Xogos Olímpicos de 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XXXI Olimpíada
Olympic rings with white rims.svg
Río de Xaneiro 2016
Estados Participantes
Atletas
Eventos 304 en 28 deportes
Cerimonia de Apertura 5 de agosto
Cerimonia de Clausura 21 de agosto
Apertura oficial
Xuramento do Atleta
Xuramento do Xuíz
Xuramento do Adestrador
Facho Olímpico
Local Estádio do Maracanã

Os Xogos Olímpicos de 2016, correspondentes á XXXI Olimpíada, terán lugar en Río de Xaneiro (Brasil) entre o 5 e o 21 de agosto de 2016. A cidade brasileña organizará de xeito conxunto os XV Xogos Paralímpicos entre os días 7 e 18 de setembro dese mesmo ano.

Proceso de candidatura[editar | editar a fonte]

O proceso de elección da sede dos Xogos Olímpicos de Verán de 2016 levouse a cabo entre 2007 e 2009 e contou coa participación de sete cidades de tres continentes. Outras plantexáranse participar no proceso, mais finalmente non se inscribiron.

O 13 de setembro de 2007 pechouse o prazo de inscrición. Dúas cidades americanas (Chicago e Río de Xaneiro), dúas asiáticas (Doha e Toquio) e tres europeas (Baku, Madrid e Praga) oficializaron a súa candidatura. O 4 de xuño de 2008 o Comité Olímpico Internacional (COI) revelou o resultado das avaliacións preliminares das sete cidades postulantes, eliminando a Baku, Praga e Doha, quedando as outras catro cidades como candidatas: Río de Xaneiro, Madrid, Toquio e Chicago.

A segunda fase comezou co Programa de Observación dos Xogos Olímpicos de 2008, en Beijing. Logo de elaborar o seu libro de candidatura e recibir a visita da Comisión Avaliadora do COI, as cidades candidatas participaron nun encontro en xuño, promovido por primeira vez na historia, cos membros do COI, que elexirían a sede dos Xogos de 2016.

En setembro de 2009, a Comisión Avaliadora divulgou as suas impresións sobre os proxectos finalistas. Toquio, a cidade que tiña a nota preliminar máis alta, perdeu o favoritismo, principalmente devido aos baixos niveis de apoio popular que a candidatura recebia. Chicago sufriu coas protestas internas e as leis americanas. A candidatura de Madrid tivo o proxecto máis criticado, principalmente a causa da falta de claridade das leis antidopaxe no Estado español e da estrutura organizativa do comité local. As críticas fixeron facer cambios en moi pouco tempo aos representantes da candidatura, e mesmo co alcalde Alberto Ruiz-Gallardón xa admitindo a derrota, o Parlamento Español aprobou a alteración das leis antidopaxe do país poucos días antes da votación. Pola súa banda, a candidatura de Río de Xaneiro, a pesar de ter tido boas notas, tiña problemas cos aloxamentos e os transportes. As avaliacións foron consideradas equilibradas, non sendo posible ata aquela apuntar a ningunha cidade como favorita, nin polo presidente do COI, Jacques Rogge, nin polos membros da entidade, que tiñan o dereito de escoller a vencedora, así como por parte da prensa e sitios web especializados.

A elección[editar | editar a fonte]

A sede dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Verán de 2016 foi escollida o día 2 de outubro de 2009 en Copenhaguen (Dinamarca), durante a 121ª sesión do Comité Olímpico Internacional. Logo da eliminación das cidades de Chicago e Toquio na primeira e segunda votación respectivamente, chegaron á final as cidades de Madrid e Río de Xaneiro, saíndo vencedora na votación final a cidade brasileña ao acadar a maioría dos votos.

121ª sesión
Comité Olímpico Internacional
2 de outubro de 2009, no Bella Center, Copenhagen, Dinamarca.
Cidade Estado 1ª Rolda 2ª Rolda 3ª Rolda
Río de Xaneiro Flag of Brazil.svg Brasil 26 46 66
Madrid España España 28 29 32
Toquio Flag of Japan.svg Xapón 22 20
Chicago Estados Unidos de América Estados Unidos 18

Deportes[editar | editar a fonte]

Nesta olimpiada haberá un total de 28 deportes. Logo da exclusión do beisbol e do sóftbol en Londres 2012, en Río 2016 incluiranse dous novos deportes: o golf e o rugby a 7. Tamén se incluirá unha nova modalidade da ximnasia, a ximnasia acrobática.

Sedes[editar | editar a fonte]

Os Xogos Olímpicos de Río disputaranse en catro zonas principais: Maracaná, Barra, Deodoro e Copacabana.

Maracaná[editar | editar a fonte]

Copacabana[editar | editar a fonte]

Barra[editar | editar a fonte]

Deodoro[editar | editar a fonte]

Estadios de fútbol[editar | editar a fonte]

Ademais do Estadio Olímpico João Havelange e de Maracaná, os seguintes estadios acolleráan as primeiras roldas das competicións de fútbol:

Calendario[editar | editar a fonte]

Evento Mér
3
Xov
4
Ven
5
Sáb
6
Dom
7
Lun
8
Mar
9
Mér
10
Xov
11
Ven
12
Sáb
13
Dom
14
Lun
15
Mar
16
Mér
17
Xov
18
Ven
19
Sáb
20
Dom
21
TOT
Inauguración
Athletics pictogram.svg Atletismo 3 5 4 5 5 4 6 7 7 1 47
Badminton pictogram.svg Bádminton 1 1 2 1 5
Basketball pictogram.svg Baloncesto 1 1 2
Handball pictogram.svg Balonmán 1 1 2
Boxing pictogram.svg Boxeo 1 1 1 1 1 1 3 4 13
Cycling (road) pictogram.svg Ciclismo 1 1 2 1 2 2 1 1 3 2 1 1 18
Equestrian pictogram.svg Equitación 2 1 1 1 1 6
Fencing pictogram.svg Esgrima 1 1 1 1 2 1 1 1 1 10
Football pictogram.svg Fútbol 1 1 2
Golf pictogram.svg Golf 1 1 2
Weightlifting pictogram.svg Halterofilia 1 2 2 2 2 2 1 1 1 1 15
Field hockey pictogram.svg Hóckey 1 1 2
Judo pictogram.svg Judo 2 2 2 2 2 2 2 14
Wrestling pictogram.svg Loita 2 2 2 3 3 2 2 2 18
Swimming pictogram.svg Natación 4 4 4 4 4 4 4 4 1 1 34
Synchronized swimming pictogram.svg Natación sincronizada 1 1 2
Olympic pictogram Modern pentathlon.png Péntatlon moderno 1 1 2
Canoeing (flatwater) pictogram.svg Piragüismo 1 1 2 4 4 4 16
Rowing pictogram.svg Remo 2 4 4 4 14
Rugby union pictogram.svg Rugby a 7 1 1 2
Diving pictogram.svg Saltos de trampolín 1 1 1 1 1 1 1 1 8
Taekwondo pictogram.svg Taekwondo 2 2 2 2 8
Tennis pictogram.svg Tenis 1 1 3 5
Table tennis pictogram.svg Tenis de mesa 1 1 1 1 4
Shooting pictogram.svg Tiro 2 2 2 1 2 1 2 2 1 15
Archery pictogram.svg Tiro con arco 1 1 1 1 4
Triathlon pictogram.svg Tríatlon 1 1 2
Sailing pictogram.svg Vela 2 2 2 2 2 10
Volleyball (indoor) pictogram.svg Voleibol 1 1 1 1 4
Water polo pictogram.svg Wáter-polo 1 1 2
Gymnastics (artistic) pictogram.svg Ximnasia 1 1 1 1 1 1 4 3 3 1 1 18
Clausura
Evento 25 26 27 28 29 30 31 01 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 TOT



Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]