San Vicente e as Granadinas
Coordenadas: 13°15′N 61°12′O / 13.250, -61.200
San Vicente e as Granadinas | |||
---|---|---|---|
Saint Vincent and the Grenadines | |||
| |||
Lema: Pax et justitia (latín: «Paz e xustiza») | |||
Himno: [["Saint Vincent, Land So beautiful" ]] | |||
Capital • Poboación | Kingstown 17 600 (2003) | ||
Cidade máis poboada | Kingstown | ||
Linguas oficiais | Inglés | ||
Forma de goberno | Monarquía constitucional | ||
Isabel II Susan Dougan Ralph Gonsalves | |||
Independencia do Reino Unido | 27 de outubre de 1979 | ||
Superficie | Posto 184º | ||
• Total | 389 km² | ||
Fronteiras | 0 km | ||
Costas | 84 km | ||
Poboación | Posto 196º | ||
• Total (2016) | 109 643 hab. | ||
• Densidade | 307 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total (2016) | $784 millóns US$[1] | ||
• per cápita | $7 123[1] | ||
• Total (2016) | $1,243 millóns US$[1] | ||
• per cápita | 11 291 US$[1] | ||
Moeda | Dólar Caribe-Leste (EC$, XCD ) | ||
IDH (2017) | 0,723[2] (99º) – alto | ||
Xentilicio | Sanvicentino, sanvicentina | ||
Fuso horario | UTC -4 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .vc | ||
Prefixo telefónico | +1-784 | ||
Prefixo radiofónico | J8A-J8Z | ||
Código ISO | 670 / VCT / VC | ||
Membro de: Commonwealth, CARICOM, ONU, OECS, OEA, AEC | |||
San Vicente e as Granadinas[3] (en inglés: Saint Vincent and the Grenadines) é un país do Caribe, constituído pola illa de San Vicente e pola metade norte da cadea das Granadinas. Ten fronteiras marítimas con Santa Lucía ao nordeste e con Granada ao suroeste, e é un dos países máis próximos de Barbados. A súa capital é Kingstown.
Historia[editar | editar a fonte]
A illa coñecida hoxe como San Vicente era chamada orixinalmente Youloumain[4] polos habitantes caribes, que se chamaban a si mesmos kalina/carina ("l" e "r" eran pronunciados do mesmo xeito na lingua). Os caribes evitaron, mesmo pola forza, a colonización europea en San Vicente ata o 1719. Os africanos escravizados, (tanto náufragos coma fuxitivos de Barbados, Santa Lucía e Granada) buscaron refuxio en San Vicente, ou Hairouna nome que lle deran os caribes, e mesturáronse cos caribes, converténdose en caribes negros ou garifuna.
A partir de 1719 establecéronse colonos franceses, que cultivaron café, tabaco, índigo, algodón e azucre en plantacións traballadas por africanos escravizados. En 1763, San Vicente foi cedido a Gran Bretaña. Restaurado o goberno dos franceses en 1779, San Vicente foi recuperado polos británicos baixo o Tratado de París (1783) no cal Gran Bretaña recoñeceu oficialmente o final da Revolución estadounidense. Tratados complementarios foron tamén asinados con Francia e España, coñecidos como os Tratados de Versalles de 1783, parte dos cales volveron pór a San Vicente baixo control británico.
O conflito entre os británicos e os caribes negros, liderados polo desafiante Xefe Supremo Joseph Chatoyer, continuaron ata 1796, cando o xeneral Sir Ralph Abercromby esmagou un revolta fomentada polo radical francés Victor Hugues. Máis de 5.000 Caribes Negros foron finalmente deportados a Roatán, unha illa fronte á costa de Honduras.
A escravitude foi abolida en 1834. Despois do período de aprendizaxe, que acabou prematuramente en 1838, a escaseza de traballo nas plantacións resultou na inmigración de criados contratados. Os portugueses viñeron de Madeira a partir dos anos 1840 e gran cantidade de traballadores indios do leste chegaron entre 1861-1880. As condicións continuaron sendo duras tanto para os antigos escravos como para os traballadores inmigrantes na agricultura, xa que os baixos prezos mundiais do azucre mantiveron a economía estancada ata o cambio de século.
Desde 1763 ata a independencia, San Vicente pasou a través de varias fases de situación colonial baixo os británicos. Unha asemblea representativa foi autorizada en 1776, o goberno de Colonia da Coroa instalado en 1877, un consello lexislativo creado en 1925 e un sufraxio adulto universal en 1951.
Durante este período, os británicos fixeron varios intentos sen éxito para afiliar San Vicente con outras illas de Barlovento a fin de gobernar a rexión a través dunha administración unificada. As propias colonias, desexosas de liberarse do goberno británico, fixeron un notable intento de unificación chamada Federación das Indias Occidentais, que desapareceu en 1962. O 27 de outubro de 1969 outorgóuselle a San Vicente a condición de estado asociado, dándolle o control completo sobre os seus asuntos internos. Despois dun referendo en 1979, baixo o goberno de Milton Cato, San Vicente e as Granadinas convertéronse na última das illas de Barlovento en conseguir a independencia no décimo aniversario da súa condición de estado asociado, o 27 de outubro de 1979.
Varios desastres naturais figuran na historia do país. En 1902, o volcán de A Soufrière entrou en erupción, matando a 2.000 persoas. Moitas terras de labranza foron danadas, e a economía deteriorada. En abril de 1979, A Soufrière volveu entrar en erupción. Aínda que ninguén morreu, miles de persoas tiveron que ser evacuadas, e houbo un amplo dano na agricultura. En 1980 e 1987, furacáns comprometeron as plantacións de banana e coco; en 1998 e 1999 tamén viron tempadas de furacáns moi activas, co Furacán Lenny en 1999 causando grandes danos na costa oeste da illa.
Política e goberno[editar | editar a fonte]
San Vicente e as Granadinas é unha democracia parlamentaria e unha monarquía constitucional, sendo un dos Reinos da Commonwealth de Nacións. A Raíña Isabel II é xefe de Estado e está representada na illa por un Gobernador Xeral, un cargo na súa maior parte con funcións cerimoniais. O control do goberno descansa no Primeiro Ministro e o Gabinete. Hai unha oposición parlamentaria feita pola minoría máis grande nas eleccións xerais, encabezada polo líder da oposición.
O país non ten forzas armadas formais, aínda que a Forza Policial Real de San Vicente e as Granadinas inclúe unha Unidade de Servizos Especiais.
San Vicente e as Granadinas son un membro pleno e participante da Comunidade do Caribe (CARICOM) e a Organización de Estados do Caribe Oriental (OECS).
Subdivisións[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Subdivisións de San Vicente e as Granadinas.
Administrativamente, San Vicente e as Granadinas divídese en seis parroquias, con cinco en San Vicente, e as Granadinas xuntas constituíndo a sexta.
- Carlota (Parish of Charlotte)
- San Andrés (Parish of Saint Andrew)
- San David (Parish of Saint David)
- San Jorge (Parish of Saint George)
- San Patricio (Parish of Saint Patrick)
- Granadinas (Parish of the Grenadines)
Xeografía[editar | editar a fonte]
San Vicente e as Granadinas atópase entre Santa Lucía e Granada nas Illas de Barlovento das Antillas Menores, un arco insular do Mar Caribe. As illas de San Vicente e as Granadinas inclúen a illa principal de San Vicente (344 km²) e as dúas terceiras partes das Granadinas do norte (45 km²), unha cadea de pequenas illas estirándose cara ao sur desde San Vicente ata Granada.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de San Vicente e as Granadinas.
A economía sanvicentina é moi modesta, e a súa principal fonte de ingresos é a exportación de plátanos e algúns produtos agrícolas. Aínda que o turismo veu crecendo nos últimos anos o goberno non puido diversificar a súa fonte de divisas. Segundo cifras do ano 2003 a poboación das illas ascende a 116 812 persoas das cales o 66% son de raza negra e o 75% practican o cristianismo protestante. Unha gran parte dos produtos que consomen ten que ser importada dos seus socios comerciais. A súa moeda é o dólar do Caribe Oriental
Turismo[editar | editar a fonte]
O sector do turismo ten un potencial considerable para o desenvolvemento. A rodaxe dos filmes da franquía Pirates of the Caribbean nas illas axudou a potenciar a imaxe internacional de visitantes e investidores. O crecemento recente foi estimulado pola forte actividade do sector da construción e a mellora do turismo.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "St. Vincent and the Grenadines". International Monetary Fund. 2016. Consultado o 1 de abril de 2016.
- ↑ "- Human Development Reports". hdr.undp.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2018. Consultado o 28 de novembro de 2018.
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
- ↑ Frere. Adrien Le Breton SJ. (1662–1736). Historic Account of Saint Vincent, the Indian Youroumayn, the island of the Karaÿbes. París: Museum of Natural History, Fonds Jussieu.
- ↑ Culzac-Wilson, Lystra (outubro de 2003). "Report to the Regional Consultation on SIDS Specific Issues" (PDF). United Nations Environment Program. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Vicente e as Granadinas ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bobrow, Jill & Jinkins, Dana. 1985. St. Vincent and the Grenadines. 4th Edition Revised and Updated, Concepts Publishing Co., Waitsfield, Vermont, 1993.
- Cosover, Mary Jo. 1989. "St. Vincent and the Grenadines." In Islands of the Commonwealth Caribbean: A Regional Study, edited by Sandra W. Meditz and Dennis M. Hanratty. US Government Printing Office, Washington, D.C.
- CIA Factbook entry Arquivado 13 de febreiro de 2016 en Wayback Machine.
- Gonsalves, Ralph E. 1994. History and the Future: A Caribbean Perspective. Quik-Print, Kingstown, St Vincent.
- US Dept of State Profile
- Williams, Eric. 1964. British Historians and the West Indies, Port-of-Spain.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)