Natación nos Xogos Olímpicos
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A natación é un deporte que forma parte do programa oficial olímpico dende os primeiros xogos disputados en Atenas en 1896 e conforma xunto co atletismo, o ciclismo, a ximnasia e a esgrima os cinco deportes que sempre estiveron presentes en todas as edicións olímpicas. A natación é o segundo deporte olímpico con maior número de probas (despois do atletismo).
O gran dominador deste deporte son os Estados Unidos de América, seguidos moi de lonxe por Australia, a República Democrática Alemá e Hungría.
Probas actuais[editar | editar a fonte]
- 50 metros: estilo libre (feminino e masculino)
- 100 metros: estilo libre, costas, peito (braza), bolboreta (feminino e masculino)
- 200 metros: estilo libre, costas, peito (braza), bolboreta, combinados (feminino e masculino)
- 400 metros: estilo libre, combinados (feminino e masculino)
- 800 metros: estilo libre (feminino)
- 1500 metros: estilo libre (masculino)
- 4 x 100 metros: estilo libre, combinados (feminino e masculino)
- 4 x 200 metros: estilo libre (feminino e masculino)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |