Nacional elixe ao presidente, cabeza do poder executivo, por maioría de 2/3. Se ningún candidato consegue tal maioría, o presidente é elixido pola Asemblea do Pobo, unha institución de 340 membros consistente da Asemblea Nacional e Representativos rexionais.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións de Suriname.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Suriname, o país máis pequeno de Suramérica, está situado sobre o escudo da Güiana, o punto máis alto é Julianatop (1.286 m sobre o nivel do mar). A terra pode ser artificialmente dividida en dúas partes. A norte, área costeira foi cultivada, e a maior parte da poboación vive alí. A parte sur consiste en selva húmida tropical escasamente habitada.
Xa que está próximo ao ecuador, o clima de Suriname é tropical, e as temperaturas non varían moito durante o ano. O ano ten dúas estacións chuviosas, de decembro a principios de febreiro e de fins de abril a mediados de agosto. No nordés do país atópase o W.J. van Blommesteinmeer, un lago declarado reserva.
Por ter fronteira coa Güiana Francesa, Suriname limita coa Unión Europea.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Suriname.
A súa economía baséase na exportación de aluminio e alumina, camarón, arroz, banana e petróleo. É moi dependente doutros países. Os seus principais socios de comercio son os Países Baixos, os Estados Unidos e países no Caribe.
Está baseada na produción de aluminio que representa aproximadamente o 15% do PIB e dous terzos das exportacións totais. Os problemas económicos do país son graves, debido á forte dependencia do comercio exterior en dous sectores que manteñen desde 2000 bruscos cambios de prezos no mercado internacional: xunto ao aluminio, o petróleo. Isto deriva en modificacións moi notables de PIB, taxa de desemprego, débeda externa e inflación dun ano a outro.
Os plans iniciados en 2001 para reordenar o sistema económico, abrir un proceso de liberalización e mellorar a estrutura produtiva tiveron efectos moi pobres. Algunhas empresas estadounidenses e españolas realizan novas prospeccións e explotacións petrolíferas que están dando bos resultados. Igualmente, o país dispón de importantes reservas mineiras de ouro e bauxita.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación de Suriname está conformada de moitos grupos. A maior deles son os "Hindustani", descendentes de inmigrantes do século XIX da India, cerca do 37% da poboación. Os "criolleros", mestura de branco e negro representan o 31%, mentres que os xavaneses ("importados" das ex Indias Orientais Holandesas como man de obra para as plantacións) e "Maroons" (descendentes de escravos escapados africanos) fan o 15 e 10 % respectivamente. O resto está formado por indios, chineses e brancos.
Debido ao gran número de grupos étnicos no país, non hai unha relixión maioritaria. O cristianismo (44%) (católicos 21,6% e protestantes 18%), o hinduísmo (26%) e o islam (18,6%) son as relixións predominantes.
O neerlandés é a lingua oficial de Suriname. Os surinameses tamén falan as súas propias linguas: sranan tongo (tamén coñecido como surinamés), xavanés e outras. Os caribes e arauacos nativos do lugar falan os seus propios idiomas, como tamén os maroons, aucan e saramacán. Ademais úsanse amplamente o español e o inglés, especialmente en tendas e establecementos orientados ao turismo.
A gran maioría da poboación reside en Paramaribo ou na costa. Hai unha significativa poboación surinamesa nos Países Baixos
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura de Suriname.
Debido á mestura de grupos de poboación, a cultura de Suriname é moi diversa. A cultura predominante é unha mestura de elementos neerlandeses, indonesios e indíxenas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para surinamés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suriname |