Saltar ao contido

Saint Kitts e Nevis

Saint Kitts e Nevis
 Nome orixinal
    Federation of Saint Kitts and Nevis (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Saint Kitts and Nevis (en)
la Fédération de Saint-Christophe-et-Niévès (fr) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Saint Kitts és Nevis-i (hu)
neviziane (vec)
neviziana (vec)
מסנט קיטס ונוויס (he)
Christophienne (fr)
neviziani (vec)
كيتي (ary)
nevizian (vec)
كيتية (ary)
كيتيين (ary)
de Saint Kitts y Nevis (ast)
citian (lfn)
Christophien (fr)
Nevisian (en)
Kittitian (en)
nevisian (lfn)
nevisiano (it)
nevisiani (it)
nevisiana (it)
nevisiane (it)
كيتيات (ary) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Parte de
 Lema
 Himno
Características
 Cultura
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Economía
 Demografía
 Moeda
 Caracterizado por
Implicados
 Xefe de estado
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Banco central
Datas
 Fundación / creación
27 de febreiro de 1967 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 País
 Xeografía
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
51.197 (1960)
51.195 (1961)
50.966 (1962)
50.533 (1963)
49.934 (1964)
49.211 (1965)
48.355 (1966)
47.383 (1967)
46.399 (1968)
45.534 (1969)
44.882 (1970)
44.490 (1971)
44.328 (1972)
44.314 (1973)
44.327 (1974)
44.278 (1975)
44.142 (1976)
43.946 (1977)
43.704 (1978)
43.450 (1979)
43.205 (1980)
42.978 (1981)
42.761 (1982)
42.539 (1983)
42.294 (1984)
42.017 (1985)
41.697 (1986)
41.353 (1987)
41.045 (1988)
40.854 (1989)
40.833 (1990)
41.009 (1991)
41.360 (1992)
41.836 (1993)
42.363 (1994)
42.888 (1995)
43.391 (1996)
43.885 (1997)
44.391 (1998)
44.938 (1999)
45.544 (2000)
46.214 (2001)
46.934 (2002)
47.679 (2003)
48.421 (2004)
49.139 (2005)
49.823 (2006)
50.478 (2007)
51.110 (2008)
51.731 (2009)
52.352 (2010)
52.971 (2011)
53.584 (2012)
54.191 (2013)
55.345 (2017) estimación
46.922 (2025) estimación Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
24.562 (2019)
24.570 (2020)
24.591 (2021)
24.646 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
23.149 (2019)
23.072 (2020)
23.015 (2021)
23.011 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación rural
33.017 (2019)
32.948 (2020)
32.893 (2021)
32.888 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
14.695 (2019)
14.694 (2020)
14.713 (2021)
14.769 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
0,777 (2021)
0,746 (2005)
0,75 (2006)
0,753 (2007)
0,757 (2008)
0,758 (2009)
0,759 (2010)
0,764 (2011)
0,766 (2012)
0,77 (2013)
0,772 (2014)
0,772 (2015)
0,779 (2016)
0,778 (2017)
0,779 (2018)
0,783 (2019)
0,779 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Taxa nataliade
11,823 (2022)
12,693 (2019)
12,418 (2020)
12,125 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Taxa mortandade
10,078 (2022)
9,91 (2019)
10,036 (2020)
10,181 (2021) Editar o valor en Wikidata
 PIB nominal
860.844.444 $ (2021)
961.563.259 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa imposto sobre valor engadido
   17 % Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   269,358763 km² Editar o valor en Wikidata
 Voltaxe doméstica
   230 V Editar o valor en Wikidata
 Esperanza de vida
72 a (2022)
72 a (2021)
72 a (2020)
72 a (2019)
71,33659 a (2002) Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   1.156 m monte Liamuiga Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
   0 m mar Caribe Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap536899 Editar o valor en Wikidata
VIAF141898513 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlassaint-kitts-and-nevis Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06ryl Editar o valor en Wikidata
MeSHD019437 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Prefixo telefónico
+1869 Editar o valor en Wikidata
 Teléfono de emerxencia
 Dominio
.kn
Enciclopedia Galega Universal: 181635 BNE: XX461792
Wikidata G:Commons C:Commons

Saint Kitts e Nevis (Escoitari/-ˈkɪts ... ˈniːvɪs/)[1] (en inglés: Saint Kitts and Nevis e oficialmente Saint Christopher and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.[2] O país é un reino da Commonwealth, con Carlos III do Reino Unido como rei e xefe do Estado.[3][4]

A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts.[5] A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.[6]

A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar.[7] Ao norte-noroeste atópanse as illas de Santo Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antiga e Barbuda) e a illa de Montserrat.

Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]

Saint Kittts, ou San Cristovo, denominábana os nativos orixinarios Liamuiga mentres Nevis recibía orixinarimamente o nome de Oualie, "terra das augas belas". Cristovo Colón avistou Nevis o 1493.

As illas tornáronse colonias do Reino Unido no 1624. Nevis foi colonizada no 1628 con colonos orixinarios de Saint Kitts. A pesar de separadas por apenas 3 km de auga, as dúas illas foron colonias separadas ata o final do século XIX, cando foron unidas entre si e a Anguila.

San Cristovo, Nevis e Anguila, tornáronse un Estado en conxunto, con autonomía interna completa en 1967. Anguilla rebelouse e foi permitida súa separación en 1971. San Cristovo e Nevis conseguiron a súa independencia en 1983. En agosto do 1998, celebrouse un referendo de autodeterminación en Nevis, os votos favorables á secesión non chegaron aos dous terzos requiridos pola constitución. En setembro do mesmo ano, o furacán Georges causou aproximadamente 445 millóns de dólares en danos, e limitou o crecemento do PIB para aquel ano.

Política

[editar | editar a fonte]

Como a maior parte dos países que integran a Mancomunidade Británica de Nacións, o xefe de Estado das illas segue sendo o monarca británico, o cal elixe un Gobernador Xeral residente para que lle represente nos asuntos locais. Desde o 1 de xaneiro de 1996 o Gobernador Xeral das illas é Cuthbert Montraville Sebastian. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro Denzil Douglas, que é tamén líder do partido que ten a maioría no parlamento.

O Parlamento unicameral (National Assembly, Asemblea Nacional) ten 14 membros, sendo 11 elixidos directamente pola poboación (3 da illa de Nevis) e 3 senadores, que son indicados polo Gobernador Xeral.

O país forma parte do Caricom e da Organización dos Países do Caribe-Leste (OECS).

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

Hai 14 subdivisións ou parroquias nas dúas illas:

San Cristovo (Saint Kitts)

Christ Church Nichola Town - Saint Anne Sandy Point - Saint George Baseterre - Saint John Capisterre - Saint Mary Cayon - Saint Paul Capisterre - Saint Peter Baseterre - Saint Thomas Middle Island - Trinity Palmetto Point.

Nevis

Saint George Gingerland - Saint James Windward - Saint John Figtree - Saint Paul Charlestown - Saint Thomas Lowland -

Parroquias Capital Poboación Superficie
(km2)
Poboación
densidade
por km2
Illa
Christ Church Nichola Town Nichola Town 1,922 18 107 Saint Kitts
Saint Anne Sandy Point Sandy Point Town 2,626 13 202 Saint Kitts
Saint George Basseterre Basseterre 12,635 29 436 Saint Kitts
Saint John Capisterre Dieppe Bay Town 2,962 25 118 Saint Kitts
Saint Mary Cayon Cayon 3,435 15 229 Saint Kitts
Saint Paul Capisterre Saint Paul Capisterre 2,432 14 174 Saint Kitts
Saint Peter Basseterre Monkey Hill 4,670 21 222 Saint Kitts
Saint Thomas Middle Island Middle Island 2,535 25 101.4 Saint Kitts
Trinity Palmetto Point Trinity 1,701 16 106 Saint Kitts
Saint George Gingerland Market Shop 2,496 18 139 Nevis
Saint James Windward Newcastle 2,038 32 64 Nevis
Saint John Figtree Figtree 3,827 22 174 Nevis
Saint Paul Charlestown Charlestown 1,847 4 462 Nevis
Saint Thomas Lowland Cotton Ground 2,069 18 115 Nevis


Xeografía

[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Saint Kitts e Nevis

Mapa do país.
Nevis vista desde Saint Kitts

O país está formado por dúas illas antillanas principais, Saint Kitts e Nevis, separadas por unha distancia de 3 km. polo estreito de The Narrows.[8] Ambas son de orixe volcánica, con grandes picos centrais cubertos de selva tropical.[9] A maioría da poboación vive ao longo das zonas costeiras máis planas.[9] St Kitts contén varias cadeas montañosas (a North West Range, Central Range e South-West Range) no seu centro, onde está o pico máis alto do país, o Monte Liamuiga con 1156 m..[8] Ao longo da costa leste pódense atopar os outeiros Canadá e Conaree. A terra estreitase considerablemente no sueste, formando unha península moito máis plana que contén a maior masa de auga, a Great Salt Pond. Ao sueste, en The Narrows, atópase a pequena illa de Booby Island. Son numerosos os ríos que descenden das montañas de ambas illas, que proporcionan auga doce á poboación local. Nevis, a máis pequena das dúas illas principais e de forma aproximadamente circular, está dominada polo Nevis Peak 985 m.[9]

O clima das illas é tropical húmido cunha media de 26,7 graos durante todo o ano.

É o país máis pequeno de América.

Economía

[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Saint Kitts e Nevis

O turismo e as finanzas internacionais son a fonte principal de ingresos para a súa poboación.

San Cristovo e Nevis é membro da Comunidade do Caribe (Caricom). A Suprema Corte do Caribe Oriental encárgase dos seus asuntos xudiciais e a súa moeda é o dólar do Caribe Oriental.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno39.00042.00045.00048.00051.00054.00057.00019601970198019902000201020202030Saint Kitts e NevisEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

A poboación das illas está composta na súa maioría por negros descendentes dos escravos traídos da África Occidental.

A maioría da poboación é cristiá, principalmente anglicanos, aínda que tamén existen outras confesións protestantes e a igrexa católica.

O inglés é o principal idioma, aínda que tamén se fala o patois.

  1. ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
  2. ↑ "CIA World Factbook- St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
  3. ↑ "CIA World Factbook-St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
  4. ↑ "Enclopedia Britannica - St Kitts e Nevis". Consultado o 10 de xullo de 2019.
  5. ↑ "CIA World Factbook- St Kitts and Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
  6. ↑ "CIA World Factbook- St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
  7. ↑ "CIA World Factbook-St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
  8. 1 2 "Enclopedia Britannica – St Kitts and Nevis". Consultado o 10 de xullo de 2019.
  9. 1 2 3 "CIA World Factbook- St Kitts and Nevis". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2020. Consultado o 10 de xullo de 2019.