Xogos Olímpicos de 2024

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XXXIII Olimpiada
2024 Summer Olympics text logo.png

SedeFrancia París, Francia
LemaOuvrons grand les Jeux
NaciónsSen anunciar
Atletas10 500 (cota límite)
Eventos329 en 32 deportes (48 disciplinas)
Apertura26 de xullo
Clasura11 de agosto
EstadioXardíns do Trocadéro e Río Sena

Os Xogos Olímpicos de 2024 (en francés: Jeux olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpiada (en francés: Jeux de la XXXIIIe Olympiade) e tamén coñecidos como París 2024, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 26 de xullo ao 11 de agosto de 2024 con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes.

París foi galardonado cos Xogos na 131ª Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Debido ás múltiples candidaturas retiradas, que deixaron só París e aos Ánxeles en liza, o COI aprobou un proceso para conceder simultaneamente a organización do envento 2024 e 2028. Despois de acoller anteriormente os Xogos Olímpicos de 1900 e 1924, París converterase na segunda cidade en acoller os Xogos Olímpicos de verán tres veces despois de Londres (1908, 1948 e 1912). Estes Xogos marcarán o centenario dos Xogos de París de 1924, os sextos Xogos Olímpicos organizados por Francia (tres de verán e tres de inverno) e os primeiros Xogos Olímpicos en Francia desde os Xogos Olímpicos de inverno de 1992 en Albertville. Estes Xogos presentarán o debut do breakdance como evento olímpico.

Candidaturas[editar | editar a fonte]

Os Ánxeles, Budapest, Hamburgo, París e Roma foron as cinco cidades candidatas a acoller os Xogos Olímpicos de verán de 2024. O proceso estivo marcado polas retiradas das candidaturas, a incerteza política e os elevados custos de organización.[1] A primeira candidatura en retirarse foi a de Hamburgo o 29 de novembro de 2015 tras celebrar un referendo. Posteriormente, retiraríase outra das candidaturas europeas, Roma, alegando dificultades fiscais.[2] O 22 de febreiro de 2017, Budapest sería a seguinte en retirouse despois de que unha petición contra a candidatura apañase máis sinaturas das necesarias para a celebración dun referendo.

Após estas retiradas, a Xunta Executiva do COI reuniuse o 9 de xuño de 2017 en Lausana, Suíza, para discutir os procesos de licitación de 2024 e 2028. Na reunión, o Comité Olímpico Internacional propuxo formalmente elixir as cidades anfitrioas olímpicas de 2024 e 2028 ao mesmo tempo, unha proposta que unha Sesión Extraordinaria do COI aprobou o 11 de xullo de 2017 O COI estableceu un proceso polo que os comités de candidatura de Os Ánxeles 2024 e París 2024 se reuniron co COI para discutir quen acollería os Xogos en 2024 e 2028. Tras a decisión de conceder os dous Xogos simultaneamente, París foi seleccionado como o anfitrión para 2024 e os Ánxeles para os seguintes Xogos.

Votación[editar | editar a fonte]

París foi seleccionada como sede o 13 de setembro de 2017 na 131ª Sesión do COI en Lima. Os dous membros franceses co COI, Guy Drut e Tony Estanguet, non puideron votar debido ao regulamento da Carta Olímpica.

Votación para o Xogos de 2024
Cidade País Votos
Paris  Francia Unánime

Programa[editar | editar a fonte]

Deportes[editar | editar a fonte]

Programa dos Xogos Olímpicos de 2024

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]