RAI
- Para a moeda de pedra da Micronesia denominada "rai" véxase: Moeda de pedra.
| RAI | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Forma xurídica
| |
|
Lingua usada
| |
|
Texto lema
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Propietario/a
| |
|
Fundador/a
| |
|
Director/a
| |
|
Director/a executivo/a
| |
|
Cadro de persoal
| |
|
Ten en propiendade
Q3929488 Q3929489 Centro di produzione Rai di Via Teulada (en) Q3929490 Rai Doc (pt) Auditorium Rai di Napoli (en) Rai Südtirol (en) Palazzo Labia (pt) Grattacielo Rai (en) | |
|
Membro de
| |
|
Entidades subsidiarias
| |
| Actividade | |
|
Industria
| |
|
Produto
| |
| Economía | |
|
Ingresos totais
| |
| Datas e cronoloxía | |
| Premios | |
|
Nomeamentos
| |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
Área de operación
| |
|
Lugar de formación
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane,[1] é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias canles de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.
Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén se pode recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.
Orixes
[editar | editar a fonte]A RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como Unione Radiofonica Italiana (URI) e foi creada no ano 1924 por varios empresarios privados e membros do grupo Marconi. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o 24 de outubro dese ano cun cuarteto de Haydn.
No ano 1927 a URI foi renomeada como Ente Italiano Audizioni Radiofoniche (EIAR). Sobreviviu ata 1944 cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada Radio Audizioni Italiane, ou RAI.
Non foi ata o 1954 cando a RAI adquiriu a súa estrutura actual. Nese ano o estado italiano adquiriu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O 3 de xaneiro de 1954 as 11:00, a primeira grella de televisión foi emitida desde a oficina de Milán e desde as subsés de Turín e Roma. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana Arrivi e partenze, dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.
Servizos
[editar | editar a fonte]Radio
[editar | editar a fonte]- Rai Radio 1: Noticias e información
- Rai Radio 2
- Rai Radio 3: música clásica
- Rai Radio Tutta Italiana
- Rai Radio Classica
- Rai Radio Techete'
- Rai Radio Live
- Rai Radio Kids
- Rai Gr Parlamento: Emisións desde o Parlamento Italiano
- Rai Isoradio
- Rai Südtirol Radio: en alemán, só emite na provincia de Bolzano
- Radio Trst A: en esloveno, só en Friúl-Venecia Xulia
Televisión
[editar | editar a fonte]Émisión analóxica (ata o 2012), dixital e satélite:
- Rai 1
- Rai 2
- Rai 3
- Rai 4: entretemento
- Rai 5
- Rai Südtirol: en alemán, só en Bolzano-Bozen unhas poucas horas ó día;
Emisión en dixital:
- Rai News 24 [s]: noticias
- Rai Sport [s]: deportes
- Rai Gulp [s]: destinado á mocidade
- Rai Storia [s]: educación e cultura
- Rai Scuola [s]: educación e cultura
[s]: tamén dispoñible vía satélite
Emisión vía satélite:
- Rai Scuola
- Camera dei Deputati
- Senato Italiano
Internacional
[editar | editar a fonte]- Rai Italia: emisión dos mellores programas da RAI
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La radio in Italia cronologia". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2017. Consultado o 02 de febreiro de 2010.