Níxer
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Nijar (ha) | |||||
Himno | La Nigérienne (12 de xullo de 1961) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Fraternité, Travail, Progrès» «Fraternity, Work, Progress» «Братство, труд, прогрес» «Brawdoliaeth, Gwaith, Datblygiad» | ||||
Epónimo | Río Níxer | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Niamey | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.477.348 (2017) (16,95 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.267.000 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Idoukal-n-Taghès (pt) (2.022 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Níxer (200 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1960 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Presidente | Hassoumi Massaoudou (pt) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Niger (en) | ||||
• Primeiro ministro | Ali Lamine Zeine (pt) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional do Níger (pt) , (Escano: 171) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 14.915.002.098 $ (2021) | ||||
Moeda | franco CFA de África Occidental | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ne | ||||
Prefixo telefónico | +227 | ||||
Teléfono de emerxencia | 17 e 18 | ||||
Código de país | NE | ||||
Páxina web | presidence.ne | ||||
Níxer[1][2] é un país de África do Oeste, situado ao sur de Alxeria e Libia, ao norte de Benín e Nixeria, ao leste de Burkina Faso e Malí, e ao oeste do Chad. A capital é Niamey.
Entre os recursos naturais do Níxer, pódese citar o ouro, o ferro, o carbón, o uranio e mailo petróleo.
Certos animais, coma os elefantes, os leóns e mailas xirafas están en perigo de desaparición en razón da destrución das fragas.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Níxer.
O territorio nixerino estivo habitado dende hai máis de 60.000 anos, como así o testemuñan a evidencia arqueolóxica encontrada. Este descubrimento entronca coa evidencia botánica, climática e xeolóxica, que indica que neses tempos o proceso de desertificación de toda a rexión norte aínda non se producira ou era apenas incipiente.
Entre os séculos X e XIX, existiu un poderoso reino denominado Hausa, que se alimentou do control das rotas das caravanas que cruzaban o Sáhara e dominaba a rexión máis fértil do sur. O apoxeo desta cultura produciuse arredor de 1400, para comezar a decaer coa conquista europea de Níxer no século XVIII.
A colonización francesa concretouse totalmente no século XIX, cando o actual territorio de Níxer pasou a formar parte da África Occidental Francesa, situación que persistiu até 1958.
Independencia
[editar | editar a fonte]O país obtivo a súa independencia en 1960. O primeiro presidente foi Hamani Diori, que logrou a súa reelección nas eleccións de 1965 e 1970, cun goberno tranquilo e moderado. Mais as fortes secas que se sucederon a partir de 1968 comezaron a xerar un estado de inquietude social e de inestabilidade gobernativa, que conduciron a un primeiro golpe de estado militar en 1974 dirixido polo coronel Seyni Kountché, que derrocou a Diori. Kountché sufriu á súa vez varios intentos golpistas que conseguiron ser abortados. En 1983 elaborou un Consello Lexislativo de Ministros formado por civís e presidido por Oumarou Maname.
Kountché faleceu catro anos máis tarde, sendo substituído polo seu camarada Ali Seibou, que acrecentou a súa base de poder na década dos 80. A principal preocupación do seu goberno foi desenvolver e diversificar a feble base económica e produtiva do país, intentando desprenderse da dependencia con respecto á extracción de mineral de uranio, por aquela, única fonte de ingresos económicos de exportación. A estes efectos, Seibou constituíu o Movemento Nacional para o Desenvolvemento Social (MNSD), que se quedaría como o único partido político legal.
Mentres se estendía a pobreza entre amplas capas da sociedade e as secas ameazaban xerar fame negra, o MNSD comezou a solicitar préstamos ao Fondo Monetario Internacional e ao Banco Mundial, que lle impuxeron cambios estruturais macroeconómicos, como a conxelación dos salarios dos empregados públicos durante dous anos, o que provocou maior pobreza.
Anos 1990
[editar | editar a fonte]En 1990 a firmeza de Seibou foi superada pola presión popular, manifestacións estudantís e obreiras, que se viu obrigado a adoptar medidas amplamente aperturistas. Así, o goberno convocou unha Conferencia Nacional que preparara o camiño a unha saída democrática, encargando ao político Amadou Cheiffou a preparación dun goberno de transición.
En 1993 promulgouse a Constitución e celebráronse as primeiras eleccións libres, nas que resultou vitoriosa a Alianza de Forza para o Cambio (AFC) —unha coalición de seis partidos de oposición— que obtivo 50 das 83 bancas lexislativas en disputa. O MNSD perdeu a presidencia, que pasou a mans de Mahamane Ousmane, candidato dun dos partidos integrantes da AFC.
Este novo goberno intentou mellorar a situación económica mais pronto se viu acurralado por un alzamento dos tuaregs, habitantes da zona norte do país. O motivo da violencia foi que as repetidas secas acabaran co gado deste pobo nómade, que foi obrigado a converterse en sedentario, e reclamáballe ao goberno unha solución ao problema. A autoridade central prometeu entregar terras aos tuareg, mais non encontrou unha solución fácil as súas demandas, o que xerou un conato de guerra civil que durou até ben entrado o ano seguinte.
Á súa vez, as manifestacións estudantís continuaban e o goberno seguía reprimíndoas, feitos que conduciron á ruptura da coalición nese mesmo ano de 1994 e á renuncia do Primeiro Ministro. En 1995 formouse unha nova coalición que alcanzou a maioría no Congreso, que esixiu a renuncia de todo o Poder Executivo e a formación dun novo goberno, que ficou en mans de Hama Amadou.
A nova situación pouco durou. En xaneiro de 1996 o coronel Ibrahim Baré Mainassara realizou un novo golpe de estado e suspendeu a vixencia da constitución. Mainassara prometeu devolver o goberno ao poder civil e cumpriu en 1999, cunhas eleccións municipais que lle deron o triunfo á oposición. Esa circunstancia provocou descontento en amplos sectores militares, cuxa reacción foi facer asasinar a Mainassara a mans da súa propia garda.
En decembro de 1999 dese mesmo ano o poder pasou novamente a mans de civís, posto como presidente a Mamadou Tandja e a Hama Amadou como primeiro Ministro —este último nomeado en xaneiro de 2000—.
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política de Níxer.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O Níxer está dividido en 7 rexións que teñen coma nome o da súa capital: Agadez, Difa, Doso, Maradi, Tahoua, Tillaberi, Zindar, ademais dunha oitava rexión, Niamay, que agrupa cinco concellos.
As rexións están divididas en 35 departamentos.
A capital, Niamey, é un concello urbano separado.
# | Rexión | Capital | Superficie (km²) | Poboación (2004) | Mapa |
---|---|---|---|---|---|
1. | Agadez | Agadez | 634.209 | 344.916 | |
2. | Diffa | Diffa | 140.216 | 362.216 | |
3. | Dosso | Dosso | 31.002 | 1.625.174 | |
4. | Maradi | Maradi | 38.581 | 2.419.513 | |
5. | Niamey* | Niamey | 670 | 741.610 | |
6. | Tahoua | Tahoua | 106.677 | 2.096.547 | |
7. | Tillabéri | Tillabéri | 89.623 | 2.041.876 | |
8. | Zinder | Zinder | 145.430 | 2.224.880 |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Artigo detallado : Xeografia de Níxer
O Níxer atópase no interior da África Occidental, localizada ao sur de Alxeria e Libia e ao norte de Nixeria. A súa área é de 1 267 000 quilómetros cadrados (algo máis do duplo ca a Península Ibérica), dos cales 1 266 700 km² son terra e 300 km² auga. Níxer é o 63° país máis poboado e o 22° máis grande do mundo.
O Níxer fai fronteira con sete países e ten un total de 5 697 km de fronteiras. A fronteira máis longa é co Chad, polo leste, con 1175 km. A esta séguelle a fronteira con Nixeria, polo sur (1497 km), con Alxeria, a norte-noroeste (956 km) e con Malí, con 821 km. Níxer tamén posúe fronteiras máis miúdas a suroeste (Burkina Faso con 628 km e Benín con 266 km) e a norte-nordeste (Libia con 354 km).
O país ten dous terzos do seu territorio no deserto do Sáhara, que son practicamente inhabitables e constitúen todo o norte do país. O resto esténdese polas marxes do río Níxer, con grandes sabanas onde é posible a cría de gado e practicar agricultura. É nesta zona onde se atopa a capital, como ademais os principais centros poboados, (Zinder, Maradi e Tillabéri).
A zona desértica alcanza o seu máximo rigor no Teneré. Alí áchanse macizos montañosos como o do Aïr, que acada o seu cumio máximo no monte Bagzane, de 2022 m. As cidades máis importantes desta zona son Tahoua e Agadez.
Sinalar que no extremo suroriental atópase unha parte do lago Chad, que Níxer comparte con Chad, con Nixeria e con Camerún, e onde habitan os beri beri. Este lago e o río Níxer subministran a maior parte de auga potable do país.
O punto máis baixo é o río Níxer, a unha altitude de 200 m. Os punto máis elevado son o dito monte Bagzane e monte Greboun, con 1 944 m.
O clima nixerino é moi caloroso, onde a temperatura media supera os 30 °C. Trátase dun clima subtropical, que é xeralmente quente e seco, existindo no extremo sur unha zona de clima tropical.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Níxer.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Níxer é membro da Unión económica e monetaria de África do oeste
Demografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Demografía de Níxer.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura de Níxer.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nixerino.
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |