Sudán

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 15°N 032°L / 15, -32

República do Sudán
جمهورية السودان
Yumhūriyyat as-Sūdān
Republic of Sudan
Bandeira do Sudán
Escudo do Sudán
BandeiraEscudo
Sudan (orthographic projection) highlighted.svg
Lema: al-Nadir Nila
Capital
 Poboación
Khartún
1 974 647 (2005 est.)
Cidade máis poboadaOmdurmán
Linguas oficiaisÁrabe, Inglés
Forma de gobernoXunta de Goberno
Abdel Fattah Abdelrahman Burhan (عبد الفتاح البرهان)[1]
Osman Hussein
Independencia do Reino Unido e Exipto1 de xaneiro de 1956
SuperficiePosto 16º
 • Total1 886 068 km²
 • % auga5,2
Fronteiras7 687 km
Costas853 km
PoboaciónPosto 33º
 • Total44 909 353 hab.
 • Densidade21,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 60º
 • Total (2018)177 687 millóns US$
 • per cápita4 232 US$
MoedaLibra sudanesa
IDH (2019)0,510 (170º) – medio
XentilicioSudanés, sudanesa
Fuso horarioUTC+3
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.sd
Prefixo telefónico+249
Prefixo radiofónico6TA-6UZ, SSN-STZ
Código ISO729 / SDN / SD
Membro de: LA, UA, ONU

O Sudán[2][3] (en árabe: السودان as-Sūdān[4]), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste.[5] A relixión predominante é o islam.[6]

O Sudán era o meirande país de África e do mundo árabe ata o ano 2011, cando o Sudán do Sur se converteu nun estado independente despois dun referendo. O Sudán é hoxe o terceiro maior país de África, despois de Alxeria e da República Democrática do Congo.

É membro da ONU, da Unión Africana, da Liga Árabe, da Organización da Conferencia Islámica e do Movemento de Países Non Aliñados, e observador na Organización Mundial do Comercio.[7][8] A súa capital é Khartún, o centro político, cultural e comercial da nación. É unha república federal con sistema presidencial e democracia representativa. A política do Sudán é regulada por unha organización parlamentaria, a "Asemblea Nacional".[9] O seu sistema legal está baseado na Xaria, a lei islámica.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do país provén do árabe bilād as-sūdān (بلاد السودان), que significa "Terra dos negros", un termo que se refería á rexión localizada ó sur do Deserto do Sáhara.[10]

Historia[editar | editar a fonte]

Sudán prehistórico (antes do 8000 a.C.)[editar | editar a fonte]

O gran templo de ladrillos de barro, coñecido como Deffufa occidental, na antiga cidade de Kerma
Fortaleza de Buhen, do Reino Medio, reconstruída baixo o Imperio Novo (sobre 1200 a.C.)

No oitavo milenio a.C., os habitantes dunha cultura neolítica establecéronse alí nun modo de vida sedentario en aldeas fortificadas de adobe, onde complementaban a caza e a pesca no Nilo coa recolección de gran e a cría de gando.[11] Os pobos neolíticos crearon cemiterios como R12. Durante o quinto milenio a.C., as migracións desde o Sahara, que se estaba secando, levaron aos pobos neolíticos ao Valle do Nilo xunto coa agricultura. A poboación resultante desta mestura cultural e xenética desenvolveu unha xerarquía social durante os séculos seguintes que se converteu no Reino de Kush (con capital en Kerma) no 1700 a.C. As investigacións antropolóxicas e arqueolóxicas indican que durante o período predinástico Nubia e o Alto Exipto de Nagadan eran étnica e culturalmente case idénticos e, por tanto, desenvolveron simultaneamente sistemas de realeza faraónica cara ao 3300 a.C.[12]

Reino de Kush (c. 1070 a. C.–350 d. C.)[editar | editar a fonte]

Soldado Kušiya do exército aqueménida, cara ao 480 a.C. Relevo da tumba de Xerxes I.

O Reino de Kush era un antigo estado de Nubia centrado nas confluencias dos ríos Nilo Azul, Nilo Branco, Atbarah e Nilo. Estableceuse despois do colapso da Idade de Bronce e da desintegración do Imperio Novo de Exipto, centrado en Napata na súa fase inicial.[13]

Despois de que o rei Kashta ("o kushita") invadise Exipto no século VIII a.C., os reis kushitas gobernaron como faraóns da dinastía XXV de Exipto durante case un século antes de ser derrotados e expulsados polos asirios.[14] No auxe da súa gloria, os kushitas conquistaron un imperio que se estendía desde o que hoxe se coñece como Kordofán do Sur ata o Sinaí. O faraón Piye intentou expandir o imperio cara ao Próximo Oriente pero foi frustrado polo rei asirio Sargón II.

Entre os anos 800 a. C. e o 100 d. C. construíronse as pirámides nubias, entre elas pódense citar as dos reis kushitas no cemiterio de El-Kurru: Kashta, Piye, Tantamani, Shabaka , as pirámides de Gebel Barkal e Meroe (Begarawiyah norte, sur e oeste), as do xacemento arqueolóxico de Sedeinga e as da mecropole de Nuri.[15]

Na Biblia menciónase que o reino de Kush salvou aos israelitas da ira dos asirios, aínda que as enfermidades entre os sitiadores puido ser unha das razóns para que non se tomase a cidade.[16][cómpre nº de páxina] A guerra que tivo lugar entre o faraón Taharqa e o rei asirio Senaquerib foi un acontecemento decisivo na historia occidental, os nubios foron derrotados nos seus intentos de afianzarse no Próximo Oriente por Asiria. O sucesor de Senaquerib Esarhaddon foi máis aló e invadiu o propio Exipto para asegurarse o control do Levante. Isto tivo éxito, xa que conseguiu expulsar a Taharqa do Baixo Exipto. Taharqa fuxiu de volta ao Alto Exipto e Nubia, onde morreu dous anos despois. O Baixo Exipto quedou baixo vasalaxe asiria, pero mostrouse ingobernable, rebelándose sen éxito contra os asirios. Entón, o rei Tantamani, sucesor de Taharqa, fixo un intento final decidido de recuperar o Baixo Exipto do recentemente reinstalado vasalo asirio Necho I. Conseguiu retomar Menfis matando a Necho no proceso e asediou cidades do delta do Nilo. Assurbanipal, que sucedera a Esarhadón, enviou un grande exército a Exipto para recuperar o control. Derrotou a Tantamani preto de Menfis e, perseguindoo, saqueou Tebas. Aínda que os asirios abandonaron inmediatamente o Alto Exipto despois destes acontecementos, debilitados, Tebas someteuse pacíficamente ao fillo de Necao Psamtik I menos dunha década despois. Isto acabou con todas as esperanzas dun renacemento do Imperio Nubio, que máis ben continuou na forma dun reino máis pequeno centrado en Napata. A cidade foi asaltada polos exipcios c. 590 a. C., e pouco despois, ata finais do século III a. C., os kushitas reinstaláronse en Meroë.[14][17][18]

Reinos cristianos medievais de Nubia (c. 350–1500)[editar | editar a fonte]

Os tres reinos cristiáns nubios. A fronteira norte de Alodia non está clara, pero tamén podería estar situada máis ao norte, entre a cuarta e a quinta catarata do Nilo.[19]

A principios do século V os biemios estableceron un estado de curta duración no Alto Exipto e na Baixa Nubia, probablemente centrado arredor de Talmis (Kalabsha), pero antes do 450 xa foran expulsados ​​do val do Nilo polos nobatianos. Estes últimos acabaron fundado un reino por si mesmos, Nobatia.[20] No século VI había en total tres reinos nubios: Nobatia no norte, que tiña a súa capital en Pachoras (Faras); o reino central, Makuria centrado en Tungul (Dongola Antiga), a uns 13 km o sur da moderna Dongola; e Alodia, no corazón do antigo reino kushita, que tiña a súa capital en Soba (agora un suburbio da actual Khartún).[21] Aínda no século VI convertéronse ao cristianismo.[22] No século VII, probablemente nalgún momento entre os anos 628 e 642, Nobatia incorporouse ao Makuria.[23]

Entre os anos 639 e 641 os árabes musulmáns do califato ortodoxo conquistaron o Exipto bizantino. No 641 ou 642 e de novo no 652 invadiron Nubia pero foron repelidos, o que converteu aos nubios nun dos poucos que lograron derrotar aos árabes durante a expansión islámica. Despois o rei de Makuria e os árabes acordaron un único pacto de non agresión que tamén incluía un intercambio anual de agasallos, recoñecendo así a independencia de Makuria.[24] Mentres os árabes non lograron conquistar Nubia, comezaron a instalarse ao leste do Nilo, onde finalmente fundaron varias cidades portuarias.[25] e casaron coa a xente nativa do pobo beja.[26]

Moisés George, rei de Makuria e Alodia

Desde mediados do século VIII ata mediados do XI, o poder político e o desenvolvemento cultural da Nubia cristiá alcanzou o seu máximo esplendor.[27] No ano 747, Makuria invadiu Exipto, que nese momento pertencía á decadente dinastía omeia,[28] e volveu facelo a principios da década dos 960, cando chegou ata o norte de Akhmim.[29] Makuria mantivo estreitos lazos dinásticos con Alodia, o que quizais dou como resultado a unificación temporal dos dous reinos nun só estado.[30] A cultura dos nubios medievais foi descrita como "afrobizantina",[31] pero tamén estivo cada vez máis influenciada pola cultura árabe.[32] A organización estatal estaba moi centralizada,[33] baseándose na burocracia bizantina dos séculos VI e VII.[34] As artes floreceron en forma de pinturas cerámicas[35] e sobre todo pinturas murais.[36] Os nubios desenvolveron un alfabeto para a súa lingua, o nobiin antigo, baseandoo no alfabeto copto, á vez que utilizaban o grego, o copto e o árabe.[37] As mulleres gozaban dun alto status social: tiñan acceso á educación, podían posuír, comprar e vender terras e a miúdo utilizaban a súa riqueza para reparar as igrexas e ás pinturas das mesmas.[38]Mesmo a sucesión real era matrilineal, sendo o herdeiro lexítimo o fillo da irmá do rei.[39]

Desde finais do século XI principios do XII, a capital de Makuria, Dongola, estivo en declive, e a capital de Alodia tamén o estaba no século XII.[40] Nos séculos XIV e XV as tribos beduinas invadiron a maior parte de Sudán, [41] emigraron cara a Butana, Gezira, Kordofán e Darfur.[42] En 1365 unha guerra civil obrigou á corte makuria a fuxir a Gebel Adda na Baixa Nubia, mentres Dongola era destruída e abandonada aos árabes. Despois Makuria seguiu existindo só como un pequeno reino.[43] Despois do próspero[44] reinado do rei Xoel (1463–1484) Makuria foise ao garete.[45] As zonas costeiras desde o sur de Sudán ata a cidade portuaria de Suakin foron sucedidas polo sultanato de Adal no século XV.[46][47] Ao sur, o reino de Alodia caeu en mans dos árabes, comandados polo líder tribal Abdallah Jamma, ou dos Funj, un pobo africano orixinario do sur.[48] As datacións van dende o século IX despois da Héxira (c. 1396–1494),[49] finais do século XV,[50] 1504[51] ou 1509.[52] É posible que sobrevivise un estado alodiano en forma de reino de Fazughli, que durou ata 1685.[53]

Reinos islámicos de Sennar e Darfur (c. 1500–1821)[editar | editar a fonte]

A gran mesquita de Sennar, construída no século XVII.[54]

En 1504 consta que os Funj fundaron o Reino de Sennar, o que se incorporou o reino de Abdallah Jamma.[55] En 1523, cando o viaxeiro xudeu David Reubeni visitou Sudán, o estado de Funj xa se estendía ata o norte de Dongola.[56] Mentres tanto, o islam comezou a ser predicado no Nilo polos santos sufís que se estableceron alí nos séculos XV e XVI[57] e despois da visita de David Reubeni o rei Amase Dunqas, anteriormente pagán ou cristián nominal, foi rexistrado como musulmán.[58] Porén, os Funj conservarían costumes non islámicos como o reino divino ou o consumo de alcohol ata o século XVIII.[59] O islam popular sudanés conservou moitos rituais derivados das tradicións cristiás ata o pasado recente.[60]

Pronto os Funj entraron en conflito cos otománs, que ocuparan Suakin arredor de 1526[61] e finalmente empurraron cara ao sur ao longo do Nilo, chegando á terceira zona de cataratas do Nilo en 1583/1584. Un intento otomán posterior de capturar Dongola foi repelido polos Funj en 1585.[62] Despois, Hannik situada xusto ao sur da terceira catarata marcaría a fronteira entre os dous estados.[63] As consecuencias da invasión otomá viron o intento de usurpación de Ajib, un rei menor do norte de Nubia.[64] Aínda que os Funj acabaron por matalo en 1611/1612, aos seus sucesores, a tribo Abdallab, concedéuselles gobernar todo o norte da confluencia dos Nilos Azul e Branco con considerable autonomía.[65]

Durante o século XVII o estado de Funj alcanzou a súa extensión máis ampla,[66] pero no século seguinte comezou a decaer.[67] Un golpe de estado en 1718 trouxo un cambio dinástico,[68] mentres que outro en 1761–1762[69] dou como resultado na rexencia de Hamaj, onde os Hamaj (un pobo das terras fronteirizas de Etiopía) gobernaron efectivamente mentres que os sultáns de Funj eran os seus meros monicreques.[70] Pouco despois o sultanato comezou a fragmentarse;[71] e a principios do século XIX estaba esencialmente restrinxido aos Gezira.[72]

Sudán do Sur en c. 1800. Móstranse os límites modernos.

O golpe de estado de 1718 iniciou unha política de persecución do islam máis ortodoxo, que á súa vez promoveu a arabización do estado.[73] Para lexitimar o seu dominio sobre os seus súbditos árabes, os Funj comezaron a propagar unha descendencia omeia.[74] Ao norte da confluencia do Nilo Azul e do Nilo Branco, augas abaixo de Al Dabbah, os nubios adoptaron a identidade tribal dos árabes gaalinés.[75] Cara o século XIX o árabe conseguira converterse na lingua dominante do Sudán fluvial central [76][77][78] e a maior parte do Kordofán.[79]

Ao oeste do Nilo, en Darfur, o período islámico viu nun principio o ascenso do reino Tungur, que substituíu ao antigo reino Daju no século XV[80] e estendeuse ao oeste ata o reino de Uadai.[81] Os tungurianos probablemente eran bérberes arabizados e, polo menos, a súa elite gobernante, musulmáns.[82] No século XVII, os tungur foron expulsados do poder polos furis de Keira.[81] O estado Keira, nominalmente musulmán desde o reinado de Sulayman Solong (r. c. 1660–1680),[83] foi inicialmente un pequeno reino no norte das montañas Marrah,[84] pero expandiuse cara o oeste e o norte a principios do século XVIII[85] e cara ao leste baixo o dominio de Muhammad Tayrab (r. 1751–1786),[86] alcanzando o seu punto máximo coa conquista de Kordofán en 1785.[87] O apoxeo deste imperio, agora aproximadamente do tamaño da actual Nixeria,[87] duraría ata 1821.[86]

O Sudán turco e mahdista (1821-1899)[editar | editar a fonte]

Ismail Pasha, khedive otomán de Exipto e Sudán de 1863 a 1879.
Muhammad Ahmad, gobernante do Sudán (1881–1885).

En 1821, o gobernante otomán de Exipto, Muhammad Alí, invadira e conquistara o norte do Sudán. Aínda que tecnicamente era o vali de Exipto baixo o Imperio Otomán, Muhammad Alí definíase como khedive dun Exipto practicamente independente. Buscando engadir Sudán aos seus dominios, enviou ao seu terceiro fillo Ismail para conquistar o país e, posteriormente, incorporalo a Exipto. Con excepción da Shaiqiya e do sultanato de Darfur en Kordofán, atopouse sen resistencia. A política de conquista exipcia foi ampliada e intensificada polo fillo de Ibrahim Pasha, Ismaʻil, baixo cuxo reinado se conquistou a maior parte do resto do Sudán actual.

As autoridades exipcias realizaron importantes melloras nas infraestruturas sudanesas (principalmente no norte), especialmente no que se refire ao rego e á produción de algodón. En 1879, as Grandes Potencias forzaron a destitución de Ismail e puxeron ao seu fillo Tewfik Pasha no seu lugar. A corrupción e a mala xestión de Tewfik deu lugar á revolta de Urabi, que ameazou a supervivencia do khedive. Tewfik pediu axuda aos británicos, que posteriormente ocuparon Exipto en 1882. Sudán quedou en mans do goberno khedivial, e da mala xestión e corrupción dos seus funcionarios.[88][89]

Durante o período khedivial, a disidencia estendeuse debido aos duros impostos impostos á maioría das actividades. Os impostos sobre pozos de rego e terras de cultivo eran tan altos que a maioría dos agricultores abandonaron as súas granxas e gando. O sur escapa ao control musulmán e sofre incursións de cazadores de escravos. Durante a década de 1870, as iniciativas europeas contra o tráfico de escravos tiveron un impacto adverso na economía do norte de Sudán, precipitando o ascenso das forzas mahdista.[90] Muhammad Ahmad ibn Abd Allah Al-Mahdi, o Mahdi (enviado), ofreceu aos ansars (os seus seguidores) e aos que se renderon ante el a posibilidade de elixir entre adoptar o islam ou ser asasinados. O mahdiyah (réxime mahdista) impuxo as leis islámicas tradicionais. O 12 de agosto de 1881, ocorreu un incidente na Illa de Aba, que provocou o estalido da que se converteu na guerra mahdista.

Desde o seu anuncio do Mahdiyya en xuño de 1881 ata a caída de Khartún en xaneiro de 1885, Muhammad Ahmad liderou unha campaña militar exitosa contra o goberno turco-exipcio do Sudán, coñecida como Turkiyah. Muhammad Ahmad morreu o 22 de xuño de 1885, só seis meses despois da conquista de Khartún. Despois dunha loita polo poder entre os seus discípulos, Abdallahi ibn Muhammad, coa axuda principalmente dos baggara do oeste de Sudán, venceu a oposición dos demais e emerxeu como o líder indiscutible do estado Mahdiyah. Despois de consolidar o seu poder, Abdallahi ibn Muhammad asumiu o título de califa (sucesor) do Mahdi, instituíu unha administración e nomeou os seus seguidores, os ansar, (que normalmente eran baggara) como emires sobre cada unha das distintas provincias.

A fuga do califa tras a súa derrota na batalla de Omdurman.

As relacións rexionais mantivéronse tensas durante gran parte do período Mahdiyah, en gran parte debido aos brutais métodos do califa para estender o seu dominio por todo o país. En 1887, un exército de ansars de 60.000 homes invadiu Etiopía, penetrando ata Gondar. En marzo de 1889, o rei Xoán IV de Etiopía marchou sobre Metemma; con todo, despois de que Xoán IV caera na batalla, as forzas etíopes retiráronse. Abd ar-Rahman an-Nujumi, o xeneral do califa, intentou unha invasión de Exipto en 1889, pero as tropas exipcias dirixidas polos británicos derrotaron aos ansar en Tushkah. O fracaso da invasión exipcia rompeu o feitizo da invencibilidade dos ansar. Os belgas impediron que os homes do Mahdi conquistasen Ecuatoria, e en 1893, os italianos rexeitaron un ataque dos ansar en Agordat (Eritrea) e obrigaron aos ansar a retirarse de Etiopía. Na década de 1890, os británicos intentaron restablecer o seu control sobre Sudán, unha vez máis oficialmente en nome do khedive exipcio, pero en realidade tratando o país como unha colonia británica. A principios da década de 1890, as reivindicacións británicas, francesas e belgas converxeran nas cabeceiras do Nilo. Gran Bretaña tiña medo de que as outras potencias aproveitasen a inestabilidade do Sudán para adquirir territorios previamente anexionados a Exipto. Ademais destas consideracións políticas, Gran Bretaña quería establecer o control sobre o Nilo para salvagardar un encoro de irrigación planificado en Asuán. Herbert Kitchener liderou as campañas militares contra o Sudán mahdista de 1896 a 1898. As campañas de Kitchener culminaron cunha vitoria decisiva na batalla de Omdurman o 2 de setembro de 1898. Un ano despois, o 25 de novembro de 1899, a batalla de Umm Diwaykarat, resultou na morte de Abdallahi ibn Muhammad, poñendo así fin á guerra mahdista.

Sudán anglo-exipcio (1899–1956)[editar | editar a fonte]

En 1899, Gran Bretaña e Exipto chegaron a un acordo en virtude do cal Sudán seria dirixido por un gobernador xeral nomeado por Exipto co consentimento británico.[91] En realidade, Sudán foi efectivamente administrado como unha colonia da Coroa. Os británicos estaban ansiosos por reverter o proceso, iniciado baixo Muhammad Alí Pasha, de unir o Val do Nilo baixo o liderado exipcio e buscaron frustrar todos os esforzos destinados a unir aínda máis os dous países.[Cómpre referencia]

O Sudán sufriu dezasete anos de guerra durante a primeira guerra civil sudanesa (1955-1972). A esta seguírona varios conflitos étnicos, relixiosos e económicos entre a poboación do norte (árabe-musulmá) e a poboación do sur (animista, nilótica-cristiá e negra), que desembocaron na segunda guerra civil sudanesa (1983-2005). En 1989 tivo lugar un golpe de estado liderado polo militar Omar Hassan Ahmad al-Bashir, quen se autoproclamou presidente en 1993. A segunda guerra civil remata en 2005 tralo Acordo Xeral de Paz. Redactouse unha nova constitución e a rexión sur do país obtivo autonomía.

A introdución da xaria, a lei islámica, causou a fuga de máis de 350 000 persoas a países veciños. Entre outras medidas, a lei estabelece a prohibición de bebidas alcohólicas e castigos de enforcamento ou mutilación.

Desde 2003 existe un Conflito na rexión de Darfur. Houbo un exterminio da poboación negra por parte de milicias árabes, presuntamente apoiadas polo goberno de xeito encuberto.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os desertos da Nubia e da Libia e o clima árido predominan no norte, mentres que o sur está cuberto por sabanas e forestas tropicais. A bacía do río Nilo, que atravesa o Sudán, é fonte de enerxía eléctrica e de irrigación para as plantacións de algodón, principal produto de exportación, ao lado da goma-arábica.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía do Sudán.

A maioría da poboación do Sudán vive da agricultura de subsistencia e da pesca. Recentemente o petróleo tornouse un dos principais produtos de exportación do país, e ten estimulado un gran crecemento da economía.

Desde o 1997 o Sudán ten traballado co Fondo Monetario Internacional para implantar reformas económicas, incluíndo a flutuación da taxa de troco.

Demografía[editar | editar a fonte]

Cidades importantes[editar | editar a fonte]

Mapa do Sudán.

Segundo o censo de 2005 as principais cidades do Sudán ou capitais provinciais teñen a seguinte poboación:

  • Abu Fatma ?
  • Ad-Damazin 201.966
  • Ad-Damir 96.540
  • Ad-Du'ayn 165.056
  • Ad-Duwaym 88.469
  • Al-Fashir 255.344
  • Al-Fulah 14.004
  • Al-Junaynah 163.012
  • Al-Manaqil 154.115
  • Al-Nuhud 84.115
  • Al-Qadarif 354.927
  • Al-Ubayyid 396.172
  • Atbara 103.734
  • Bentiu 8.010
  • Bor 28.176
  • Dongola (Dunqulah) 17.771
  • Halfa al-Jadidah 86.375
  • Juba 198.527
  • Kaduqli 127.812
  • Kassala 386.510
  • Khartún 1.740.661
  • Khartum Nord (Khartum Bahri) 1.723.081
  • Kusti 306.721
  • Malakal 110.046
  • Nyala 496.695
  • Omdurman (Umm Durman) 2.956.894
  • Port Sudan (Bur Sudan) 504.868
  • Rabak 117.208
  • Rumbek 23.653
  • Sedeinga ?
  • Sennar 124.027
  • Tonj 6.592
  • Torit 16.560
  • Uwayl 39.428
  • Wad Madani 315.105
  • Waw 110.039
  • Yambio 35.000

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sudan forms 11-member sovereign council, headed by al-Burhan". Al Jazeera (en inglés). 20 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sudanés.
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 
  4. "Sudan". Oxford English Dictionary. 1989. Consultado o 9 de xullo de 2011. 
  5. Collins, Robert O. (2008). A History of Modern Sudan. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-85820-5.
  6. Davison, Roderic H. (1960). "Where is the Middle East?". Foreign Affairs 38 (4). pp. 665–675. doi:10.2307/20029452. 
  7. "The World Factbook: Sudan". U.S. Central Intelligence Agency. ISSN 1553-8133. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2011. 
  8. http://www.wto.org/english/thewto_e/whatis_e/tif_e/org6_e.htm
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2014. 
  10. International Association for the History of Religions (1959). EJ Brill, ed. Numen. Leiden. p. 131. West Africa may be taken as the country stretching from Senegal in the west, to the Cameroons in the east; sometimes it has been called the central and western Sudan, the Bilad as-Sūdan, ‘Land of the Blacks’, of the Arabs .
  11. "Sudan A Country Study". Countrystudies.us. Consultado o 11 de outubro do 2022. 
  12. Keita, S.O.Y. (1993). "Studies and Comments on Ancient Egyptian Biological Relationships". History in Africa 20 (7). pp. 129–54. JSTOR 317196. doi:10.2307/3171969. 
  13. Edwards, David N. (2005). Nubian Past : an Archaeology of the Sudan. Taylor & Francis. ISBN 978-0-203-48276-6. OCLC 437079538. 
  14. 14,0 14,1 Emberling, Geoff; Davis, Suzanne (2019). "A Cultural History of Kush: Politics, Economy, and Ritual Practice". Graffiti as Devotion along the Nile and Beyond (PDF). Kelsey Museum of Archaeology. pp. 5–6, 10–11. ISBN 978-0-9906623-9-6. Consultado o 13 de outubro do 2022. 
  15. Takacs, Sarolta Anna; Cline, Eric H. (2015-07-17). The Ancient World (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-317-45839-5. 
  16. Roux, Georges (1992). Ancient Iraq. Penguin Books Limited. ISBN 978-0-14-193825-7. 
  17. Connah, Graham (2004). Forgotten Africa: An Introduction to Its Archaeology. Routledge. pp. 52–53. ISBN 0-415-30590-X. Consultado o 3 November 2021. 
  18. Unseth, Peter (1 de xullo de 1998). "Semantic Shift on a Geographical Term". The Bible Translator 49 (3). pp. 323–324. doi:10.1177/026009359804900302. 
  19. Welsby 2002, p. 26.
  20. Welsby 2002, pp. 16–22.
  21. Welsby 2002, pp. 24, 26.
  22. Welsby 2002, pp. 16–17.
  23. Werner 2013, p. 77.
  24. Welsby 2002, pp. 68–70.
  25. Hasan 1967, p. 31.
  26. Welsby 2002, pp. 77–78.
  27. Shinnie 1978, p. 572.
  28. Werner 2013, p. 84.
  29. Werner 2013, p. 101.
  30. Welsby 2002, p. 89.
  31. Ruffini 2012, p. 264.
  32. Martens-Czarnecka 2015, pp. 249–265.
  33. Werner 2013, p. 254.
  34. Edwards 2004, p. 237.
  35. Adams 1977, p. 496.
  36. Adams 1977, p. 482.
  37. Welsby 2002, pp. 236–239.
  38. Werner 2013, pp. 344–345.
  39. Welsby 2002, p. 88.
  40. Welsby 2002, p. 252.
  41. Hasan 1967, p. 176.
  42. Hasan 1967, p. 145.
  43. Werner 2013, pp. 143–145.
  44. Lajtar 2011, pp. 130–131.
  45. Ruffini 2012, p. 256.
  46. Owens, Travis (xuño de 2008). Beleaguered Muslim Fortresses And Ethiopian Imperial Expansion From The 13th To The 16th Century (PDF) (Masters). Naval Postgraduate School. p. 23. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de novembro de 2020. Consultado o 13 de outubro do 2022. 
  47. Levtzion & Pouwels 2000, p. 229.
  48. Welsby 2002, p. 255.
  49. Vantini 1975, pp. 786–787.
  50. Hasan 1967, p. 133.
  51. Vantini 1975, p. 784.
  52. Vantini 2006, pp. 487–489.
  53. Spaulding 1974, pp. 12–30.
  54. Holt & Daly 2000, p. 25.
  55. O'Fahey & Spaulding 1974, pp. 25–26.
  56. O'Fahey & Spaulding 1974, p. 26.
  57. Loimeier 2013, p. 150.
  58. O'Fahey & Spaulding 1974, p. 31.
  59. Loimeier 2013, pp. 151–152.
  60. Werner 2013, pp. 177–184.
  61. Peacock 2012, p. 98.
  62. Peacock 2012, pp. 96–97.
  63. O'Fahey & Spaulding 1974, p. 35.
  64. Dise que conquistou o leste de Sudán Precolonial Beja: A Periphery at the Crossroads p. 17 Paul 77,81-83 Ao redor de 1580 conquistou o leste de Sudán e o noroeste de Eritrea
  65. O'Fahey & Spaulding 1974, pp. 36–40.
  66. Adams 1977, p. 601.
  67. O'Fahey & Spaulding 1974, p. 78.
  68. O'Fahey & Spaulding 1974, p. 88.
  69. Spaulding 1974, p. 24-25.
  70. O'Fahey & Spaulding 1974, pp. 94–95.
  71. O'Fahey & Spaulding 1974, p. 98.
  72. Spaulding 1985, p. 382.
  73. Loimeier 2013, p. 152.
  74. Spaulding 1985, pp. 210–212.
  75. Adams 1977, pp. 557–558.
  76. Edwards 2004, p. 260.
  77. O'Fahey & Spaulding 1974, pp. 28–29.
  78. Hesse 2002, p. 50.
  79. Hesse 2002, pp. 21–22.
  80. McGregor 2011, Table 1.
  81. 81,0 81,1 O'Fahey & Spaulding 1974, p. 110.
  82. McGregor 2011, p. 132.
  83. O'Fahey & Spaulding 1974, p. 123.
  84. Holt & Daly 2000, p. 31.
  85. O'Fahey & Spaulding 1974, p. 126.
  86. 86,0 86,1 O'Fahey & Tubiana 2007, p. 9.
  87. 87,0 87,1 O'Fahey & Tubiana 2007, p. 2.
  88. Churchill 1902, p. [cómpre nº de páxina].
  89. Rudolf Carl Freiherr von Slatin; Sir Francis Reginald Wingate (1896). Fire and Sword in the Sudan. E. Arnold. Consultado o 16 de outubro do 2022. 
  90. Domke, D. Michelle (November 1997). "ICE Case Studies; Case Number: 3; Case Identifier: Sudan; Case Name: Civil War in the Sudan: Resources or Religion?". Inventory of Conflict and Environment. Arquivado dende o orixinal o 9 December 2000. Consultado o 8 January 2011 – vía American University School of International Service. 
  91. Humphries, Christian (2001). Oxford World Encyclopedia. Nova York, NY: Oxford University Press. p. 644. ISBN 0195218183. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.