Os Xogos Olímpicos de 1920 foron realizados en Antuerpen, en Bélxica, nunha homenaxe do COI ó sufrimento inflixido ó pobo belga durante a I Guerra Mundial, que inclusive impediu a realización dos Xogos de 1916, anteriormente marcados para Berlín. Atletas de 29 países, nun total de 2.561 homes e 65 mulleres participaron de 24 deportes nun total de 154 modalidades. Abertos polo Rei Alberte o 20 de abril, duraron até o 12 de setembro.
Os Xogos de Antuerpen foron notables polo feito de ser izada por primeira vez a bandeira olímpica (branca con cinco aneis no centro representando os cinco continentes), ter habido unha pioneira solta de pombas simbolizando a paz e terse realizado o Xuramento dos Atletas, lido polo esgrimista e xogador de waterpoloVictor Boin.
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas.
Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias.
O tirador sueco Oscar Swahn, medallista de ouro en Londres doce anos antes, gañou unha medalla de prata por equipos no tiro ós 72 anos e tornouse no atleta máis vello en gañar unha medalla olímpica en todos os tempos.
Estes Xogos viron a aparición daquel que sería un dos maiores atletas de todos os tempos, o corredor finlandésPaavo Nurmi.