Xogos Olímpicos de Inverno de 1940

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogos da XII Olimpíada
Olympic rings with white rims.svg
Garmisch-Partenkirchen, Sapporo, 1940
Estados Participantes
Atletas
Eventos
Cerimonia de apertura
Cerimonia de clausura
Apertura oficial Edición suspendida
Local

Os V Xogos Olímpicos de Inverno debían celebrarse no ano 1940, na cidade de Garmisch-Partenkirchen, Alemaña.

O Comité Olímpico Internacional (COI) elixiu, nun primeiro momento, a cidade de Sapporo, no Xapón, como sede destes Xogos. Porén, por mor da Segunda Guerra chinesa-xaponesa suspendéronse as organizacións das Olimpíadas de verán Toquio 1940 e de Sapporo.

O COI elixiu Sankt-Moritz como substituta. Xurdiron diferenzas entre o Comité Olímpico Suízo e o COI, que levaron á renuncia da cidade á organización dos Xogos. Garmisch-Partenkirchen, sede dos últimos Xogos Invernais, foi elixida para substituíla, pero o estoupido da segunda guerra mundial impediu a realización dos Xogos.

Sapporo organizou os Xogos de 1972, mentres que Sankt-Moritz os Xogos de 1948.