Mozambique
| República de Moçambique (pt) مْسُمْبِيجِ (sw) | |||||
| Himno | Pátria Amada | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Lema | «Dewch i'r fan lle cychwynwyd y cyfan» | ||||
| Epónimo | Illa de Mozambique | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Capital | Maputo | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 29.668.834 (2017) | ||||
| Lingua oficial | lingua portuguesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 801.590 km² | ||||
| Punto máis alto | Monte Binga (2.436 m) | ||||
| Punto máis baixo | Canle de Mozambique (0 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 25 de xuño de 1975: Estado soberano | ||||
| Organización política | |||||
| • Presidente (pt) | Daniel Chapo (2025–sen valor) | ||||
| Órgano executivo | Governo de Moçambique (pt) | ||||
| • Primeiro ministro | Maria Benvida Levy (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Assembleia da República de Moçambique (pt) | ||||
| Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Mozambique (en) | ||||
| Membro de | |||||
| PIB nominal | 15.776.757.420 $ (2021) | ||||
| Moeda | Metical | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Dominio de primeiro nivel | .mz | ||||
| Prefixo telefónico | +258 | ||||
| Teléfono de emerxencia | 119, 117 e 198 (pt) | ||||
| Código de país | MZ | ||||
| Sitio web | portaldogoverno.gov.mz | ||||
Mozambique,[1] oficialmente República de Mozambique (en portugués, República de Moçambique) é un país da costa oriental da África Austral. Limita ao norte con Zambia, Malawi e Tanzania, ao leste coa canle de Mozambique e co océano Índico, ao sur e oeste con Suráfrica e ao oeste con Eswatini e Zimbabwe. Máis alá do canal de Mozambique, o país ten ao leste as illas Comores, Madagascar, a posesión francesa de Mayotte e o departamento tamén francés de Reunión e as súas dependencias Juan de Novoa, Basas da Índia e Illa Europa. A súa capital é Maputo.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de Mozambique atópase documentada, polo menos, dende o século X, cando un estudoso viaxante árabe, Al Masudi describiu unha importante actividade comercial entre as nacións da rexión do Golfo Pérsico e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que abranguía gran parte da costa norte e centro do actual Mozambique.
Porén, varios achados arqueolóxicos permiten caracterizar a prehistoria de Mozambique dende moitos séculos antes da escrita. Probablemente o evento máis importante desa prehistoria foi o asentamento nesta rexión dos pobos Bantú que, non só foron agricultores, senón que tamén introduciron a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.
A penetración portuguesa en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 -coa partilla de África polas potencias europeas durante a Conferencia de Berlín- transformouse nunha ocupación militar (véxase o Mapa Cor-de-Rosa e o Ultimato británico), ou sexa, na submisión total dos estados alí existentes, que levou, nos comezos do século XX, a unha verdadeira administración colonial.
Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de xuño do 1975.
Ademais de membro da Unión Africana, Mozambique é tamén membro fundador da SADC, Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral.

Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política de Mozambique.
A Frelimo foi o movemento que loitou pola liberación desde o comezo da década de 1960. Despois da independencia, a Frelimo tornouse nun partido político e pasou a controlar o poder. Samora Machel ocupou a presidencia do país ata a súa morte no 1986. A Frelimo permaneceu no poder ata hoxe, tendo gañado en tres ocasións as eleccións multi-partidarias realizadas en 1994, 1999 e 2004. A Renamo é o principal partido de oposición.
Subdivisóns
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Subdivisións de Mozambique.
Mozambique está dividido en 11 provincias: Cabo Delgado, Gaza, Iñambane, Manica, Maputo (cidade), Maputo (provincia), Nampula, Niasa, Sofala, Tete, e Zambézia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Mozambique.
O país localízase na costa leste de África, na maior chaira costeira do continente (a metade do territorio do país encóntrase a 230 m sobre o nivel do mar). A cadea montañosa coñecida como Inyanga atópase ao oeste do país, alcanzando o seu máximo pico 2500 m. As maiores elevacións montañosas están a carón de Zimbabwe, Zambia e Malawi.
As costas son moi irregulares, estando cubertas por grandes pantanos. As praias son turísticas, con area fina branca e augas cristalinas.
O país está dividido polo río Zambeze.
Mozambique ten unha estación cálida e chuviosa dende novembro a marzo, e unha fresca con ventos secos dende xullo a setembro.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Mozambique.
En 1975, ano da súa independencia, Mozambique era un dos países máis pobres do mundo, máis os problemas de xestión da economía socialista e unha guerra civil entre o 1977 e o 1992 empeoraron a situación.[2]
O 1987 o goberno comezou unha serie de reformas macroeconómicas con fins de estabilizar a economía, coñecidas como Programa de Rehabilitación Económica e Social, malia isto, a agricultura de subsistencia segue sendo a principal fonte de renda da maioría da poboación.
Demografía
[editar | editar a fonte]Linguas
[editar | editar a fonte]O portugués é a lingua oficial e a máis falada do país, (70% como segunda lingua e 30% como primeira lingua). En Mozambique o portugués está menos estendido que en Angola, onde si é falado como primeira lingua pola maioría da poboación.
En Mozambique fálanse diversas linguas nativas, todas da gran familia de linguas bantús, as principais das cales son o macua, falada polo 26,3% da poboación, o tsonga (11,4%) e o elomwe (7,9%), outras linguas bantús son shona, ronga, echuwabo, chichewa, chope, bitonga, sena, ñungwe, ekoti, yao, maconde e mwani. Tamén ao norte do país se fala o suajili.[3]
Cultura
[editar | editar a fonte]Literatura
[editar | editar a fonte]Dende comezos do século XX, escritores e periodistas africanos publicaron o seu propio xornal na capital, O Africano (logo rebautizado baixo o nome de O Brado Africano), o cal subministrou un espazo de discusión para os intelectuais durante décadas.
O poeta José Craveirinha, autor de Chigubo e de Karingana ua karingana (Era unha vez), foi galardoado co Premio Camões en 1991.[4] Outros autores relevantes son Mia Couto e Paulina Chiziane.
Belas artes
[editar | editar a fonte]O pintor Malangatana Valente Ngwenya, coñecido como Malangatana, é un artista de renome internacional, sendo nombrado Artista da Unesco para a Paz. O escultor Alberto Chissano foi un pioneiro da escultura moderna en madeira en Mozambique, é considerado, xunto con Malangatana e o muralista Mankew Valente Muhumana, un dos artistas máis importantes e influentes de Mozambique.[5]
Festividades
[editar | editar a fonte]| Data | Nome en portugués | Observacións |
|---|---|---|
| 1 de xaneiro | Día da Fraternidade universal | |
| 3 de febreiro | Dia dos Heróis Moçambicanos | En homenaxe a Eduardo Mondlane |
| 7 de abril | Dia da Mulher Moçambicana | En homenaxe a Xosina Machel |
| 1 de maio | Día Internacional dos Trabalhadores | |
| 25 de xuño | Dia da Independência Nacional | |
| 25 de setembro | Dia das Forças Armadas de Libertação Nacional | En homenaxe ao inicio da Loita Armada de Liberación Nacional |
| 4 de outubro | Dia da Paz e da Reconciliação | En homenaxe ao Acordo Xeral de Paz |
| 25 de decembro | Día da Familia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mozambicano.
- ↑ "The World Factbook". cia.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020.
- ↑ Bento Sitoe e Armando Ngunga (ed.). Relatório do II Seminário sobre a Padronização da Ortografia de Línguas Moçambicanas realizado na Matola (Maputo), de 8 a 12 de março de 1999. (2000) Centro de Estudos das Línguas Moçambicanas, Maputo.
- ↑ "Prêmio Camões de Literatura". bn.gov.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "Daily life and social customs". Enciclopedia Británica (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mozambique |
| A Galipedia ten un portal sobre: Mozambique |

